El arzobispo, de visita pastoral a la parroquia de Campaña.

El arzobispo de Santiago, Julián Barrio, inició ayer en Campaña una visita pastoral al Arciprestazgo de Iria Flavia, que se prolongará hasta mediados de diciembre. Durante su estancia en Valga participó en una reunión de niños de la catequesis y visitó a varios enfermos, además de acercarse a la guardería de Baño para comprobar cómo se desarrolla la educación de los alumnos, Julián Bario regresará a la comarca el 14 de diciembre, cuando asistirá a las confirmaciones en San Xulián de Pontecesures, y el 16 concluirá su visita en la parroquia de Cordeiro.

DIARIO DE AROUSA, 13/11/08

O venres día 14 de novembro, pleno extraordinario.

Será ás 21:00 horas, coa seguinte orde do día:

1.Actas anteriores.
2.Adhesión do Concello de Pontecesures á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3.Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para a dotación de novo alumeado público neste concello.
4.Ordenanza reguladora da taxa pola utilización do dominio público local polas empresas subministradoras de servizos de telefonía móbil. Acordo de imposición provisional.

Faise un chamamento ós veciños para que acudan ó pleno onde se van tratar temas importantes para todos.

Manuela Barreiro, Teresa Gil e Ana Portas, candidatas para o Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Rematou hoxe pola mañá o prazo para presentar candidaturas e recibíronse as seguintes:

Manuela Barreiro Castro
Mª Teresa Gil García
Ana Portas Potel.

As votacións terán lugar o día 27 de novembro, de 12:00 a 18:00 horas e vaise elixir unha representante deste colectivo de pais/nais.
Lémbrase que os pais/nais teñén tres representantes no Consello Escolar. Un/ha é designado pola ANPA (así forma parte a presidenta, Yolanda Vieites dos Santos segundo acordo da asociación). ?s outros postos son de elección directa en votación. Permanece no consello, Mª Isabel Rey García, que foi elixida hai dous anos, e renóvase o outro posto que ata agora estaba ocupada por Mª Teresa Gil García, que volta a presentarse.

Comezan as obras para instalar puntos de luz na cesureña Rúa Carlés.

No día de hoxe vai comezar a instalación de varios puntos de luz na rúa Carlés de Pontecesures que se atopa prácticamente sen alumeado público

Esta pequena rúa presenta esta deficiencia e os veciños dos tres edificios afectados xa solicitaron esta mellora en varias ocasións. Incluso o alumeado do parque infantil existente no fondo desta rúa leva varios días avariado, agravándose a situación.

Os traballos rematarán nos vindeiros, esperando que queda arranxada tamén a avaría do alumeado da parque infantil ocasionado por unha canalización soterrada de servizos na zona.

Pontecesures, 11 de novembro de 2008

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro delegado de relacións institucionais.