Radio Valga organizou o concurso “Aldea máis intelixente” no que os oíntes acertaron preguntas de cultura xeral.

O Lestido recolle o premio da man de Gándara, que cede o título, e o director, Héctor Bermúdez.

Radio Valga, e máis concretamente o veterano programa ??Moito máis que música?, celebrou unha nova edición do concurso cultural ??A Aldea máis intelixente?, e desta volta, o gañador foi o lugar do Lestido, do concello de Padrón.
Durante toda unha semana veciños de varios lugares da zona estiveron participando activamente no concurso que, un ano máis, mantivo atentos á emisora non só aos participantes senón tamén aos oíntes que gozaban escoitando as respostas acertadas, pero tamén as meteduras de pata, que daban os ousados participantes.

O lugar de Gándara, na parroquia valguesa de Cordeiro, foi o gañador da edición do pasado ano, pero desta volta non puido ser, e a aldea non tivo a sorte que a acompañara noutras edicións, posto que coa victoria de 2007 xa era a segunda vez que se facían co tan prezado título.

Cambio de gañador > Na edición deste ano, o concurso estivo bastante apretado, sobre todo os dous últimos días, xa que a mediados do mes de outubro, data na que tivo lugar o concurso, O Lestido, de Padrón, e O Sixto, de Valga, loitaban polo primeiro posto.

Finalmente, foi a localidade da capital do Sar a que saiu victoriosa desta batalla telefónica aínda que dun xeito bastante axustado, xa que tan só catro puntos foron os que lle deron o galardón final.

Preguntas de cultura xeral pero tamén relacionadas coa historia da emisora, realizadas polo director e presentador do programa, Héctor Bermúdez, eran as que os concursantes tiveron que atinar.

Moitos foron os que o intentaron, sobre todo os últimos días, pero finalmente, O Lestido, O Sixto e Barcia foron os gañadores dun concurso que sempre ten lugar a mediados do mes de outubro, un mes antes da festa anual.

DIARIO DE AROUSA, 25/11/08

Curso de informática para mulleres en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures informa de que está aberto o prazo para realizar as pre-inscricións no Curso de Informática para Mulleres.
O curso que, ten unha duración de 30 horas, estará centrado no tratamento de textos e internet e será os martes e xoves de 10 a 13 horas da mañá. Ata o 1 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
Teñen preferencia para realizar o curso, as mulleres maiores de 35 anos.

Normativa canina.

Distribuise nestes días, por parte do Concello de Pontecesures, polas rúas cesureñas o seguinte anuncio:

En virtude do disposto na Lei 50 50/1999, de 23 de decembro e o R.D 287/2002, de 22 de marzo, son de obrigado cumprimento por parte dos propietarios dos cans, as obrigas que a continuación se sinalan:

-Identificación e rexistro do animal.
-Cumprir en materia de seguridade cidadá e hixiénico sanitaria.
-Non abandono nin paseo dos cans soltos, sen bouza, ou sen correa nos lugares públicos.
-Cumprimento da licenza don caso dos cans potencialmente perigosos.

Senón se observan as obrigas poden imporse sancións que van dende 120 a 12.000 ?

VAI COMENZAR UNHA NOVA EDICION DA LIGA DE FUTBOL SA DO CONCELLO DE PONTECESURES

Proximamente vai comenzar unha nova edición da liga de futbol sa que organizan conxuntamente o Pontecesures C. F. e o Concello de Pontecesures. Hai xa inscritos 9 equipos, e o prazo para a inscribirse remata este vindeiro xoves día 27 de novembro.

A liga local dispútase os luns e xoves pola noite, en horario de 21 h.; 21.45 e 22.30 h. Xogan todos os equipos entre si a dobre volta, polo que todos os equpos teñen garantido o mesmo número de partidos.

Calquera interesado en obter mais información deberá chamar antes desa data ó mobil 629 824 009

Restablecido el abastecimiento de agua en Padrón, Boqueixón y Pontecesures.

La Consellería de Medio Ambiente informó hoy de que quedó restablecido el abastecimiento de agua en los municipios de Padrón, Boqueixón y Pontecesures, tras ser interrumpido de forma preventiva el viernes como consecuencia del vertido de 5.000 litros de aditivos de hormigón procedente de los depósitos situados en las obras del AVE al Río Toxa, en Silleda (Pontevedra).

En Merza, municipio más cercano al lugar donde se produjo el vaciado del fluido, la captación de agua continúa cerrada. El equipo de Conservación da Natureza e Aguas de Galicia, dependiente del área de Medio Ambiente, determinó que no se produjo mortandad piscícola en el río y aseguró que el vertido “está controlado”.

Según indicó la consellería, el operativo continuará tomando muestras de agua y realizando labores de limpieza en el cauce del Toxa durante todo el día de hoy. Desde que se conoció el incidente, los 20 técnicos trabajaron en la colocaron balsas de contención para contener el avance del fluido.

El aditivo de hormigón procedía de tres depósitos que se empleaban para las obras del AVE, situadas a 400 metros del río. Hasta el momento se desconocen las causas que provocaron el derrame, pero todo apunta a que fue intencionado.

La empresa Canteras Industriales del Bierzo S.A. denunció ayer el “sabotaje” ante la Guardia Civil de Lalín y está convencida de que “fue provocado”. Así, señaló que ya están tomando medidas junto con la empresa Ute do Carbo, encargada de las obras del AVE, para evitar incidentes similares en un futuro.

EL CORREO GALLEGO, 23/11/08