Tres sindicatos presentan candidaturas para as eleccións sindicais do concello de Pontecesures.

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.

As candidaturas son as seguintes:

CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)

O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.

Identificado na tarde de hoxe o conductor que derrubou a farola da rúa Rosalía de Castro na madrugada do domingo.

O vehículo foi un BMW de cor negro, guiado polo xove E.M.V. veciño de Confurco-Padrón. Ía con outra persoa a noite da colisión.
O coche está a ser reparado nun taller de Raxoi-Valga e as pescudas policiais deron resultado localizando a Garda Civil de Valga a este xove nesta tarde.
O conductor presentouse logo na tardiña de hoxe na Casa do Concello, manifestando que asumía tódolos gastos.
Este concelleiro quere agradecer o labor realizado tanto pola Garda Civil de Valga como pola Policía Local de Pontecesures para identificar ó causante destes danos.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

A Xunta regulará a situación laboral dos secretarios dos xulgados de paz.

Como a secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures, Conchi Castro Cereijo, está nesta situación (son 52 en toda Galicia) reprodúcese esta nova publicada no Diario de Arousa do 29/11/07, polo seu interese.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou onte que a dignificación dos secretarios idóneos dos xulgados de paz (cuxo estatus actual non é de funcionarios nin de persoas con contratos laborais) pasa por unha regularización laboral.

(máis…)

El BNG cree que Castro quiere “escurrir o bulto” sobre las guías turísticas y la tacha de “cínica”

El BNG de Pontecesures tildó de “cínica” la actitud de la alcaldesa, Maribel Castro, al respecto de la polémica sobre las guías turísticas y la acusan de querer “escurrir o bulto e responsabilizar ós traballadores deste comportamento”. Los nacionalistas denunciaron que una de las páginas de las guías había sido arrancada para eliminar así la foto y el discurso del ex alcalde, Luis Álvarez Angueira. Sin embargo, Castro negó ser la responsable de los hechos y aseguró que las publicaciones incompletas se habían retirado. Desde el BNG consideran que “ningún traballador, por iniciativa propia, executaría este atentado a unha publicación oficial senón é por unha orde superior”, e insisten en que “foi a alcaldesa a que deu instruccións para a mutilación”, por lo que exigen que “dea a cara e non se oculte, de xeito cobarde, detrás dos funcionarios”.

(máis…)