MAÑÁ MARTES REALIZARASE UNHA ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPI DE PONTECESURES

Unha vez máis, o Concello de Pontecesures, no seu compromiso coa loita e prevención da violencia machista, será promotor da actividade que se levará a cabo ao longo da xornada do 15 de xuño no CPI Pontecesures dentro das medidas encadradas no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Nesta actividade o alumnado participante, logo de realizar un traballo conxunto de formación e investigación, pintará un mural no que se reflectirá e visibilizará a importancia das mulleres dentro da nosa sociedade.

A iniciativa, ademáis de fomentar a creatividade do alumnado,  servirá para concienciar á poboación, especialmente á infancia e xuventude, en materia igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Chega a Padrón o a mostra ‘Museo en Camiño’ a vindeira semana.

O vindeiro 18 de xuño o Auditorio Municipal do Concello de Padrón acollerá a mostra Museo en Camiño, deseñada polo Museo de Pontevedra e o programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. O obxectivo desta exposición itinerante é dar a coñecer os fondos da institución museística e afondar no espírito Xacobeo nos municipios do Camiño Portugués. Así, Padrón é un dos destinos desta mostra, que percorrerá entre os meses de abril, maio e xuño dez localidades; Tui, Ribadelouro, Redondela, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas de Rei, Valga e Pontecesures.

El Correo Gallego

INICIANSE OS TRABALLOS PARA A COLOCACIÓN DOS NOVOS PANTALÁNS NO PEIRAO DE PONTECESURES.

No día de onte deron inicio os traballos de pilotaxe para a colocación dos novos pantaláns no peirao cesureño. Unha pontona colocada na zona fronte ao Espazo cara a Ría está a levar a cabo estes traballos.

Está prevista a colocación de novos módulos no pantalán do Club Náutico que  permitirá unha maior operatividade e fluidez nas actividades que se levan a cabo na instalación municipal,  xa que se trata de embarcacións de 5.20 metros a máis pequena e as características actuais do pantalán solo permiten embarcar dous deportistas ao mesmo tempo, producindo un enorme atasco ao inicio e fin dos adestramentos e práctica de deportes de auga.

Por outra banda, tamén se prevé a colocación dun novo pantalán para dar servizo ao transporte de viaxeiros que será ubicado fronte á Praza de Abastos de Pontecesures.

Recentemente, a EPE de Portos de Galicia autorizou a prestación de servizos regulares ao pasaxe no porto de Pontecesures coa finalidade de atender e dinamizar a demanda turística de navegación recreativa polo río Ulla e, especialmente, o roteiro de peregrinación fluvial do Camiño de Santiago na Variante Espiritual do Camiño Portugués e a recentemente presentada ruta do Mar de Santiago.

Na actualidade, os viaxeiros que chegan a Pontecesures están a facer uso do pantalán de uso pesqueiro existente, o cal non garante condicións de seguridade para os pasaxeiros dende o punto de vista de prevención de riscos aos usuarios, polo que procede separar os usos en diferentes instalacións, mellorando ademáis a imaxe do peirao cesureño ao contar con un pantalán específico para pasaxe de cara ao previsible incremento de embarcacións que teñan en Pontecesures porto de destino e orixe para travesías polo río Ulla e ría de Arousa.

Campaña Pontecesures Próximo

Este pasado venres lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello o primeiro sorteo da campaña Pontecesures Próximo.

A papeleta gañadora de un vale de compra de 250€ nos establecementos asociados á campaña correspondeu ao número 02952 que foi repartido no comercio Mar Fashion.

Tal como ven recollido nas bases o/a agraciado/a disporá de dez días naturais e inaprazables  a partires de mañá para presentar a papeleta gañadora nun estado que non admita dúbidas da súa autencidade.

Recordar a todos os posuidores de papeletas que non resultaron agraciadas que as conserven xa que participarán no sorteo final de campaña de un lote de productos valorado en 500€.

Asimesmo, de xeito excepcional e debido ao interese amosado, abrimos un novo período de adhesión á campaña “Pontecesures Próximo” que se extenderá dende o luns día 7 de xuño ate o día 11 de xuño ás 14:00 horas.

O próximo sorteo do seguinte vale de compra efectuarase o día 18 de Xuño.