Entre Patifas

Un filme documental de Pachi Baranda (2007).

Trátase dun achegamento ás andainas destas mulleres que cargaron coas ??panelas? na cabeza, como elas denominan aos cestos que empregaban para gañarse a vida cando os tempos non eran doados. Cada unha delas tiña un alcume e un cesto cheo de ilusións e gañas de tirar para adiante.

Elas fálannos dos malos momentos, das penas e tamén das alegrías. Nós só escoitamos. Para saber un pouco desa memoria abonda con escoitar a quen ten moito que contar.

Curtametraxe gravada en Pontecesures (Pontevedra) no nadal de 2006.

Hoxe comezan as festas da Devesa.

VENRES, 8 DE AGOSTO

Gran mexillonada e churrascada gratis para os asistentes, amenizada por MASTER.

SÁBADO, 9 DE AGOSTO

-Pola mañá gran disparo de foguetes.
-Pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas.
-Misa solemne ás 12:30 horas
-Pola tarde gran festa do neno, gratis para todos, (colchonetas, touro mecánico, etc.. a cargo de Diverneno).
-Pola noite gran verbena con SUPER T e CABARET
-O remate da verbena haberá chocolate con churros.

DOMINGO, 10 DE AGOSTO, Festa da Virxe dos Desamparados

-Gran disparo de foguetes pola mañá.
-Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas e pandeiretas Xarandeira de Pontecesures.
-Misa solemne ás 12:30 horas.
-? remate da misa, tradicional Poxa de Ramos.
-Ás 16:00 horas, Festa da Bicicleta na que será sorteada unha bicicleta e agasallos para os concursantes.
-Pola noite verbena con ACH? e ARMONÍA

OS INCENDIOS DE HAI 2 ANOS E A SITUACION ACTUAL

(Pinchando enrriba de cada foto, verase mais grande)

Hoxe cumprense 2 anos un dos maiores desastres medioambientais que sufriu o noso concello, ó igual que pasou eses dias en media Galicia: No noso caso foi a queima de todo o monte existente  no termo municipal.

100_4322-web.JPG  100_4321-web.JPG

 

De resultas, as imaxenes que presentaba o monte dende a pista da Barosa un par de dias despois eran estas:

100_4366-web.JPG   100_4365-web.JPG  100_4370-web.JPG

¿E agora que pasaron 2 anos?

Todo o monte por riba da autopista está chea de pinos dun tamaño pequeno, pero o importante é que voltaron a brotar. Podese comprobar mesmamente na zona do cemiterio de Condide.

imagen-074-web.JPG   imagen-075-web.JPG

Ademais hai zonas onde apareceron os eucaliptos, e estes xa teñen un tamaño maior.

imagen-077-web.JPG   imagen-089-web.JPG

Polo que comentaba un axente forestal, vaise tratar as zonas de eucaliptos con productos fitosanitarios para erradicalos, e lograr que pervivan os piñeiros. Ademais, ós pinos, dentro de 2 ou 3 anos, vanlle facer “raras e clareos” para lograr ter un monte con especies autoctonas.