Comentame Fernando «Parracho» que a ASociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que, entre outras xestións, posibilitan que cada vran veñan os nenos dos campos de refuxiados a pasar os meses de xullo e agosto entre as familias galegas de acollida, pois PIDEN A COLABORACI?N DE TODOS N?S para unha CAMPA?A DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, destinada a enviarlle productos básicos ós habitantes destes campamentos de refuxiados. Así, esta campaña vai comenzar mañá martes día 6, ata o xoves día 8, e os productos que solicitan para achegarlles son 3: Azucre, lentellas e aceite.
¿PARA COLABORAR? Moi sinxelo: achegarse ó Super Froiz de Pontecesures, ou ó Eroski de Padrón e depositar estes alimentos nun carritos que estarán alí con esa finalidade, entre o martes e o xoves desta semana unicamente.
No nome desta Asociación, e pensando en que é unha causa solidaria, anticipo as gracias pola colaboración do noso pobo.