A traballadora social de Pontecesures, deixa temporalmente o posto.

Logo de chegarse a un recente acordo de goberno entre o PSOE e o BNG de A Estrada, a traballadora social do Concello de Pontecesures, Raquel López Doce, que foi candidata á alcaldía pola formación nacionalista o pasado 27 de maio, pasará a ocupar, en dedicación exclusiva, o cargo de 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada e posiblemente será concelleira de Medio Rural, Turismo e Participación Cidadá.

Isto conleva a que deixe, mentres ocupe este cargo con dedicación exclusiva, o seu posto de traballo no Concello de Pontecesures. Nos vindeiros días realizarase unha convocatoria para seleccionar un substituto/a para ocupar o posto ata a reincorporación da titular.

O cese será efectivo, posiblemente a primeiros da próxima semana.

Ademais de darlle a noraboa a Raquel, deséxolle sorte y moitos éxitos no cargo que vai ocupar.

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

Estatísticas Septembro 2007

Segundo google Analytics esta é a evolución desta web:

table(tabla).
|_.   |_. Septembro |_. Cambio mes anterior |
|_. Visitas |>. 9.030 |>. +17,33%|
|_. Páxinas Vistas|>. 25.853|>. +21.44%|
|_. Paxinas por Visita|>. 2,86|>. +3,50%|
|_. Promedio de tempo por visita|>. 4’38”|>. +7,22%|
|_. % de visitas novas|>. 30,91%|>. +7,05%|
|_. Usuarios únicos absolutos|>. 3.183|>. +27,12%|

grafica1.gif

Coma tódolos meses estamos a crecer, o día con máis movemento do mes de septembro foi o día 18, con 1.331 páxinas vistas.

Tamén hai que facer mención ó numero de entradas dese mes, no cal chegamos a ter un total de 131 entradas, que fan unha media de 4,37 entradas/día.