A gaiteira de Pontecesures Adriana Rivas Seijo participará noutro concurso de gaiteiros solistas.

A gaiteira Adriana Rivas Seijo de 14 anos de idade e pertencente ó grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures. participará no I Certame de Gaiteiros Solistas “Manuel Dopazo” que se celebrará en Bandeira (Silleda) o vindeiro domingo día 18 de xuño.

Tomarán parte no concurso un máximo de 20 gaiteiros/as que só poderán levar un acompañante para a percusión, non rebasando as interpretacións os seis minutos.
Nestes días Adriana está a últimar a preparación co profesor du grupo Miguel Castaño.

A xunta directiva da ANPA deséxalle a Adriana os maiores éxitos polo traballo e dedicación que esta a amosar no manexo da gaita galega. Asi mesmo queremos agradecer o profesor o labor que está a realizar na formación muisical da rapaza.

Baixada Miño Ourense

O sábado día 10 levouse a cabo o descenso do Miño de Ourense con saída nos Peares e chegada a ponte romana da cidade de Ourense cun percorrido de 18 km para os senior e xuvenís e 15 para os cadetes.

Este foron os resultados acadados polos palistas do Náutico:

? Jose Angel Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 11º posto
? Ruiz Rodríguez: K1 senior: 17º posto
? Andrés Diéguez: K1 senior: 24º posto
? Iván Figueira: C1 senior: 7º posto
? David Jamardo: C1 senior: 10º posto
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: 4º posto
? Cristián Barreiro: C1 cadete: 6º posto
? Clasificación por clubes: 14º posto

Na sección fotografías podedes ver fotos desta regata.

A próxima cita do Náutico para as categorías cadete, xuvenil e sénior será o Campionato de España Master na localidade de Castrelo de Miño, donde acudiremos con catro palistas; André Oliveira, Adrián Vicente e Lorenzo Riveiro en categoría cadete e Marcos Pesado en categoróa xuvenil.

O máximo expoñente do club para esta regata é André Oliveira, donde tratará de revalidar o titulo de campión de España.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico

Os máis pequenos do Basket Rio Ulla pechan a temporada este sábado

Os equipos alevín e benxamín (8 a 11 anos) do Club Baloncesto rio Ulla vai acudir O Grove a un torneo de clausura da temporada de baloncesto 2005-06 organizado polo Club Baloncesto Meco do Grove. Dito torneo vaio ser durante a xornada do sábado 17 de xunio, pero nesta “xornada de convivencia” os nenos e nenas van ter oportunidade de participar noutras actividades coma un paseo polo pobo do Grove en “chiquitren” ou unha visita á ria nun catamarán que ten o fondo de cristal, para poder ir vendo o fondo do mar.                                          

Dende aqui aproveitamos para agradecer esta invitación realizada polo club local e esperemos que os rapaces o disfruten. Con este torneo o club Rio Ulla pecha a temporada 2005-06 ata despois de agosto.

El Concello insta a Quintá a cesar un movimiento de tierras en una parcela

El Concello de Pontecesures, mediante un decreto de Alcaldía, requirió al empresario valgués Andrés Quintá Cortiñas a suspender inmediatamente y como medida cautelar las obras que estaba ejecutando en la Avenida de Arousa consistentes en un movimiento de tierras y en la alteración de las rasantes actuales del terreno, trabajos para los que carece de licencia municipal y que son incompatibles co ordenamento urbanístico .

El empresario, que fue notificado por parte del Ayuntamiento, contó con un plazo para presentar alegaciones y las justificaciones que estimara convenientes para la defensa de sus derechos. En el requerimiento se le apercibe, además, de que en caso de incumplimiento de la orden de paralización poderáse esixir ante os tribunais as correspondentes responsabilidades por delito de desobediencia .

Visto en: Diario de Arousa

As Torres gaña en Asturias a terceira regata da Copa de España de Promoción

Obxectivo cumprido. O Club As Torres-Romería Vikinga gañoulle o domingo a partida á Asociación Deportiva Pinatarense-Grupo Caliche na terceira proba da Copa de España de Promoción. Na Ría de Avilés o club galego sumou un total de 5.265 puntos, polos 4.856 do seu rival murciano, desfacendo ao seu favor o empate a 430 puntos que mantiña co Pinatarense na clasificación xeral da Copa.

A nivel de podios, o As Torres sumou a prata de Adrián Ferreira e o bronce de Antonio Manuel Lobato, ambos en Infantil A C-1 Zurdo. O Breogán-Outón Xunqueiriña rematou cun ouro, de Adrián Domínguez na proba mencionada, e dous bronces, de Alberto Vidal Barreiro en Infantil B C-1 Diestro e de Lara Díaz Valladares en Dama Infantil B K-1. Nembargante, o Breogán rematou noveno na clasificación por equipos, con 2.978 puntos.

Ademais, o palista do Club Náutico Pontecesures Álvaro Loureiro gañou a carreira Infantil A C-1 Diestro, ocupando o seu equipo o posto 27 con 1.272 puntos. O Illa de Arousa foi 16º (1.957 puntos), o Cambados 31º (1.167), o Liceo Marítimo de Vilagarcía 33º (1.120) e o Náutico O Muíño de Ribadumia 43º (926). En total participaron 85 equipos.

Descenso do Miño

Un día antes, o sábado en Ourense, o Piragüismo Illa de Arousa rematou terceiro na clasificación por equipos do Descenso do Miño, con Rogelio Dios gañando a proba Cadete C-1 e Noelia Paz facendo o terceiro posto en Cadete K-1. Lidia Martínez, do Náutico O Muíño (décimo por equipos), foi ouro en Xuvenil K-1, e Adrián Pazos, do Cambados (16º), segundo en Xuvenil C-1. O Pontecesures foi 14º.

LA VOZ DE GALICIA 13/06/2006

Agora resulta que Condide (Pontecesures) esta ná Rioja

Moitos son os erros que atopamos en Internet, un bastante gracioso é o que podemos ver en Marbellaguide.com, unha web (en ingles) sobre a costa do sol. Nesta web están unha serie de utilidades coma un pequeno programiña para amosar o tempo dun determinado sitio, e é ahí onde atopamos:

“Weather forecasts for Condide (pontecesures) in La Rioja, Spain”  marbellaguide.com 

Os nosos veciños de condide ó parecer xa non son galegos, para os desta web, sonche cesureños e da Rioja  …