Algueirada participará en la Muestra Folklórica de Lugones (Asturias)

En la tarde del sábado, 28 de agosto”, se celebrará en Lugones (Asturias) la XXVII Muestra Folclórica Internacional Lugones 2010, con la participación de los siguientes grupos:

*- Agrupación Folklorica “El Cuelebre” de Lugones – Principado de Asturias.

*-Mariachi Hispanoamerica.

*- Grupo de Danzas y Gaitas “COLUMBRIANOS” de El Bierzo – León

*- Oinkari Dantza Taldea de Villabona – Guipuzkoa

*- Grupo Tradicional de Musica y Danza “ALGUEIRADA” de Pontecesures – Pontevedra.

*- Grupo de Baile y Gaitas “TEIXO” Manolo Quiros – de Barcena – Quiros – Principado de Asturias.

*- y la Agrupacion folklorica “LA SIDRINA” de Lugones – Principado de Asturias.

El grupo folclórico cesureño esta ultimando la preparación para ofrecer en esta importante cita actuaciones de gaita, pandereta y danza tradicional gallega.

Pontecesures recibe unha suvención de case 5.000 euros para sufragar gastos de persoal da OMIX.

A Dirección Xeral de Xuventude, ven de conceder ao Concello de Pontecesures unha subvención de 4.959,71 euros para sufragar en 2010 parte do custo do persoal da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontecesures que está situada no primeiro andar do edificio da Casa do Concello.
A través de dita oficina ofértanse diversas actividades para xoves e facilítase todo tipo de información aos mesmos sobre iniciativas, axudas oficiais, etc…

Historial deportivo do Club TX Race de Pontecesures.

Na imaxe o cesureño Angel Conde Mosteiro nunha proba en 2010.

CIF: G36514263 – Rexístro C-08653 (Secretaria Xeral para o Deporte)
Redondo, 74
36640 Pontecesures (Pontevedra)
Tel.: 986 55 70 94 ?? www.txrace.com

Ano 2006
? Manuel Gómez Perez: Sub-Campeón galego de enduro Senior-
? David Cortizo Bouzas: Campeón galego de enduro Junior
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Junior
Ano 2007
? Xosé A. Magariños Iglesias: Terceiro clasificado no Campeonato Galego de enduro Veteranos
? Francisco Fernández Guillán: Campeón galego de enduro Promoción
Ano 2008
? Francisco Fernández Guillán: Sub-Campeón galego de enduro Junior
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Junior
Ano 2009
? Xosé A. Magariños Iglesias: Campeón galego de enduro Veteranos
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Veteranos
Ano 2010 (Resultados provisionais)
? Francisco Fernández Guillán: 1º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Junior
? Juán Alberto Couselo Blanco: 1º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Promoción
? Juán Carlos Moreiras González: 2º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Promoción

Finou Barral.

Aos 77 anos de idade morreu hoxe, Manuel Barral Troáns, que estaba casado con Rosario Piñeiro Blanco. Foi Barral concelleiro de Pontecesures varios anos e membro do Patronato da Biblioteca Municipal ata que se integrou esta na rede da Xunta de Galicia.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Dende alí sairá mañá xoves, 26 de agosto, a comitiva fúnebre, ás 18:30 horas, para a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde terá lugar a misa funeral. Os restos mortais recibirán sepultura logo no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.

Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con posibel retribución.

Este curso do programa “Aquelando” está dirixido a persoas desempregadas que queiran formarse como coidadores/as de persoas dependentes.

-Trátase dun curso gratuito a celebrar en Pontecesures.
-Comezará a mediados de outubro.
-O horario será de mañá, con cinco horas diarias.
-Posibilidade dunha bolsa de asistencia de ata 10 euros/día.

Máis información na Oficina do Técnico de Emprego de Pontecesures (horario: de luns a venres, de 8 a 14 horas; teléfono 986/564403).