A ledicia de cumprir cincuenta anos xuntos en Cordeiro

Os cinco matrimonios homenaxeados recibiron uns agasallos de mans do párroco.

A parroquia valguesa de Cordeiro foi escenario o pasado domingo dunha celebración moi especial xa que cinco matrimonios celebraron de maneira conxunta as súas vodas de ouro, ou o que é o mesmo, cincuenta anos xuntos.
Eran as doce do mediodía cando comezaba a celebración eucarística. O que para algúns foi unha misa máis, para cinco familias de Cordeiro foi unha xornada especial posto que cinco matrimonios quixeron aproveitar a conmemoración do día da Sagrada Familia para celebrar de maneira conxunta as súas vodas de ouro.

Ramón Pereira e Ramona Rodríguez, José Castromán e Candelaria López, Ramón Bandín e Felicitas Pardal, Francisco Conde e Inés Bouzón, e José Luis Cerneira e Ramona Feijóo foron os protagonistas dunha festa na que, aínda que non houbo intercambio de alianzas, si que primou o protagonismo destes cinco matrimonios, que quixeron compartir con toda a comunidade parroquial a celebración eucarística.

Agasallos.
Pero todos e cada un dos cinco protagonistas do evento foron obsequiados ao remate da celebración cunha pequena lembranza que lles entregou o párroco, don Xesús Pazos García, e o Padre Luis Amor, que foi o encargado de presidir a celebración eucarística o pasado domingo, que ademais coincidía coa festividade do Día dos Inocentes.

Aínda que algunhas das parellas xa festexaran de maneira individual este importante acontecemento, todos quixeron xuntarse para esta ocasión especial e así celebrar tamén o Nadal con todos os membros das súas familias.

O ritual eucarístico rematou, como non podía ser doutro xeito, cun forte aplauso por parte dos parroquianos asistentes á última misa dominical.

DIARIO DE AROUSA, 02/12/08

O párroco convida aos feligreses de Pontecesures a cantar panxoliñas o sábado día 3 de xaneiro

O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, informou na misa de aninovo, que despois da misa das 18:00 do sábado día 3 de xaneiro, un grupo de persoas cantará panxoliñas no propio templo convidando aos feligreses para que, individualmente ou en grupo, fagan a súa aportación, cantando as panxoliñas que desexen neste tempo do Nadal.

Horarios dos trens que paran en Pontecesures, dende o 14/12/08.

SAÍDAS DIRECCI?N SANTIAGO:
06:40 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos. (R-598)
08:32
10:59
14:23
17:04
20:03
21:37 Só circula os domingos, o 7 de xaneiro e o 24 de febreiro.
22:03 (R-598)
23:29 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos.
23:46 Só circula os domingos.

SAÍDAS DIRECCI?N PONTEVEDRA:
06:07 Non circula nin domingos, nin festivos.
06:46 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos (R-598)
07:58 (R-598)
10:43
13:42
16:46
20:10
21:17