E obrouse o miragre…¡¡¡ hai uns días, logo de que o PP denunciara o estado da rúa Nova apareceu todo un rexemento de maquinaria e tubaxes para tratar de repoñer ao estado orixinal a emblemática obra do BNG en lexislaturas pasadas.. ao final vaia se lle importaba a Tocino … Por certo… resulta curioso que os que antes se escandalizaban na anterior lexislatura por un cono enriba dunha beirarrúa durante dúas semanas, agora con unha boca de metro durante case tres meses debe resultarlles do máis normal. Con todo elo, 82 días despois a rúa Nova sigue pechada con un valado metálico, agardando a que alguén coloque os adoquíns que levan amoreados xa hai semanas. E así todo.
Imagen del encuentro mantenido durante la jornada en la que aparce la cesureña, Cecilia Tarela.
El cabeza de lista del BNG por la provincia de Pontevedra, Luís Bará, se reunió con representantes del BNG de las comarcas de Pontevedra y Ulla-Umia. Un encuentro —en el que participaron los líderes del Bloque de Caldas, Cuntis, Moraña, Valga, Pontecesures y Portas— que sirvió para movilizar a la formación nacionalista de la provincia de cara a las elecciones autonómicas del 18 de febrero.
Bará aseguró que “hai partido” y alentó a los representantes nacionalistas “a saír a por todas e pelexar cada voto ao PP para empezar un tempo novo en Galiza co Bloque á fronte da Xunta”. En este sentido, el cabeza de lista defendió que existe “unha maioría social”, que cifró en un 60 % de la población, “quere un cambio”, por lo que apuntó que existe “unha grande oportunidade” porque “o BNG está co vento a favor” frente a un PP “que vai a menos cun candidato gris e mediocre que non ilusiona”.
Asimismo, Bará llamó a la participación de la ciudadanía a “unha cita coa historia” y recordó que en las elecciones gallegas de 2020 el PP se hizo con el último diputado en tres provincias, en la de Pontevedra por una diferencia de 96 votos.
Moitas ganas, moito compromiso, no encontro comarcal cos compañeiros da contorna de Caldas de Reis. Xuntos seguiremos traballando para acadar a vitoria de Alfonso Rueda Valenzuela.
Que a festa do churro ten tirón e atrae xente tanto no verán coma no inverno non é extrano para ningúen…. pero o día 8, festivo local en Pontecesures, o estado do entorno da Prazuela, onde onte se celebrou onte a Festa do Churro “loce” como mostran as imaxes. Noutros anos, ao día seguinte o personal de limpeza viaria e un vehículo cistena deixaban a Prazuela impoluta. Mágoa que non sucedese así en esta ocasión.
El presidente de la Xunta y candidato a la reelección por el PP, Alfonso Rueda, se ha sumado este martes a las miles de personas que están acercándose a Valga para disfrutar del enorme belén artesanal en movimiento que cada año ponen en marcha los vecinos y las vecinas de la localidad. Alfonso Rueda acudió acompañado por el alcalde de esta localidad del Baixo Ulla y, como todos los visitantes ilustres, dejó su firma estampada en el libro que para tal fin está disponible en el recinto. Este año, como todos los anteriores, el belén está suscitando un gran interés: más de 35.000 personas ya han pasado por allí.
«A alcaldesa quere facer un polígono industrial que non sexa industrial ou ben quere rebentalo e que vaia para Valga», di o voceiro do PP
«A alcaldesa quere facer un polígono industrial que non sexa industrial ou ben quere rebentalo e que vaia para Valga». Así arrincaba onte o voceiro municipal do Partido Popular e ata a pasada primavera alcalde de Pontecesures, Manuel Vidal Seage, a súa valoración da xuntanza que o pasado martes mantivo a rexedora cesureña, Maite Tocino (BNG), co responsable do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, para falar do proxecto de polígono industrial no lugar da Tarroeira promovido polo ente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
No citado encontro, Tocino reiterou a posición oficial que o Concello de Pontecesures mantén tras a chegada do bipartito BNG-PSOE ao executivo municipal, o pasado mes de xuño, pedindo dunha reformulación integral do proxecto do polígono recollida nas alegacións presentadas polo seu goberno hai un mes. Un xiro de 180 graos no que reclama descartar o destino do 100 % para actividade industrial dos 326.000 metros cadrados que se ocuparán limitando unha parte a actividade empresarial terciaria e aproveitando o resto do terreo para vivenda de promoción pública, equipamentos deportivos e zona verde. Un «sensentido», en palabras de Seage.
«A nosa alcaldesa quere facer un polígono industrial, pero non quere que sexa industrial […] o que demostra o cacao mental que ten e tamén o que sucede nun concello cando está dirixido por xente sen capacidade para elo», sostén o ex rexedor antes de abrir unha segunda posible lectura da proposta alternativa do bipartito cesureño: «Quizais estea a presentar un esperpento de proxecto porque quere cansar e torpedear a Xunta e que este polígono vaia para Valga».
Á fronte dun tripartito conservador que ata o seu desaloxo electoral en xuño apoiou firmemente desde o Concello o deseño inicial e inalterado do IGVS dun polígono integramente industrial, Vidal Seage afirma que a alternativa encabezada pola súa sucesora na alcaldía cesureña «carece absolutamente de sentido común e de rigor técnico. Antes no medio dos polígonos había casas e case calquera construción, pero desde hai un tempo vaise no camiño contrario, apostando en todos os sitios pola especialización de terreos para que os usos industriais non perturben nin causen molestias nas zonas residenciais e de lecer, e ela —pola alcaldesa— pretende xuntalo todo en apenas 30 hectáreas».
O voceiro do PP conclúe sinalando que desde o actual goberno local «queren facer unha mestura sen pés nin cabeza, cremos que só para dinamitar o interesante e necesario proxecto que impulsamos desde o goberno anterior».