MANIFESTO DO 8 DE MARZO -DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- DO CONCELLO DE PONTECESURES.

8 de marzo é unha data ineludible na axenda das institucións e na da propia cidadanía, dende aquel 1975 no que a ONU celebrou a súa primeira conmemoración. Nesta data, temos un marco idóneo para recordar os avances acadados en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, unha testemuña de longo proceso dunha loita inacabada que se centra na conversión dos principios básicos da igualdade legal en igualdade real.

A situación na que vivimos mostra claramente que as leis non abondan, sendo preciso traballar na construción dunha sociedade que desterre os mandatos machistas e patriarcais e que promova a equidade.

Partindo desta filosofía, esta data ten unha dobre finalidade. Por un lado, celebrar todos estes avances acadados, pero por outro, facer un chamamento ao compromiso con esta causa.

Día Internacional da Muller, debe ser un día para reflexionar sobre a importancia de pasar á acción e romper cos prexuízos, mitos e mandatos para que as mulleres poidan ter e escoitar a súa propia voz, tanto nas esferas públicas como nas privadas.

O concello de Pontecesures, aposta por unha cidadanía comprometida coa igualdade, os dereitos fundamentais e a liberdade no sentido máis amplo. Por iso, nun día como o de hoxe, expón o compromiso de:

  • Seguir impulsando políticas de igualdade dende o eido local.
  • Continuar contemplando as realidades específicas das mulleres da contorna, así como a visibilización de cada unha das desigualdades vixentes.
  •  Destacar a importancia da educación en valores de igualdade de xénero, da solidariedade, o respecto das persoas dende idades temperás para a construción dunha sociedade responsable e comprometida.
  • Manifestar o rexeitamento ante actitudes machistas que impiden a consecución da igualdade real .

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PRAZOS PARA RESERVA DE PRAZA E PREINSCRICI?N PARA O CURSO 2018/2019.

E.I.M. Pontecesures – CURSO 2018/2019

  • Reserva de praza para alumnos/as da EIM dende o 2 ata o 16 de abril de 2018 na EIM.
  • Preinscrición para novas prazas dende o 2 ata o 16 de abril de 2018 nas oficinas municipais.
  • Matrícula para novas prazas dende o 1 ata o 15 de xuño de 2018 nas oficinas municipais.

 

Descargar Documento... BANDO EIM PONTECESURES CURSO 2018/2019
Descargar Documento... Formulario de reserva de praza EIM PONTECESURES 2018/2019
Descargar Documento... Formulario de preinscrición EIM PONTECESURES 2018/2019
Descargar Documento... Formulario de matrícula EIM PONTECESURES 2018/2019

PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE 2018, DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA.

Categorías:

  1. Iniciativa social.
  2. Iniciativa empresarial.
  3. Blogs.
  4. Educación en valores (so centros docentes).
  5. Traballo musical.
  6. Traballo literario (narrativa ou poesía).
  7. Fotografía orixinal.

Premios:

1º premio de 1.500 ?, 2º de 1.000 ? e 3º de 500 ? en tódalas categorías agás na categoría 6 -traballo literario- na que se conceden 2 premios para narrativa e outros 2 para poesía (1.500 ? e 500 ?).-

Destinatarios/as:

A. Mozos/as empadroados en concellos da provincia de Pontevedra de 16 a 35 anos para tódalas categorías agás a 4 -educación en valores- que é so para centros docentes.

B. Persoas xurídicas para as categorías 1 e 2 (asociacións, sociedades,?etc.) sempre que teñan sede na provincia de Pontevedra e o 75% dos seus membros teñan entre 16 e 35 anos.

C. Centros docentes da provincia de Pontevedra so para a categoría 4.

D. Grupos musicais so para a categoría 5, sempre que o 75% dos seus membros teña empadroamento en concellos da provincia de Pontevedra e teñan entre 16 e 35 anos.

Prazo de presentación de traballos e solicitudes:

Ata o 5 de maio de 2018.

Forma de presentación:

1º. Preinscrición na web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal no seguinte link:

https://www.depo.gal/premios-provinciais-a-xuventude

2º. Presentación do resto da documentación ??segundo a categoría-, acompañada do xustificante electrónico da preinscrición.

3º.   Presentación do proxecto ou traballo.

+ INFO na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Pontecesures (986 564 410).

Valga cuenta su historia a los niños de Pontecesures.

Los escolares pontecesureños disfrutan de una visita guiada al municipio valgués.

El Concello de Valga da cuenta de la visita de un grupo de 34 alumnos de 1º y 2º de Primaria procedentes de Pontecesures al Museo da Historia de la localidad y a diferentes puntos del municipio caracterizados por sus valores naturales, culturales y turísticos
En concreto, en su visita al municipio valgués los estudiantes del CPI Pontecesures pudieron conocer episodios de relevancia histórica en Valga como la Batalla de Casaldeirigo, así como observar algunos de los restos arqueológicos procedentes de los yacimientos de Igrexa Vella y Mercado dos Mouros.
Los jóvenes visitantes estuvieron acompañados de un técnico municipal que se encargó de explicarles “de forma amena y didáctica los contenidos del Museo da Historia, acercando a los niños a las figuras de Xesús Ferro Couselo y La Bella Otero, nacida hace 150 años”, explican en el Concello.

Faro de Vigo