A EMPRESA SUBMINISTRADORA DE ELECTRICIDADE GRUPO NATURGY INFORMA DE CORTES DE LUZ PARA O VINDEIRO SÁBADO 15 DE MAIO QUE AFECTARÁN A VARIOS LUGARES DE PONTECESURES.

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, a empresa subministradora –UFD/GRUPO NATURGY- informa o próximo día 15 de maio de 2021 deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade nas zonas e horarios seguintes:

CORTE DE 5.00 A 7.00 HORAS:

  • PORTARRAXOI.
  • DEPUTACIÓN (Nº 29 ata 41).
  • PORTO DE ABAIXO.
  • GORGULLÓN.
  • PRAZA DOS VALEIROS
  • CARLOS MASIDE.
  • DOCTOR OTERO ACEVEDO.
  • PATIFAS.
  • SAN LOIS.
  • RÚA NOVA.
  • CAMIÑO DE SAN XULIÁN.

CORTE DE 7.00 A 9.00 HORAS:

  • PORTO DE ABAIXO.
  • AVENIDA DOS NAMORADOS.
  • SAN LOIS.
  • EUGENIO ESCUREDO.
  • ZONA DA PRAZA DE ABASTOS.
  • TRAVESÍA DO MUELLE.
  • SAGASTA.
  • CAMIÑO DE SAN XULIÁN.

23 abril, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

«Os libros teñen esa capacidade única de entreternos, de instruirnos, de ser un instrumento que sirve para sair de un mismo e atoparse con un autor, unha autora, un universo ou unha cultura ao tempo de ofrecer a aposibilidade de sumerxirse profundamente no interior de cada un” Audrey Azoulay (Directora Xeral da UNESCO)

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que se apunta que nese día en 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Parecía entón unha elección natural que na Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, se decidira rendir unha homenaxe universal aos libros e autores nesta sinalada data, alentando a todos, e en particular aos xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións de aqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. Por este motivo, a UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

Para este Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, dende o Concello de Pontecesures queremos invitar a todas e a todos a empezar libros, a pasar as  súas páxinas e a atopar en eles un soplo de aire fresco para o presente e o futuro.

Así pois, todos os veciños e veciñas que desexen achegarse á Biblioteca Municipal de Pontecesures durante a tarde de este venres 23 de abril ou á Praza de Abastos-Casa da Lamprea durante todo o día o venres e toda a fin de semana poderán escoller un libro libremente entre unha selección de títulos duplicados da sala de lectura da biblioteca, aproveitando, deste xeito, a ocasión para atoparlles un novo fogar onde, de seguro, cumplirán a súa función: abrir ventás a universos impresos de experiencias e deleite para todas as idades e gustos.

VISITA DO DELEGADO DA XUNTA EN PONTEVEDRA

Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…

Rivas propón en Padrón medidas para incentivar o comercio de proximidade.

O candidato do BNG, terceiro pola esquerda, na praza de abastos.

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, defendeu en Padrón medidas para incentivar o comercio deproximidade e impulsar o consumo de produtos locais para reactivar a economía das cidades e vilas galegas.

Acompañado da concelleira nacionalista en Padrón, Bea Rei, o concelleiro en Dodro,Xoán Bautista, e membros do BNG da comarca; o candidato nacionalista visitou apraza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados, praza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados“con produtos frescos e galegos”. Mercados, dixo, que precisan apoio e incentivos. Insistiu na necesidade de seguir poñendo en marcha a rehabilitación dos mercados e a peatonalización de espazos públicos que favorezan a actividad comercial.

El Correo Gallego

O BNG de Pontecesures solicitou o luns pasado máscaras para os rapaces.

O pasado luns 20 de abril, o BNG propuxo na comisión de seguimento do COVID-19 as seguintes medidas:

– Proporcionar mascararillas reutilizables para os rapaces.
– Ubicar nas entradas á praza de abastos dous dispensadores de xel desinfectante.

Hoxe, o alcalde, ven de publicar que adoptará ambas medidas en breve. Dende o BNG, sentímonos moi satisfeitos pola posta en marcha destas aportacións que redundan no beneficio de tod@s.

BNG Pontecesures