O director xeral de Emerxencias visitou Pontecesures para coñecer as necesidades de Protección Civil.

emerg

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou hoxe o Concello de Pontecesures e a súa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou esta mañá o Concello de Pontecesures para coñecer de primeira man a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) local e as súas necesidades e inquedanzas. O director estivo acompañado do alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal.

A Agrupación de Pontecesures conta con 14 membros e foi rexistrada en 2000, ano desde o que sigue desempeñando ininterrompidamente o seu labor na prevención e intervención en emerxencias, tanto no seu termo municipal como axudando aos concellos limítrofes.

O Concello de Pontecesures reforzou os medios materiais dos seus voluntarios de Protección Civil coa adquisición, o ano pasado, dun vehículo todo terreo pick-up. e un remolque de emerxencias, a través dunha liña de subvención da Xunta de Galicia.

Apoio ao labor do persoal voluntario.

Dende o Goberno galego apóiase o labor do voluntariado de protección civil, en temas como a formación, axudas económicas para o funcionamento das agrupacións de voluntarios e equipamento cedidos aos concellos para a súa utilización polas ditas agrupacións.

Para iso, no 2015 iniciouse unha campaña de motivación do voluntariado que ten como obxectivo principal pór en valor o labor altruísta e solidario de todo o persoal voluntario que na actualidade forma parte das diferentes AVPC que cobren o territorio galego.

Así mesmo, a través desta campaña tamén se busca potenciar o voluntariado naqueles concellos que non dispoñen na actualidade de AVPC e estarían interesados en formala; así como reforzar e incrementar o número de voluntarios naquelas AVPC que así o desexen e reafirmar a todas as agrupacións que xa veñen funcionando correctamente.

Actualmente, Galicia conta con 220 Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, das que 73 están na provincia da Coruña, 37 en Lugo, 65 en Ourense e 45 en Pontevedra, sumando entre todas un total de 4.527 voluntarios en toda a nosa comunidade.

Xornal Galicia Sur

Número especial de ??La Noche?? en homenaxe ó mestre Borobó.

borobo

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrará o domingo unha homenaxe a Raimundo García Domínguez, Borobó na súa localidade natal de Pontecesures.
No acto, que se celebrará a partir das 12.00 horas no Hotel Casa do Río da localidade cesureña, a APSC quere recordar ó prezado mestre e espello do xornalismo galego, con motivo do seu centenario e o seu decimo terceiro cabodano. Como acto central, a está previsto celebrar unha mesa aberta ao coloquio no que participarán o xornalista Benxamín Vázquez; o escritor, catedrático e compoñente da Xeración de La Noche Gonzalo R. Mourullo; o debuxante, presidente do Club de Prensa de Ferrol e discípulo de Borobó, Siro López; e o xornalista e fillo do homenaxeado, Raimundo García.
Borobó, que fora directivo da Asociación da Prensa compostelana (hoxe APSC) e director dos xornais EL CORREO GALLEGO e La Noche, o referente inexcusable do mellor periodismo galego durante décadas, do que Borobó se fixo cargo nos seus primeiros momentos. Tamén foi columnista de numerosas publicacións, foi sempre un exemplo na defensa da liberdade de expresión e na dignidade profesional, sobre todo en tempos difíciles onde sortear a censura era, máis ca unha habelencia persoal, un risco para a propia existencia.
Coa fin de lembrar a extensa obra e a singular figura do prestixioso xornalista, a APSC ten preparado diversas actividades ese día, nas que destaca a edición dun número especial de La Noche, dedicado ao ilustre periodista que dirixiu o ???nico diario de la tarde en Galicia?, desde 1959 ata 1965.
Tamén se procederá a o descubrimento dunha praca conmemorativa na casa onde vivíu, a lectura de textos e a reprodución dunha entrevista feita ao impulsor da recoñecida Xeración de La Noche, que formou parte das avangardas literarias da posguerra.
Este acto é unha nova mostra de recoñecemento da localidade de Pontecesures da que de Raimundo Domínguez é Fillo Predilecto. No pasado mes de xullo celebrouse no cemiterio local de San Xulián a colocacion dunha praca e unha ofrenda floral, nunha cerimonia organizada polo concello e que contou coa asistencia, entre outras autoridades do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o presidente da real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, entre outras autoridades relacionadas co mundo da Cultura de Galicia.
O escritor e maestro de periodistas finou a noite do 28 de agosto de 2002 en Santiago de Compostela ós 87 anos de idade, despois dunha longa enfermidade.

El Correo Gallego

“Contos vellos” para lo más jóvenes en Pontecesures.

contosv

Niños de Pontecesures disfrutaron ayer del espectáculo “Contos vellos para rapaces novos”, que tuvo lugar en el Centro Social con la presencia también del secretario xeral de Política Lingüística de la Xunta, Valentín García, y el alcalde Juan Manuel Vidal Seage. La actividad forma parte del programa “Galicia culturea”, que persigue fomentar el uso del idioma gallego.

Faro de Vigo

Pontecesures rinde otro homenaje a “Borobó”.

ponh
.
El homenaje a Borobó que tuvo lugar en julio, con descubrimiento de una placa en su honor en su casa natal

En 1916 nació en la calle Portarraxoi, Raimundo García, “Borobó”. Este año se cumple por tanto el centenario del nacimiento del insigne escritor, y la Asociación de Periodistas de Santiago no dejará pasar las efemérides sin una celebración. Este domingo se ofrece una mesa redonda abierta al coloquio en la que participarán el periodista Benxamín Vázquez, el escritor, Gonzalo R. Mourullo, el discípulo de Borobó, Siro López y el periodista e hijo del homenajeado Raimundo García. El acto tendrá lugar en el hotel Casa Río este domingo a partir de las doce del mediodía. Además del coloquio, con el fin de recordar la extensa obra y la singular figura del periodista se desarrollarán diversas actividades, entre las que destaca la edición de un número especial de “La Noche”, uno de los medios de comunicación que dirigió desde 1959 hasta 1965. Durante la jornada también se procederá al descubrimiento de una placa conmemorativa en la casa donde vivió, la lectura de textos y la reproducción de una entrevista hecha al impulsor de la reconocida “Generación de la Noche” , que formó parte de las corrientes literarias de la posguerra.

Raimundo García es hijo predilecto de Pontecesures, localidad en la que, además, una calle lleva su nombre. Fue siempre un ejemplo en la defensa de la libertad de expresión y de la dignidad profesional, sobre todo en tiempos difíciles donde sortear la censura era un riesgo para la propia existencia. El acto es de entrada libre. en la Antiga Casa Lozano lugar donde vivió el homenajeado, aunque su identificación no fue tarea sencilla para el Concello. En 1916 Pontecesures no tenía la condición de Ayuntamiento, sino que pertenecía a Valga y las casas no estaban numeradas, por lo que hubo que buscar la partida de nacimiento para confirmar dónde había nacido.

Faro de Vigo

Outra homenaxe a Borobó en Pontecesures polo centenario do seu nacemento.

cente

Será ás 12 horas do domingo día 28 de agosto na antiga Casa de Lozano (hoxe Casa do Río) para lembrar o Centenario de Borobó e o seu decimoterceiro cabodano.
Haberá unha mesa aberta ao coloquio, coas intervencións, por esta orde, do xornalista Benxamín Vázquez González, do escritor e catedrático de Dereito Penal, Gonzalo Rodríguez Mourullo (compoñente da “Xeneración de La Noche”), do debuxante e presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López Lorenzo e do xornalista, licenciado en Dereito e Periodismo, Raimundo García Paz, fillo de “Borobó”. Moderará o coloquio o presidente da APSC, Luis Menéndez Villalba, e ao peche do acto descobrerase una placa conmemorativa do Centenario na fachada da antiga Casa de Lozano.

Nestes días estase a distribuir un número especial de “La Noche” elaborado pola Imprenta da Deputación Provincial de Pontevedra. Nel reflíctense unha serie de recoñecementos relacionados con esta homenaxe, dándolle as grazas:

-A Maite Tocino Barreiro, impulsora desta homenaxe xunto con Roque Araújo Rey, que deseñou e maquetou este número extraordinario.
-Aos participantes na mesa en memoria do escritor e xornalista.
-Á Casa do Río onde se celebran os actos.
-Á Deputación de Pontevedra, cuxa Escola de Canteiros labrou a lembranza en pedra de Siro, poñendo tamén a disposición a imprenta para tirar o número.
-Á Editorial Compostela pola utilización da cabeceira e reprodución dos “Anacos”.
-Á familia de Borobó, polo uso do seu arquivo e pola colaboración prestada.