Na sesión plenaria que tivo lugar onte acordouse, por unanimidade, fixar os dous festivos locais para 2010. Serán o xoves 7 de xaneiro (San Xulián) e o luns 5 de xullo (luns do Carme).
Sabariz dice que Angueira se defiende acusando a los demás en el caso del gasóleo.
Tras las declaraciones hechas por el ex alcalde de Pontecesures en relación con las acusaciones por el elevado gasto de gasóleo cuando él era regidor, uno de los concejales no adscritos que forma parte del grupo que presentó la denuncia ante los juzgados, Sabariz Rolán, responde diciendo que «o ex alcalde, coa súa habitual covardía, deféndese tratando de salpicar aos demais no caso de imposible consumo do gasoil do Patrol de Obras».
Sabariz niega, «como quere transmitir Álvarez Angueira» que la denuncia tenga su origen en una revancha suya cuando dejó de formar parte del equipo de gobierno. «Pois non, o membro que se decatou dos consumos foi o antigo concelleiro do PP, Ángel M. Souto Cordo, repasando as resolucións da alcaldía que ían aprobando as facturas». Insiste Sabariz en que esa no era responsabilidad suya cuando gobernó con el alcalde nacionalista. «Nin se me pasou pola cabeza dubidar das súas decisións ou da documentación destes gastos».
Explicaciones
Sabariz recuerda que Anguiera dijo primero en los plenos que el Patrol era utilizado a menudo por el Club Náutico, pero como el quilometraje echó por tierra esa primera versión, luego dijo que el combustible se recogía en garrafas en la gasolinera. A entender del edil no adscrito, lo que tiene que hacer el ex alcalde es aclarar en qué se gastó el combustible.
LA VOZ DE GALICIA, 28/09/09
Doazóns de sangue en Pontecesures.
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o mércores 30 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas no lateral da PRAZA DE ABASTOS.
Faise un chamamento á veciñanza para que acuda o doar sangue ese día. E unha colaboración importante para todos.
Aerobic para mayores de 18 anos en Pontecesures.
Comeza o 5 de outubro no ximnasio do CPI de Pontecesures, cun máximo de 30 prazas (por orde de inscrición). As clases serán os luns e os mércores de 20:30 a 21:30 horas. Información e inscricións nas oficinas xerais do concello de 9:00 a 13:30 horas.
Bacalaos España de Pontecesures, segundo en el VIII Torneo Galicia de Empresas de golf.

En el Club de Golf Val de Rois se celebró el VIII Torneo Galicia Empresas en el que se impuso la pareja formada por Javier Castillo y Sara Fernández, de Tarrío&Suárez, seguida de José Pérez España y José Ramón Bustelo, de Bacalaos España, y Suso Suárez y Evaristo García, de EL CORREO GALLEGO.
Vida Social Gallega. EL CORREO GALLEGO, 27/09/09
Contestación de Luis Sabariz sobre as afirmacións de Álvarez Angueira no caso do gasoil
Ante as declaracións do ex alcalde de Pontecesures, Álvarez Angueira, que aparecen hoxe en “La Voz de Galicia” quero contestar o seguinte:
1.O ex alcalde coa súa habitual covardía, deféndese tratando de salpicar aos demáis no caso do imposible consumo do gasoil do Patrol de obras. Coñece perfectamente o antigo mandatario que non era a miña función comprobar facturas de gastos correntes do concello (gasoil, arranxos dos vehículos municipais nos talleres, subministros de materiais de limpeza, enerxía eléctrica, materiais para as obras, etc…) cando formaba parte do seu goberno. Nin se me pasou pola cabeza dubidar das súas decisións ou da documentación destes gastos.
2.Quere tensmitir Álvarez Angueira que a investigación do gasoil é unha revancha miña cando desei de formar parte do seu goberno en 2006. Pois non, o membro que se decatou dos consumos foi o antigo concelleiro do PP, Ángel M. Souto Cordo, repasando as resolucións da alcaldía que ían aprobando as facturas.
3.O ex alcalde primeiro dixo nos plenos que o Patrol era utilizado a miúdo polo Club Náutico e agora, como a quilometraxe tira por terra a súa premeira versión (o vehículo nin era utilizado polos deportistas nin tampouco coas obras, pois o contaquilómetros demostrou que apenas percorría distanzas), nos di que moito gasoil se levaba en garrafas.
4.O que ten que explicar o ex alcalde, por exemplo, é.
-¿Como é posibel que entre o 04/05/04 e o 29/06/04 se retiraran no Patrol 569,23 litros de gasoil en garrafas para un Dumper que non funcionaba e para un tractor agrícola dun empregado que o facía moi esporádicamente?. Ou que se retiraran en garrafas entre o 05/02/06 e o 09/03/06, 354,71 litros. Estas cantidades están computadas ao quedar claro o consumo real do Patrol logo das denuncias, e tendo en conta o contaquilómetros, claro.
-¿Cales son as razóns para que despois da denuncia a imputación ao Patrol baixara de 8 o 9 repostaxes no mes a 1 ou 2, e os servizos de obras funcionaran sen problema, pese a non se recoller as famosas garrafas na gasolinera?.
-¿Por que se imputan ao Patrol na maña do sabado 7 de xaneiro de 2006 (día non laborable para os traballadores do concello), nada menos que 115,35 litros de gasoil en dúas repostaxes (a primeira de 52,23 litros ás 10:03 horas, e a segunda de 63,12 litros, ás 14:16 horas).
5.Ata o momento as explicación dadas son completamente disparatadas. Fala Álvarez Angueira de que había un sistema de retirada de garrafas de gasoil que coñecíamos outras persoas. O sexa que cando se retiraba gasolina os tickets sí poñian “garrafas” e cando era gasoil se poñía a matrícula do Patrol. Incribel. Os que terán que explicar dito sistema son Álvarez Angueira e o encargado de obras, Xurxo Gerpe Jamardo. Que se deixen de desviar as responsabilidades. Os veciños queremos saber o destino de semellantes cantidades de gasoil e as sombras continuan en todo este asunto.
Pontecesures, 27/09/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro non adscrito de Pontecesures