O Concello pide colaboración para a II Feira do Automóbil Antigo.

Para a realización deste evento o Concello de Pontecesures está colaborando, xunto co Club “Mirándolle os dentes”, para celebrar esta feira o domingo 6 de abril.

Esta feira xurdiu coma homenaxe daquelas outras que os nosos antepasados celebraron en 1925, 1926, 1950 e 1954 e para poder promocionar, do mellor xeito posible, esta feira, sería bo contar con materiais (fotografías, folletos publicitarios, etc..) orixinais daqueles eventos.

Pídese así á cidadanía que se achegue dito material ás oficinas do Concello para estudar o xeito de reproducilo, co compromiso de devolvelo íntegro ós seus propietarios no menor tempo posible.

Dito material copiado, ademais de como reclamo publicitario para este evento, quedaría como fondo do Concello no arquivo, para futuras edicións.

Espérase a colaboración do vecindario.

O cartel da II Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures na revista de tirada nacional “Motor Clásico”.

No exemplar desta revista especializada nos vehículos antigos de febreiro de 2008, aparece a toda plana o cartel anunciador desta feira que se celebrará en Pontecesures (zona do peirao) o domingo día 6 de abril de 2008.
Pola importancia do evento, espérase que asistan ese día a Pontecesures moitos afeccionados ós coches e motos antigas.

Aparecen en Cesures pintadas contra la alcaldesa y Sabariz

Las paredes de la biblioteca municipal de Pontecesures aparecieron ayer con varias pintadas en las que se leían mensajes contrarios a la alcaldesa de la villa, Maribel Castro, y al concejal no adscrito Luis Sabariz. En color negro y bajo las ventanas del edificio público, podían leerse las frases “Demite Maribel” y “Demite Sabariz”. Es la segunda vez en pocas semanas que aparecen en la localidad pintadas de este tipo.

DIARIO DE AROUSA, 21/02/08

imagen-001-web.jpg
imagen-002-web.jpg
imagen-004-web.jpg

E TRAS LER A NOVA NO PERI?DICO…

o concello dignouse a, polo menos, tapar o oco con un taboleiro de madeira.
Tras 9 días sen cristal na porta, por fin se medio-solucionou o tema, xa que aínda que sexa un apaño provisional(AGARDAMOS) polo menos agora, podemos volver a deixar alí algunhas cousas que nesta semana non podíamos deixar: bebidas, a “play” coa que xogamos o campionato de PES8 os sábados, etc.
Dende aquí agradecemos a pronta actuación do concello, xa que segundo os responsables do mesmo, non tiñan coñecemento algún desta situación, e parece ser que en canto se enteraron…déronlle solucion….será que non visitan moito esta páxina….

A PORTA SEMIARRANXADA 20/02/2008