Gamberrismo nesta pasada noite.

Na mañá de onte apreciáronse algúns danos nas rúas de Pontecesures. Así tres papeleiras (dúas na rúa Sagasta, e outra na Eugenio Escuredo) foron danadas. Tamén apareceu dobrada, case ata o chan, un sinal informativo preto da parte traseira da piscina municipal. Por último, tamén apareceu roto un banco do peirao.

O venres día 4 de xullo ás 19:30 inauguración oficial do Club Náutico.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Rematada a obra de rehabilitación do edificio do Club Náutico e entregada a obra ó Concello de Pontecesures, por parte da Dirección Xeral de Deportes, comunícase que o venres día 4 de xullo ás 19:30 horas, terá lugar o acto oficial de inauguración das novas instalacións.

Están convidados ó acto, representantes da Consellería de Cultura e Deportes, de Portos de Galicia, e da Deputación Provincial de Pontevedra. Tamén os 11 membros da corporación municipal, a xunta directiva do Club Náutico, adestradores e palistas, á empresa que executou a obra, e ós técnicos directores da mesma.

No acto descobrerase unha placa conmemorativa e realizarase un percorrido para coñecer as novas dependencias.

Lémbrase que esta obra adjudicada pola Dirección Xeral de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte, fora incluída no Plan de Instalacións Deportivas Xunta de Galicia-Deputación 2002/2006. Afrontou a maior parte do custo a administración autonómica, cunha achega tamén do concello, en torno á 10 % do investimento.

Fartos de estar a escuras.

p5270123.JPG

Dende o BNG queremos manifestar o malestar de moitos veciños que viven entre o paso nivel e o edificio da Casa Castaño (rúas San Lois, Sagasta e Victor García).? moi penoso que leven meses sufrindo cortes de luz no alumeado público sin que este ??desgoberno? lle poña solucións.

Esta problemática veciñal xa se levou como pregunta de pleno fai uns meses prometendo a alcaldesa, daquela, o arranxo inmediato deste alumeado. Pasan os meses e os veciños seguen con este problema sin que o concello llo resolva. Non se pode nin andar de noite polas beirarrúas xa que non se ve por onde se anda. Os comerciantes están preocupados pois teñen medo a que aproveitando esta situación os ??amigos do alleo? lle entren nos seus negocios. Ademáis nestas rúas ??durmen? moitos vehículos dos veciños os cales tamen temen a que lles dean un golpe ou llos rouben.

O BNG quere manifestar o seu malestar porque despois de levalo a pleno e de que unha das concelleiras, que ademáis vive nesta zona, coma voz de moitos veciños, puxese en coñecemento da alcaldesa esta situación, a Sra. Castro fixese caso omiso e seguimos igual.

Polo cal solicitamos que sin máis esperas se arranxe este problema no alumeado dunha vez por todas. Para o BNG a situación co alumeado que sufren estas rúas pódese extender a todo o concello xa que é coñecido por todos os veciños os enormes retrasos que hai á hora de arranxar unha luminaria. Os veciños de Pontecesures non teñen porque padecer esta desidia do actual goberno municipal xa que teñen dereito a un alumeado público en perfectas condicións.

Nota do BNG de Pontecesures.

Protestas por “reiterados” cortes en el alumbrado.

El BNG de Pontecesures recoge quejas de los vecinos de San Lois, Sagasta y la calle Víctor García porque “es muy penoso que lleven meses sufriendo cortes de energía en el alumbrado público sin que el actual desgobierno tripartito le ponga soluciones”. Es un problema “que se planteó en el pleno hace meses, prometiendo la alcaldesa, que se solucionaría de inmediato, pero no fue así”, lamentan los nacionalistas.

FARO DE VIGO, 21/06/08

Cajide pregunta en el Parlamento por los procesos de concentración parcelaria en la zona.

La diputada cuntiense Carmen Cajide presentó en el Parlamento autonómico una pregunta sobre el estado en el que se encuentran los procesos de concentración parcelaria en el Ulla-Umia. La iniciativa está dirigida a la Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandeiría e Montes, a la que solicita que responda por escrito y aporte datos sobre cada uno de los municipios de la comarca desde 2005 y hasta 2007, para así saber el número de hectáreas que ya fueron concentradas en este territorio.
Cajide quiere conocer el trabajo realizado en los últimos años por la Consellería de Medio Rural en la reagrupación de parcelas ubicadas en Caldas, Cuntis, Moraña, Valga, Portas, Catoira y Pontecesures, ya que considera que las concentraciones parcelarias son ??o único xeito de combater o minifundismo, unha característica secular do rural galego?. Asimismo, alude al ??mantemento de propiedades particulares en bo estado e a mellora da mobilidade dos veciños?, como otros de los beneficios de los procesos de concentración.

La diputada autonómica requiere información sobre las previsiones del gobierno de Galicia para continuar con este ??importante proceso? en el Ulla-Umia, por lo que pregunta qué espacio temporal y presupuestario maneja la Xunta para finalizar todas las parcelarias que están abiertas o proyectadas en las siete localidades que forman parte de la comarca.

DIARIO DE AROUSA, 21/06/08