AVISO – CAMPAMENTO DE VERÁN MUNICIPAL: REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN AOS SOLICITANTES

Debido á elevada demanda de prazas para o servizo de conciliación de verán e dacordo co recollido nas bases da convocatoria, faise necesario solicitar a todas as persoas que desexen optar a acadar praza para o Campamento de Verán 2021 de Pontecesures a acreditación das circunstancias que xustifiquen a necesidade de conciliar a fin de realizar o proceso de selección e adxudicación de praza e garantir que o obxecto e espírito da iniciativa se cumpren.

A tal fin, todos/as os/as solicitantes, tanto aqueles que xa se teñan inscrito coma os que o soliciten en adiante, deberán achegar á maior brevidade posible e, en calquer caso, antes da data límite para anotarse –25 de xuño-, a documentación que se relaciona a continuación:

– Documentación que acredite a situación laboral (certificado de empresa ou contrato laboral).

– Copia  da declaración do IRPF 2020 de todos os membros da unidade familiar (no caso de usuarios non empadroados en Pontecesures, acompañarase do correspondente certificado de convivencia).

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO MARTES 22 DE XUÑO QUE AFECTARÁ A TODO O POBO.

Na xornada do MARTES 22 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará a todo o pobo de maneira desigual e intermitente con caídas puntuais de presión e corte total.

Este corte afectará:

  • TODO O TERMO MUNICIPAL DE PONTECESURES.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.30 ata ás 20.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

MAÑA VENRES SORTEO DA CAMPAÑA “PONTECESURES PROXIMO”

RECORDATORIO: Mañá venres dia 18 terá lugar as 12 h do mediodia no Salon de Plenos na Casa do Concello o SEGUNDO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”.A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

EXCELENTES RESULTADOS NA CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.

O pasado 15 de Marzo dou inicio unha campaña de trampeo para o control da vespa velutina.

Dividido o termino municipal en 4 zonas colocáronse un total de 70 trampas distribuídas uniformemente e nos lugares axeitados para unha maior eficacia nas capturas das raíñas.

ZONA 1: Condide-Paxareira-Carreiras

ZONA 2: Toxa-Grobas-Fenteira-O Castro-San Xulián

ZONA 3: Centro da vila-Zona peirao

ZONA 4: Sur e Norte de Porto-Redondo

Na primeira recollida das trampas correspondente ao período Marzo-Abril capturáronse 280 raíñas velutinas.

Dita cifra incrementouse na segunda revisión correspondente ao período Maio-Xuño no que xa se levan capturadas 325 raíñas velutinas.

Son unhas excelentes cifras de capturas, xa que superan a día de hoxe os 600 exemplares que, doutro xeito, darían lugar a máis de 600 niños primarios no noso concello.

O número de chamadas ao concello reduciuse considerablemente este ano coa implantación de estes trampeos, aínda así, tan importante coma o trampeo primaveral é a retirada dos posibles niños que xurdan ata o mes de outubro para evitar a fin do ciclo biolóxico da especie.

Para elo lembramos que a comunicación de niños de velutina farase a través do teléfono 012 do servizo de recollida de avisos de niños de vespa velutina ou no teléfono do Concello 986-557125