Adriana Rivas esta vez non acadou premio, pero tivo unha boa actuación no concurso de Bandeira.

p12p12f3.jpg
Gaiteiros entrando en el certamen.

Pablo Devigo gana el certamen de gaiteiros solistas de Bandeira – Atesora 2.250 euros al llevarse también el premio especial Manuel Dopazo

El gaiteiro de Castro Caldelas, Pablo Devigo, resultó ayer el gran triunfador del certamen de gaiteiros solistas Manuel Dopazo de Bandeira, promovido, por tercera edición, por la asociación Vista Alegre con apoyo del Concello de Silleda y de varias empresas. Devigo ganó el primer premio de 1.500 euros y sumó los 750 que conlleva el premio especial Manuel Dopazo, que también ganó, y que busca semejanzas interpretativas con el histórico gaiteiro.
El segundo premio dotado con 700 euros lo obtuvo Gonzalo A. Abeleiras de Ourense y el tercero fue para Pablo Seoane de Teo que recibe 500 euros. El jurado juzgó la actuación de doce gaiteiros. La organización mostró su satisfacción por la respuesta de público que se situó en unas 200 personas, asentándose el concurso al superar la asistencia de ediciones anteriores.

LA VOZ DE GALICIA, 12/05/08

A gaiteira cesureña Adriana estivo moi ben. O concurso é de un gran nivel con gaiteiros maiores e contrastados, e hai que ter en conta era a máis xove dos 12 participantes. Noraboa.

*Engadido: Fotografías enviadas por Adriana:*

gaiteira_1.jpg
gaiteira_2.jpg
gaiteira_3.jpg

Avaría na centraliña telefónica da Casa do Concello.

Dende a primeira hora da mañá do sábado día 10 permanecen sen teléfono as oficinas da Casa do Concello de Pontecesures, por mor dunha importante avaría na centraliña. Técnicos de Telefónica están arestora tratando de arranxar este problema e van a proceder á substitución de varias pezas.
Espérase que a última hora do día de hoxe quede o servizo restablecido.

BALONCESTO: O EXTRUGASA VENCE ESTA MA?Á EN PONTECESURES NUN PARTIDO MOI COMODO: 82 ?? 34

EXTRUGASA RIO ULLA = 82

Gulli (8), Peñaño (15), Diego (6), Victor (5), Pino (9), Pedro (3), Nacho (6), Santi (17), e Pepi (5).

LICEO CASIO DE PONTEVEDRA = 34

Victoria moi facil ante un equipo que se presentou con 6 xogadores, e perdeu no descanso a un por lesión. Os cesureños plantexaron o partido para rotar a todos os seus xogadores e así foi. A defensa individual superou ós de Pontevedra en toda a 1ª parte. De inicio foi Santi no poste baixo quen resolveu no ataque (10 puntos neste cuarto), con boas asistencias de Pepi. Os 5 minutos o parcial era de 9 ?? 2, e ca sensación de que non se aproveitaba esa boa defensa. E así foi: do minuto 6 ó 10 a defensa roubaba e sacaba bos contrataques, e senón movíase con moito orden o balón contra a zona 2-3 visitante, o que daba opcións de bos tiros de 3 puntos. Gulli con 2 e unha ultima de Santi deixaron o marcador nun 23 ?? 6.

Saiu Peñaño a dirixir ó equipo no 2º cuarto e rapidamente tomou o mando do mesmo: con 3 triplas, balons roubados e asistencias (13 puntos en 5 minutos) foise o partido no minuto 15 ate un 42 ?? 8 o quue fala da enorme diferencia de xogo entre ambos equipos. Ademais nestes minutos finais xa tiñan xogado todos os xogadores dispoñibles. Diego, Cachote e Santi con unha tripla cada un seguiron anotando en pleno recital dos lanzadores, indose o partido ó descanso a un 55 ?? 12.

A 2ª parte pouca historia tivo: Os de Pontevedra eran 5 no campo e o Extrugasa o tomou mais relaxado. Así se perderon mais balóns e non se defendeu tanto, e so Juanjo resolvia no inicio con 6 puntos seguidos: polo que no minuto 25 o marcador estaba en 61 ?? 24, pois os de Pontevedra cargaban mais o xogo en accions de 1contra 1 no poste baixo xa que Cesures tiña 3 pequenos en pista. Nese momento o adestrador local puxo ó seu equipo nunca zona 3 ?? 2 e acabaronse eses ??1 contra 1?. ? final do cuarto chegouse 67 ?? 26.

E no ultimo cuarto o partido foi similar: control do rebote defensivo, de novo Santi e Diego anotaron de 3 e as diferencias que se amplian ata o 72?? 32. Dende ahí ata o final un novo parcial de 10 ?? 2, e remata o encontro: 82 ?? 34.

Ceferino Nogueira, premiado por la Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra.

14301.jpg

Ceferino Nogueira nunha foto de arquivo.

Pero si los premiados lo son por una incipiente carrera en el difícil mundo de la empresa, la velada también quiso rendir un merecido homenaje a una larga trayectoria más que consolidada en la figura del empresario Ceferino Nogueira, que estuvo representado en la cena por su esposa y su hijo Ceferino. Las palabras de reconocimiento a su trayectoria fueron muchas. Entre ellas, las del presidente de la Diputación, Rafael Louzán, quien dijo de él que una carrera como la suya demuestra que el éxito es una escalera (dijo) que no se puede subir con las manos en los bolsillos. También el alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, tuvo gestos de reconocimiento para el empresario. Fue la mujer de Nogueira, Julia García, la encargada de recibir el premio especial, que recogió de manos del presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño.

LA VOZ DE GALICIA, 10/05/08

A esposa de Ceferino Nogueira é a cesureña Julia García Dominguez, irmá de “Borobó”, que foi a que recolleu de mans do Presidente da Xunta o galardón do seu esposo na gala celebrada o día 9 de maio no Liceo Casino de Pontevedra.

Mellor gastar en festas.

carreiras.jpg

condide.jpg

O BNG quere informar á cidadanía do actual estado de abandono no que se atopa o noso pobo. Entre outras, destacamos:
1.- A apertura da zanxa feita na rúa Carlos Maside-Telleiro, obra realizada fai xa máis de dous meses, da cal ainda non se repuxo o firme da calzada. Este importante acceso á praza dos Valeiros (Porto) atópase na actualidade en estado lamentable con importantes socavóns que poñen en risco aos viandantes, sen contar cos trastornos que ocasionan aos veciños da zona, comercio e automóbiles que por alí transitan.
Ao noso entender dita obra, xa rematada, quedando pendente a reposición do firme tanto tempo, pon de manifesto. a desorganización e inoperancia na xestión de infraestructuras levada a cabo pola actual equipa de goberno. O BNG espera que, logo desta denuncia pública, o goberno municipal actúe con axilidade sobre esta obra a fin de evitar males maiores.
2.- Por outro lado sorpréndenos o estado no cal se atopan os parques infantís de Porto, Condide, Carreiras, rúa Carlés e monte de Porto. Os davanditos parques teñen abundante maleza e lixo, ata o extremo de non poder ser utilizados polos nenos do noso pobo. O estado de abandono destes parques é importante, culpando o BNG desta desatrosa xestión ao actual goberno o cal adica moitos máis recursos ás festas que a manter en bo estado os parques herdados da anterior lexislatura.
Pontecesures a 10 de maio de 2008

Consello Local do BNG

Elixida a nova xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures.

Cunha escasísima asistencia de pais/nais (unhas 25 persoas) foi elixida a nova xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures.
O acta da sesión é a seguinte:

SESI?N EXTRAORDINARIA DA ASEMBLEA DA ANPA CELEBRADA CON DATA 09/05/08.
Presidente: Luis Angel Sabariz Rolán.
Vicepresidenta: Consuelo Ordóñez Martínez.
Tesoureiro: Jesús García Lapido.
Vocal: Dolores Agrasar de Villanueva
Actuou de secretaria: Consuelo Ordóñez Martínez.

Na biblioteca do CPI Pontecesures, sendo ás 20:50 horas, reúnese a asemblea da ANPA, baixo a presidencia de Luis Angel Sabariz Rolán, en sesión extraordinaria coa seguinte Orde do Día:

1-ACTA ANTERIOR.-Logo da letura do acta da sesión ordinaria celebrada con data 11-10-07, e non habendo intervencións, considerouse aprobada por unanimidade.

2-ELECCI?N DOS MEMBROS DA NOVA XUNTA DIRECTIVA.-Antes de proceder á elección dos novos membros, o presidente cesante manifestou o seguinte:

-Que como os pais/nais dos nenos do grupo folclórico “Algueirada” decidiron crear unha asociación cultural débese acordar a cancelación da conta bancaria que tiña o grupo en Caixanova-Pontecesures. Aclarou, que a conta sempre tivo un carácter independente para ingresar o importe das clases por parte dos pais/nais, as facturas das actuacións e o importe das subvencións; e para abonar os pagos ós monitores e outros gastos do grupo, engadindo que con fondos da ANPA nunca se afrontaron gastos do colectivo. Rematou dicindo que calquera asociado podía realizar as comprobacións que quixera sobre este extremo.
A Sra. Rey García, manifestou que a decisión de desligarse o grupo da ANPA debía ser adoptado pola asemblea da propia asociación, pois o mesmo podería pasar co teatro ou con outra actividade.
Reiterou o presidente cesante que a decisión de constituir “Algueirada” unha asociación cultural foi adoptada polos pais/nais por unanimidade, que asociarse é un dereito de calquera persoa, e que se fixo así porque bastantes rapaces xa son maiores e non están no centro, non parecendo lóxico que a ANPA teña un grupo folclórico de persoas alleas ó centro escolar. Rematou dicindo que o que se propón e cancelar a conta por todo o dito.
Rematado o debate, a asemblea, por unanimidade, acordou a cancelación desta conta bancaria.

-Que nesta data o saldo na conta do ANPA era de 2.282,33 ?. Explicou que o saldo nas últimas contas aprobadas o 11-10-07 era de 872,00 ?, detallando que dende aquela data ingresáronse as cantidades correspondentes as cotas da ANPA e do seguro escolar e 950 ? da subvención do concello en 2007 (o grupo folclórico percibiu deste organismo 550 ?). Engadiu que só se gastaron, dende aquela data, o importe do seguro de responsabilidade civil e de accidentes dos nenos/as, a subvención da excursión dos alumnos de 3º e 4º da ESO (252 ?) e o pago dunha débeda á monitora de pintura xa que unha nena non abonou as clases desta materia durante bastante tempo aínda que foi reclamado o pago á familia (94,50 ?).

-Tamén o presidente cesante pronunciou unhas verbas de despedida lembrando ós directivos/as que o acompañaron nos case 12 anos que levaba no cargo dende que o presidente anterior, Cándido Duro, fora a buscalo a súa casa en setembro de 1996. Así agradeceu o labor realizado por Pili Mosquera, Mercedes González, Luisa Caldelas, Mª Mar Doce, Charo Lestido, Alberto Solla, Isabel Silva, Rosa Corbelle, Suso Lapido, Consuelo Ordóñez e Loli Agrasar. Agradeceu tamén a colaboración das catro directoras que tivo o centro dende 1996 (Irene, Marta, Carmen e Mª José). Engadiu que xa chegou a hora de dar o paso a outras persoas, aínda que aclarou que nunca a actual xunta directiva se aferrou ó poder xa que tiveron que presentarse hai dous anos ó non facelo ninguén, Indicou que desexaba pedir desculpas se alguén estaba molesto con algunha actuación da xunta directiva. Despois de lembrar a súa familia polo tempo que lle quitou nestes anos, rematou desexando sorte ós novos dirixentes e ofrecendo a documentación que tiña no seu poder xa que a ANPA non ten sede en local público.

-A continuación pasouse á elección dos membros, manifestando o presidente cesante que houbo cinco persoas presentadas no prazo concedido que eran Yolanda Vieites Dos Santos, Manuela Barreiro Castro, María Isabel Rey García, Rita María Lafuente Lestón e Luz Angueira Eiras, xa que unha sexta non reunía os requisitos por ter impagada a cota.
Como estaba prevista unha xunta de sete membros (presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e tres vocais) preguntouse pola presidencia cesante se a asemblea aceptaba que se presentaran no acto dúas persoas máis que tiveran a cota o día.
Tra un debate, a asemblea, por unanimidade, acordou que podían presentarse dúas persoas máis e tras prantexalo pola presidencia manifestaron que querían ser directivas, Dolores Agrasar de Villanueva e Mónica Esperón Guerrra.
Por unanimidade considerouse que non era necesario proceder á votación ó non haber máis candidatos que prazas, e así pola presidencia cesante declaráronse directivas da ANPA ás seguintes persoas:
YOLANDA VIEITES DOS SANTOS
MANUELA BARREIRO CASTRO
MARÍA ISABEL REY GARCÍA
RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N
LUZ ANGUEIRA EIRAS
DOLORES AGRASAR DE VILLANUEVA
M?NICA ESPER?N GUERRA
De acordo co artigo 8 dos Estatutos o mandato terá unha duración de dous anos e, agora, estas persoas elixidas decidirán entre elas os cargos correspondentes na primeira xunta directiva que celebren como establece o artigo 11 de ditos Estatutos.
A asociada Sra. Gil García manifestou que desexaba que se fixese constar en acta o agradecemento ó presidente cesante polo labor realizado nestes anos. A nova directiva, Sra. Angueira Eiras manifestou que estaba de acordo e propúxose que así fora decidido pola asemblea. Por asentemento dos asistentes foi acordado este agradecemento.

Tras reiterar o Sr. Sabariz Rolán que desexa o mellor para a nova xunta directiva, levántouse a sesión ás 21:35 horas, redactándose este acta pola directiva cesante, por petición expresa da asemblea.

O PRESIDENTE CESANTE
Luis Ángel Sabariz Rolán
A SECRETARIA
Consuelo Ordóñez Martínez