André Oliveira e Miguel Rodríguez son a aposta do futuro.

A Federación Española de Piragüsmo fixo unha aposta forte por André e Miguel, palistas de Pontecesures e Rianxo que destacan pola súa xuventude. En Milán non tiveron ningunha opción de clasificarse para a final na distancia dos 500 metros, pero coa máis que probable retirada de Frdi Bea parece que son André e Miguel os que representan o piragüismo español en C-2. A súa preparación terá que ir encamiñada cara ós Xogos Olímpicos de Londres no ano 2012.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/08

Adriana Rivas participará no VI Certame de Gaiteiros Solistas “Festa do Salmón” da Estrada.

img48215fdbc393d.jpg

O día 18 de maio, ás 17:00 horas, no Teatro Principal terá lugar o VI Certame de Gaiteiros Solistas Festa do Salmón na Estrada.
A gaiteira de “Algueirada”, Adriana Rivas Seijo, participa neste concurso xunto con 11 gaiteiros máis. Segue a gaiteira cesureña participando en certames de prestixio para mellorar a súa formación ó competir con músicos moi experimentados.

Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 1000.- euros. e Diploma
2º. Clasificado: 600.- euros. e Diploma
3º. Clasificado: 300.-euros. e Diploma

198c_140330.jpg

Adriana e ó seu monitor Miguel o domingo pasado no concurso de Bandeira.

¿Por que se maltrata a estatua das Marías na Alameda de Santiago?

maria.jpg

Imaxe que amosa o mal estado no que se encontra na actualidade esta estatua da alameda de Santiago,a pesar das sucesivas reformas as que foi sometida.

«Esta fotografia amosa o mal estado no que se encontra na actualidade a estatua das Marías da alameda de Santiago,a pesar das sucesivas reformas as que foi sometida. A xente que causa estes desperfectos non mostra respeto por este símbolo compostelano, tan relacionado coa cidade como a catedral e a zona vella».

LA VOZ DE GALICIA, 15/05/08

Realmente dan moita pen as pintadas neste monumento tan emblemático e tan simpático. ?s que imos cumprindo bastantes anos, traenos moitas lembranzas esta estatua. Vimos pasar ás Marías en vida paseando pola zona vella de Santiago. Era unha imaxe sorprendente e chamaba moito a atención.

Resulta incomprensible, que os desaprensivos maltranten sempre unha estatua na Alameda que é tan importante para a historia de Santiago.