BALONCESTO: HORARIOS DA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS

Esta semana todos os equipos xogan fora da casa. 

SENIOR ZONAL: Xogan contra o Portonovo, equipo que vai lider invicto, este sábado ás 20 h. no polideportivo de Baltar-Portonovo.

CADETE MASCULINO: Partido contra o Xuven de Cambados, sábado ás 12 en Cambados.

INFANTIL MASCULINO: Xogan Sábado ás 10 en Marín, contra Peixegalego.

INFANTIL FEMENINO: Domingo ás 12 no polideportivo de Carril, contra o Cortegada.

ALEVIN MIXTO: O minibasket tamén xoga o Domingo ás 10.30 en Carril, contra Cortegada.

Por fru, hace

Un motorista de Pontecesures resulta herido al colisionar con un coche en Campaña.

Un vecino de Porto, en Pontecesures, de iniciales J.G.P., de 59 años, resultó herido con traumatismos en la cadera y erosiones tras sufrir un accidente de tráfico en la Rúa Nova de Campaña, en el municipio de Valga.
El motorista se dirigía hacia la carretera PO-548 cuando, un vehículo que circulaba en dirección contraria, no percibió su presencia en la calzada y lo embistió cuando quería girar a la izquierda para dirigirse a la zona en la que se encuentran varias fábricas. Una ambulancia del 061 se encargó de trasladar al herido al Hospital de Santiago.

El conductor del coche, J.M.C.M., vecino del lugar de Isorna (Rianxo), resultó ileso, según informaron fuentes de la agrupación de voluntarios de Protección Civil de Valga.

DIARIO DE AROUSA, 05/11/08

Esta operativa dende hoxe a dirección única na rúa Deputación.

Os vehículos na citada rúa deberán circular dende a praza dos Valeiros de Porto en dirección á rúa Portarraxoi, quedando prohibido circular en sentido contrario.
Tamén hai uns días quedou fixada a dirección única na rúa Migúens Parrado, podendo unicamente os vehículos circular dende o Camiño de San Xulián e a Plazuela en dirección ó parque infantil e á estrada nacional.
Estas medidas foron adoptadas para evitar atascos e situacións de risco nestas dúas rúas. Esperemos que sean efectivas para ben de todos.

O EXTRUGASA PERDE CO MOTOBAZAR POLA MALA DEFENSA DO 1º CUARTO

EXTRUGASA RIO ULLA = 52 Gulli (5), Peñaño (10), Pino (6), Pedro (3), Santi (10), Arturo (4), Felipe (5), Pepi (9), Juanjo (-) . 

MOTOBAZAR VILAGARCIA = 57 Partido que o Extrugasa perdeu pola mala saida no 1º cuarto. A defensa en zona 3-2 inicial, posta para proteger ó equipo das faltas, logo de ter 4 xogadores lesionados (Pedrito, Diego, Victor e Nacho) foi unha coladeira e permitiu canastas fáciles cerca do aro, ou segundas opcións. Mediado o 1º cuarto, o marador reflexaba un 5 ?? 15, e cambiase a unha zona 2 ?? 3 pechada, e para algo a anotación do Motobazar, pero son minutos que Extrugasa non ve aro: tan só anota 2 puntos Pino. No minuto final do cuarto Motobazar pega un novo tirón con 5 puntos e deixa o marcador nun desalentador 7 ?? 22. 

Sae o Extrugasa cunha defensa individual que lle da mais intensidade, e pouco a pouco empeza a acortar distancias. Motobazar pechado nunha zona 2 ?? 3 que neste inicio de cuarto rompe ben Pino dende poste alto asistindo a Santi. E os vilagarcians que teñen probleas para anotar. No minuto 15 o marcador está nun 16 ?? 26. Cachote e Gulli anotan cadansua tripla case seguidas e as diferencias que se cortan a un 24 ?? 27 quedando menos de 2 minutos para o descanso. Pero unhas perdas de balón, unidas ó acerto de Motobazar, con tripla final antes do descanso deixa o marcador en 24 ?? 34 para os vilagarciáns.  O 3º cuarto foi un calco do 2º: Peñaño e Pepi mais acertados en ataque, e o Extrugasa que  volta a intentar a remontada: min 25. 30 ?? 37. Os cesureños que a base de defensa logran un parcial de 6 ?? 0 e se achegan a 1 punto. Incluso teñen balón para poñerse diante, balón que Gulli lle pasa a Pino no poste baixo, e este non é capaz de aproveitar, todo elo á falta de 2 minutos para o final do cuarto. E de novo Motobazar que quega un tirón e remata o cuarto 6 arriba: 38 ?? 44. 

E xa no derradeiro cuarto, Motobazar que se mantén diante no marcador (42 ?? 47), pero 2 triplas de Peñaño achegan de novo ó Extrugasa (48 ?? 49). Inda que foi un espellismo, o equipo sen acerto no tiro exterior(5 de 32 triplas en todoo partido), e sen un home de referencia na zona dos vilagarciáns veu coma se foi a victoria para o Motobazar.  Agora o equipo está na zona de abaixo da taboa. Ultimo é Cambados con 0 victorias e 3 derrotas. Logo con 1 victoria e 2 derrotas estamos 4 equipos: Vilanova, Estudiantes, Meco e nos. Sorprende o Meco, un equipo que estivo os 2 anteriores disputando a liga ata o final. E agora toca visitar a cancha do lider Portonovo, equipo ascendido cando nos e reforzado este ano con xente de Marín e Pontevedra, e logo ven a cesures o Meco, para acabar indo a Marín contra o Laxe. Así que o calendario se nos presenta moi complicado neste mes de Novembro. Por eso este partido tiña unha importancia tremenda.

BALONCESTO: HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR: Domingo ás 19.30 h. en Pontecesures contra o Motobazar de Vilagarcía.

Partido que pode resultar moi importante na tempada, pois en teoría é un rival ó que pode gañarse, co que o equipo poñeríase 2 victorias e 1 derrota, e quedaría pola zona media da taboa. En caso contrario, empezarían os problemas para o Extrugasa, pois as proxímas semanas xoga contra os 3 favoritos, seguidos: Portonovo, Meco e Laxe. Así, conseguir a victoria esta fin de semana é moi importante para coller moral diante do duro calendario que toca a continuación.

CADETE: Domingo ás 10.30 h. en Pontecesures, contra o BBC de Vilagarcía.

INFANTIL MASCULINO: Sabado ás 12 en Pontecesures, contra A Estrada.

INFANTIL FEMENINO: Sábado ás 12 en Pontevedra, contra o Arxil.

por último, os ALEVINS inician o seu campionato, xogando este Domingo ás 12.30 h. en Pontecesures, diante do Arxil de Pontevedra.

Por fru, hace

Novo libro de Xosé Carlos Beiró.

Coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ) acaba de saír a luz pública un novo libro, Historia do Convento de Carmelitas Descalzos de San Xosé de Padrón (1698-1877), cunha extensa e intensa obra de investigación sobre os Carmelitas en Padrón levada a cabo por Xosé Carlos Beiró Piñeiro.

O escritor (historiador padronés que xa con anterioridade publicara outro interesante tratado sobre tal tema) presenta agora un novo e máis rigoroso e profundo estudo, partindo dende o primitivo comezo coa mesma construción do convento, sobresaíndo para elo o mecenado de D. Alonso de la Peña Rivas Montenegro, bispo de Quito-Perú, e a intervención non menos decisiva aínda do non tan coñecido de D. Juan Domínguez Fabeiro, sobriño do bispo, ós que se lle debe asemade o pazo urbano padronés de Quito, dúas monumentais obras que aí están para a historia e xeral admiración, sen deixar no esquecemento as diversas persoas que eran os propietarios dos terreos onde se levantaría o convento e das que o autor dá conta detallada na súa obra.

Sabido é que o convento do Carme, no alto do máis típico barrio padronés daTrabanca destaca entre os conxuntos máis senlleiros do patrimonio cultural de Padrón e de Galicia, avalando como dicimos a importancia histórica, monumental e turística da vila xacobea por excelencia das terras de Padrón e Iria Flavia.

Á parte, unha curiosa serie de gravados con que se ilustra esta obra, non deixa o autor de amosar polo miúdo os detalles das diversas circunstancias, como Padrón no século XVIII, As primeiras noticias dos Carmelitas, A guerra da Independencia na xurisdición de Padrón, o porto e aduana da Ponte,etc., e o desfile de referencias a outros lugares e aldeas do contorno padronés: Iria, A Matanza, Valga, Herbón co convento dos Padres Franciscanos…
E digamos en definitiva, que se sempre a aparición dun novo libro (presentarase o día 30 en hora e lugar que se anunciará oportunamente) é motivo de celebración, no presente caso a felicitación e noraboa para Xosé Carlos Beiró Piñeiro pola súa condición de autor e padronés resulta máis que obrigada.

Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 21/10/08