Expectación en Carreiras para presenciar o encontro de solteiros contra casados.

O partido de fútbol é o domingo, 3 de xaneiro, ás 16:30 horas no campo Ramón Diéguez do Monte de Porto, e con este evento comezan as festas da Raíña dos Anxos 2010. A lista de convocados para formar parte dos dous equipos atópase exposta na tenda de Salvador, e hai unha gran rivalidade que está a espertar expectación entre os veciños. Espérase unha boa entrada na instalación deportiva do Monte de Porto.

Os socialistas cesureños, críticos co remate das obras feitas na vila

Rematou o ano 2009 e inauguráronse as obras do Plan E financiadas polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. As presas traen innumerables deficiencias, que nós, os socialistas de Pontecesures estamos obrigados a denunciar, para que sexan subsanadas para o desfrute dos cidadáns do noso concello.

Empezamos pola Prazuela, centro neurálxico da vila, que precisa a mellora da iluminación instalada, que ao noso parecer, é moi escasa é precisa de máis puntos de luz. Neste mismo lugar o paso de peóns que cruza a rúa ten un rebaixe, que en poucos días feito, provocou moitas caídas, por agora sin graves consecuencias, de persoas maiores. ? necesaria a mellora deste acceso a Prazuela para non lamentar accidentes de peores consecuencias. Como xa se denunciamos noutras ocasións, sigue presente na Prazuela un enchufe eléctrico ao alcance dos máis pequenos. Pedimos urxentemente a súa eliminación ou tomar as medidas necesarias para que deixe de ser un perigo. Bótase en falta mobiliario urbano, presente anteriomente, como son papeleiras e xardineiras, tan necesarias e que aumentan a beleza do entorno.

O novo asfaltado das rúas considerámolo deficiente, xa que se suceden os problemas de embolsamento de auga, non sempre achacables ás chuvias intensas como as que estamos a padecer nos últimos días. Estes acúmulos de augas provocan dificultades aos peatóns e perxuicios aos comercios do centro da vila. Ademáis, bótanse en falta máis aliviadeiros de augas pluviais.

Os veciños e veciñas de Pontecesures pregúntanse cando rematarán as obras das beirarrúas en curso. Exténdese a sensación de provisionalidade na execución das obras, alargándose no tempo e aumentando as molestias para os viandantes que deben sortear innumerables obstáculos e camiñar pola calzada.

Sabemos que as obras están rematadas e cumpliron os obxectivos do Plan E 2009; pero seguimos considerando que outras zonas do Concello precisan actuacións moito máis urxentes e necesarias que as xa realizadas. Entre elas podemos destacar:
– Alumeado e saneamento do Souto, Monte de Porto, Redondo, Grobas.
– Canalización do Telleiro e depuración das augas residuais alí verquidas ao río Ulla, precisamente no lugar onse se realizan as capturas das lampreas,
– Construción e mellora e beirarrúas e firmes en Carreiras, Redondo, San Xulián

Agardamos que o grupo de goberno municipal teña en conta estas propostas a hora de dispoñer de axudas de diferentes organismos oficiais, para mellorar a calidade de vida dos veciños destes lugares, que merecen a mesma consideración que os que viven no centro da vila.

O 2 de xaneiro abre a tempada para a captura de lamprea no río Ulla

Como baixa auga dabondo polo río Ulla e con moita forza, non se sabe cantos valeiros colocarán as nasas butrón neste no primeiro día de campaña.
Xurdiu ademáis unha incidencia importante. No pantalán de Pontecesures, por ámbalas dúas marxes, están amarradas varias embarcacións de recreo alleas a esta campaña da lamprea que van prexudicar os labores dos valeiros, porque ocupan o espazo que deben ter as lanchas dos pescadores. Por esta razón foi solicitada a intervención de Portos de Galicia para que as embarcacións sexan retiradas.

Faleceu Carlos Jamardo García.

Carlos Jamardo García, de Porto, era viúvo de Mercedes Doce González, e morreu hoxe á idade de 74 anos.
O cadáver está a ser velado na sala 1 do tanatorio Iria Flavia de Padrón, e mañá, 2 de xaneiro, ás 16:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Recibirá sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Morreu Carmen Márquez Magariños.

Aos 86 anos de idade morreu hoxe, Carmen Márquez Magariños, viúva de Adolfo Castiñeiras Grela e veciña de Porto de Arriba.
O velorio é na sala 2 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, día de primeiro de ano, ás 16:15 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. A continuación o cadáver será trasladado ao cemiterio parroquial de San Xulián, para lle dar sepultura.
Descanse en paz.