Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Os documentais foron proxectados no Centro Social.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

As 20,30 foron proxectados os documentais “Os mares doces de Galicia” e “As Patifas” dentro dos actos da XII Festa da Lamprea. Os documentais foron moi interesantes e foron moi aplaudidos.

A proxección de “As Patifas” foi seguida con emoción polo numeroso público que asisteu ao Centro Social (sobre todo asistiron familiares e amigos das protagonistas e dos integrantes do equipo de traballo). Recolléronse no curto as impresión de catro patifas históricas de Pontecesures: Carmen “A Maquena”, Carmen “A Pastora”, Rosa “A Picafolla”, Candita “A Casadiña” e María “A Tinguitanga”. O equipo de traballo foi o formado polos xóvenes cesureños/as Ana Cristina García Alvarez, Ana Teixeira, Rita Diz Gil, Diego Gonzálves Ranz e Martín Teijeiro Enrique. O director foi Pachi Baranda e a productora a empresa Taller de Insomnios.

Ao remate o alcalde entregou ás cinco patifas (catro estiveron presentes e “A Maquena” foi representada pola súa filla por razóns de saúde) unha figura da Cerámica Celta de A Calera.

Noraboa as patifas, ao equipo de traballo, ao director e á productora.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Máis sobre isto

6 comentarios

  1. Eu sei

    Pero se ti non estabas presente neses actos no Centro Social.Tamén falas deso por segundas persoas.As noticias sempre hai que dalas de primeira man.Moito che gusta figurar.Haber hoxe a quen defendes.Seguro que se che dan a oportunidade de formar un bi ou tripartito e pasas por alto toda esta movida contra Angueira.

    Responder
  2. noa

    eso lo sabe todo el pueblo no nos estas diciendo algo nuevo.a la noche le va a dar caña a angueira y a maribel y en junio gobierna con ellos.un saludo

    Responder
  3. Luis Angel sabariz Rolán

    Efectivamente, non estiven no Centro Social o sábado (tiven uha reunión política practicamente á mesma hora). Non son un correspondente deste medio pero como son colaborador informeime por unha persoa de confianza. Fixen a entrada e agradeceumo moita xente ao tratarse dun acto entrañable. Penso que é moi bo dar as novas que se coñecen, “Eu sei”. ¿Por qué criticas que se informe das cousas?.
    No da gobernabilidade tanto “Eu sei” como “noa” estan erradas por completo.

    Responder
  4. Jose

    Porque non se creen ese discurso electoralista que estas empeñado en meternos polas orellas.Todo o fas perfecto, todo o coñeces, sabes de todo, estas sempre no lugar da noticia.

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán

    Din unha explicación das razóns polas que puxen esta entrada, e xa estás a dicir, “Jose”, que fago electoralismo. Por suposto que teño moitos defectos e cometo erros como todo o mundo.
    Escribo ás mensaxes co mellor texto posibel segundo o meu xeito de redactar. Non sei porque te metes conmigo.

    Responder
  6. From Valeiro´s Square

    supoño que todas non poderían estar, pero máis históricas que a â??A Tinguitangaâ?�: Carmen a “Perruja”, Lourdes “A raposa”; Carmen “a Mambisa”; “Tilocha” (con súa nai “Tila”) a de Manolo o pesado, Candita “A conexa” ;; de menor a maior todas patinaron polas aldeas, coa panela na cabeza, hai máis.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.