ENTROIDO 2014 PONTECESURES.

CARTEL entroido 2014web

 

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2014.  As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.

O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes.  O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Bases:

As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 28 de febreiro nas Oficinas do Concello.  O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 ? en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 ?.

No seguinte enlace pódense descargar as bases e formulario de inscrición para o ENTROIDO 2014 de Pontecesures:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=582

 

 

O plan de xestión de RSU da mancomunidade do Barbanza.

Como Pontecesures está adherido a este sistema de recollida levándose o lixo que se recolle á planta de Lousame, insertase este artido de opinión do presidente da mancomunidade Serra de Barbanza/Outes.

“AS POLÍTICAS actuais da Unión Europea en materia de residuos sólidos urbanos reflíctense na comunicación da Comisión de 27 de maio de 2003, no sexto programa e na Directiva 2008/98/CE («Directiva marco de residuos»). Pola súa banda, no estado español, a Lei 22/2011, promove a implantación de medidas de prevención, a reutilización e o reciclado dos residuos, conforme ao que establece a Directiva marco.

En Galicia, pola contra, aínda resoa o eco do informe de fiscalización do Consello de Contas de Galicia sobre a Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A., onde se sitúa a Sogama fóra da idea europea por incinerar masivamente os residuos e non contemplar a compostaxe.

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2020) inclúe como obxectivos xerais entre outros:

??Potenciar a xestión/recollida en orixe da fracción orgánica dos residuos Municipais.

??En relación coa materia orgánica, acadar o 25 por cento de valorización material total de FORSU no ano 2020. Impropios menores ao 20 por ciento.

Ademais, no Plan Nacional Integrado de Residuos (PNIR) 2007-2015, márcase como obxectivo do Plan de Residuos Urbanos, entre outros:

??No ano 2012 lograr a compostaxe, polo menos, do 50% da fracción orgánica.

O Complexo Medioambiental da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza está inspirado na normativa ambiental vixente e foi financiado pola Unión Europea con fondos FEDER e de Cohesión.

Das 25.000 toneladas que, aproximadamente, entran no complexo ambiental, unhas 12.000 corresponden á fracción orgánica. Hai que ter en conta que no proceso de compostaxe, que é aerobio, evapórase a auga e prodúcese CO2, co que cada quilo de materia orgánica, dá lugar a un máximo de 0,15 kilogramos de compost. Polo tanto, da reciclaxe das 12.000 toneladas de materia orgánica, a máxima produción anual de compost é de 1.800 tm/ano. Precisamente esta circunstancia é una vantaxe máis da compostaxe.

Nas restantes 13.000 tm, aproximadamente, o vidro supón 2.000 kg, o papel cartón 5.000 kg e os envases lixeiros 3.000 kg.

O nivel de clasificación para entregar a recicladores destes materiais oscila entre o 70 e o 75 por cento, sen ningunha dúbida, os máis altos de Galicia.

Tamén se debe facer notar que unicamente se destinan ao vertedoiro de “pacas”, aquelas fraccións que non son susceptibles de ningún aproveitamento, despois do correspondente tratamento.

A Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza iniciou no mes de xullo pasado, a realización dunha Auditoría, na que se detectaron determinados incumprimentos por parte do actual concesionario e que, tras ser analizados polos órganos de goberno, derivarán nas actuacións que proceda co obxectivo de lograr o establecido no Plan de Xestión Mancomunado en canto a calidades do compost, niveis máximos de rexeites ao vertedoiro (30 por cento) e algunha outra circunstancia.

Sen ningunha dúbida a estratexia europeísta, ecolóxica e eficiente de xestionar o lixo, pola que apostou a Mancomunidade, está máis vixente hoxe ca nunca e, ante os interrogantes da incineración, moitas administracións locais miran cara a nós, con xustificado interese.

Finalmente indicar que, se partimos de datos oficiais (Memoria anual de xestión do Complexo medioambiental, e memoria do PXRUG 2010-2020), compróbase que a contía de residuos reciclados ou clasificados, para a súa entrega a reciclador, responden ó seguinte detalle:

??Complexo Barbanza : 102,27 kg/habitante/ano.

??Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) : 7,62 kg/habitante/ano.

Evidentemente, sobran máis comentarios. Que cada quen obteña as súas propias conclusións.”

 

 

*O autor é presidente da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza.

El Correo Gallego

Outra decepción: Pontecesures non opta a un obradoiro de emprego.

Con decepción coñece esta agrupación de que o noso concello non está incluído nos que solicitaron obradoiros de emprego ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 23 de decembro de 2013 (DOG do 10/01/14).
En base ao número de desempregados o Concello de Pontecesures non podía solicitar o obradoiro de emprego só, senón que tiña que facelo xunto con outro ou outros da zona (por exemplo sí o fixeron conxuntamente Valga, Cuntis e Moraña). Pero o goberno local de Pontecesures, coa pasividad habitual nestes case tres anos que levamos de mandato, non xestionou a solicitude con outros concellos e un ano máis nos quedamos sen obradoiro de emprego. Non se traballa, non hai ilusión, non hai xestión, nin sequera se tenta conquerir as axudas doutras administracións.
Con tantos desempregados que temos, xoves como maiores, resulta triste o sucedido. Moito falar as forzas que integran o goberno que ían adoptar medidas para paliar o desemprego e agora atopámonos con isto. Moito criticar a xestión do goberno anterior (por certo, no período 2007/2011 sí houbo un obradoiro de emprego), cando agora temos un goberno totalmente ineficaz. A única medida a prol do emprego do actual goberno foi retribuirse a eles mesmos coa adicación exclusiva de tres dos seus membros por primeira vez na historia de Pontecesures. E moitos non entendemos para que.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Aplazan al 7 de marzo el desahucio de Pontecesures.

Des2

El siete de marzo a las once de la mañana. Esa es la nueva fecha dada por el juzgado de Caldas a la familia de Victoria Santiago para desalojar la vivienda que ocupan en el lugar de Monte de Porto (Pontecesures). El desalojo estaba previsto, inicialmente, para mañana, pero la intervención in extremis de la plataforma Stop Desahucios y de sus asesores legales han permitido ganar tiempo. Casi un mes de tiempo.

El abogado Ignacio Delgado fue el encargado, desde Madrid, de presentar un escrito de alegaciones a una sentencia de faltas que desembocaba, sorprendentemente, en la orden de desahucio de la familia de Victoria Santiago. Su apelación se centraba, básicamente, en el hecho de que un procedimiento penal por amenazas y coacciones no puede terminar, en ningún caso, dilucidando la titularidad y los derechos sobre una vivienda, un asunto que debe aclararse por otras vías y atendiendo a la complejidad de la historia de Victoria Santiago, su ex marido y la última pareja de este.

Ignacio Delgado reconocía ayer desconocer las razones por las cuales el juzgado ha decidido retrasar casi un mes el desahucio de la familia cesureña. En cualquier caso, ese tiempo a mayores se exprimirá al máximo. De momento, ya se ha preparado una demanda «para la adopción de medidas cautelares de paralización definitiva del desalojo de Victoria Santiago y su familia ante el Tribunal europeo de Derechos Humanos de Estrasburgo».

El margen de tiempo ganado por su familia ha aliviado, en parte, la tensión a la que esta está sometida. Aun así, Victoria Santiago señalaba ayer tarde que haber ganado unas semanas no es motivo suficiente para «estar tranquilo». «Tranquilos estaríamos se isto xa estivera rematado, pero o que gañamos foi uns días máis, pero o sete de marzo tamén acabará chegando», señalaba esta mujer. Reconoce que «toda a nosa esperanza está posta na plataforma» Stop Desahucios Barbanza, un colectivo que parece haber logrado frenar la primera amenaza de desahucio.

Mientras este grupo de apoyo trabaja explorando vías judiciales, el Concello de Pontecesures intenta poner su granito de arena y busca algún lugar en el que reubicar a la familia en caso de que esto llegase a ser preciso. Pero no es sencillo. A fin de cuentas, en la casa vive Victoria con su actual pareja, su hija, su hijo, la mujer de este y dos niños menores. Dos rapaces, dicen desde Stop Desahucios, por los que debería velar, de oficio, la Fiscalía.

«Tranquilos estaremos cando isto remate», dice la portavoz de la familia afectada.

La Voz de Galicia

Gala Solidaria “Contos Coros Azuis” a favor de Anedia (Asociación de nenos e nenas con diabete en Galicia)

Gala Solidaria

 

Coa colaboración da Coral Polifónica Pontecesures, o Coro Infantil Melodías de Pontecesures e a solista cesureña Cristina Mariño Fernández

Para mercar a tua entrada tes que entrar na páxina de www.servinova.com, entrar en Agenda, despois en Pontevedra e marcar o dia 28 de febreiro. Alí temos un enlace para mercar a entrada a 3?