O Museo Casa de la Troya divulgará a figura do cesureño, Manuel Otero Acevedo.

O Museo Casa de la Troya recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago de finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya, cuxa primeira edición –con capa ilustrada por Castelao– data do ano 1915. Nestes tempos de pandemia, coa mobilidade limitada, o museo quere achegarse a toda Galicia a través do ciclo A Troya en ruta, en particular ás localidades vencelladas cos personaxes da novela, en colaboración coa Deputación da Coruña.

O ciclo arranca este sábado, 27 de marzo, no Casino de Carballo. Ás 19.00 horas proxectarase o documental A Compostela de La Casa de la Troya, centrada no mundo troyano, de media hora de duración, que se estreaba en 2018 coincidindo co 25º aniversario da apertura do museo. A entrada é libre ata completar o aforo. A través deste ciclo búscase ademais divulgar a figura de persoas que estiveron ligadas á novela e ao seu tempo como Manuel Casás, de A Coruña; Camilo Bargiela, de Tui; Javier Puig, de Pontevedra; Manuel Otero Acevedo, de Pontecesures… E procurarase facer nas localidades vencelladas ás biografías de cada un deles.

Despois da proxección do documental no Casino de Carballo manterase un coloquio co público asistente sobre a figura de Enrique Labarta Pose, estudante en Santiago, natural de Baio (Zas), que aparece na novela de Lugín como o personaxe de Casimiro Barcala. Presentarao o vicepresidente do Padroado da Casa de la Troya, Juan Carlos Díaz. Intervirán o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o director de Arraianos Producións, Aser Álvarez; o actor do documental Suso Martínez; e do director do Museo Casa de la Troya, Benigno Amor.

O documental está dirixido por Aser Álvarez e Benigno Amor, filmado por Nacho Santás e nel actúan Suso Martínez e Jaime Amor. Benigno Amor é o presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Explica que “se trata dunha viaxe aos tempos de La Casa de la Troya, a novela de Pérez Lugín. Manolito Casás, personaxe da novela, aparéceselle a un neno na Casa de la Troya e lévao a facer un percorrido polas rúas de Compostela, lembrando os seus anos de universitario”.

Recolle a historia desta casa tan vencellada aos universitarios e á capital galega. Situada en pleno casco histórico da cidade, desde 1886 ata 1906, a Casa de la Troya comezou como hospedaxe de estudantes rexentada por Doña Generosa. Nela aloxábase o personaxe principal da novela de Lugín, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Abriu como museo en 1993, xestionado pola Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos.

O relato mestúrase con intervencións como a do exalcalde de Santiago, Xerardo Estévez; Darío Villanueva, o exdirector da Real Academia Española e exreitor da Universidade de Santiago; Encarna Otero, profesora de Historia e exconcelleira; José María Fonseca, antigo tuno e presidente de Bodegas Terras Gauda; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Suso Couceiro, libreiro; e Waldo Caamaño, antigo estudante.

El Correo Gallego

BASES PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA CUBRIR OS POSTOS DE ENCARGADO/CAPATAZ DE BRIGADA, PEÓN CONDUTOR DE VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E PEÓN FORESTAL PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS.

Data de publicación destas bases no BOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra): 17/marzo/2021.

Acceso á publicación no BOPO:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/17/2021011072

Polo tanto, a partir desta data  e segundo as bases o prazo para presentar solicitudes (ANEXO I, ANEXO II e o resto da documentación) serán 10 días hábiles dende o 18/03/2021 ata o 05/04/2021.

 BASES DESTA CONVOCATORIA

 ANEXO I (IMPORTANTE SELECCIONAR O POSTO SOLICITADO)
 ANEXO II
 

ACTAS DE SELECCIÓN DE PERSOAL NO CONCELLO DE PONTECESURES DOS POSTOS SUBVENCIONADOS POLO PLAN CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

A continuación publicanse ás actas de selección de persoal dos días 11 e 12 de marzo de 2021 nas que se seleccionaron 4 peóns de obra pública, 2 limpador@s e 1 administrativ@. Estos postos serán subvencionados pola liña III do PLAN CONCELLOS 2021 da Deputación de Pontevedra.

Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 1 ADMINISTRAV@ 12/MARZO/2021
Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 2 LIMPADOR@S 11/MARZO/2021
Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 4 PEÓNS DE OBRA PÚBLICA 11/MARZO/2021

Una familia descubre un singular capitel romano en su finca y lo cede al Museo da Historia de Valga.

Un técnico junto al capitel aparecido en la finca familiar | cedida

La familia Freire Lorenzo, de Ferreirós (Valga), recuerda de siempre una piedra un tanto peculiar en su huerta, pero tras unos trabajos recientes le advirtieron que podría tener valor patrimonial y así ha sido. Se trata de un capitel romano perteneciente al conocido como “estilo Setecoros” y es similar a otro que se conserva en el Museo de la Catedral. Así lo certificaron los técnicos municipales y de Patrimonio, aunque todavía falta su informe definitivo, así que lo ha cedido al Concello para, una vez se restaure y limpie, pueda exhibirse en el Museo da Historia.

Loli Freire y el alcalde, José María Bello Maneiro, firmaron ayer el acuerdo de cesión y desde el gobierno local agradecieron este gesto “desinteresado” para “seguir recuperando e divulgando” la historia de Valga. De hecho, para el técnico del Museo, Santiago Chenlo, es la “comprobación de que nas casas dos veciños aínda se conservan elementos de gran interese” y destacó su vertiente educativa pues son muchos los escolares que visitan el centro.

A la espera de las conclusiones definitivas, fuentes municipales explicaron que el capitel es muy similar a otro del museo compostelano, datado entre los siglos III y IV (época tardorromana). Además, parece ser del mismo material: mármol de O Incio, “específico deste estilo arquitectónico do que tamén están feitos os dous fustes de columna e os dous capiteis que se conservan na Igrexa de San Salvador de Setecoros”.

También indicaron que técnicamente pertenecería a los inicios de “estilo Setecoros” por su decoración vegetal en varios anillos sobresalientes porque luego evolucionó a un trabajo más minucioso, incorporando, por ejemplo, zonas encordadas. Asimismo destacaron que presenta un agujero y una rotura, así que se cree que se le dio algún uso. “Ata o de agora só se tiña coñecemento da conservación de oito destes capiteis: catro no Museo de Pontevedra, dous no da Catedral e outros tantos na igrexa de Setecoros. Deles tan só un dos da Catedral presenta a mesma fractura que o de Ferreirós”, añadieron. 

Diario de Arousa