A pasada noite comezou a obra de pavimentación da estrada nacional.

A empresa Misturas comezou a pasada noite a obra de pavimentación da estrada nacional N-550 partindo da ponte medieval interprovincial. Pavimentouse un carril dende a ponte (rúa José Novo Núñez) ata o cruce da estrada autonómica Pontecesures-Baloira (Avda. de Vigo). A obra, que foi adxudicada pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, comeza en Pontecesures e rematará en Pontevedra, arranxándose todo o firme da estrada nacional. Nos núcleos máis poboados, os traballos vanse realizar de madrugada.

Taller de montaxe de señuelos Santiaguiño do Monte

O vindeiro sábado 12 de Xullo celebraráse o primeiro taller de montaxe de señuelos “Santiaguiño do Monte” na rúa Herreros (en fronte de “As tres portas”).

cartel-nuevo.jpg

No taller intervirán:

* Luis Piñeiro
* Jorge R. Maderal
* Julio Seijas
* Francisco Porto
* Rafa Vázquez
* Eduardo Fontenla
* Xose L. Muiños
* Paco Redondo
* Oscar Gayoso
* José M. Socastro
* Miguel Seoane

Mapa de localización:

Carlos Maside no esquecemento

Aos 50 anos do pasamento dun dos máis grandes pintores galegos, do que hai un museo en Sada por iniciativa de Díaz Pardo, non hai convocado ningún acto nin exposición.

MAR MATO. A CORU?A. Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos máis grandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. Nunha ollada a varias librerías, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: “¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?”.

Carlos Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado republicano de esquerdas. Despois, evitou como puido que o “pasearan” para autoobrigarse a non mostrar a sua obra. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo.

A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, – no Castro, en Sada – ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega. Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo.

Maside gañou unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos.

A pesar da mentira, quedou sen praza. “A postguerra foi complicada e pasouno moi mal”, reflexiona o seu sobriño Xulio Maside que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no restaurante Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo. Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grassi, Ricardo García Suárez (Xoan Ledo), Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez.

Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez Blázquez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. “Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto”, defende Darío Álvarez.

Este último lembra como Maside, “a pesar de ser tranquilo, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres… Todo o mundo quedaba abraiado”.
Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. A poeta María do Carme Kruckenbergrelata como “un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago”.

:: La Opinión de A Coruña ::

Cesureños miembros de la peña “O Andén” de Santiago.

06_148822.jpg

Miembros de la peña O Andén durante la reunión anual. Vemos en la fotografía a Victor García Dominguez (hermano de “Borobó) y a Alfonso Soto, residente muchos años en la rúa Ullán de Pontecesures.

La Peña O Andén, formada por un grupo de amigos compostelanos, celebró su reunión anual en el restaurante Roma, donde hablaron de sus futuros proyectos.

Esta peña se caracteriza por los largos paseos en grupo de sus integrantes por el andén de la Estación de Ferrocarril de Santiago. Además de hacer ejercicio con las caminatas, los peñistas conversan sobre los temas más variados.