
DÍA INTERNACIONAL DOS MERCADOS 25 DE MAIO: ACTIVIDADES NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES.

Portos de Galicia investirá preto de 100 mil euros na construción dun pantalán de pasaxe en Pontecesures. A obra atópase en tramitación ambiental previa á saída a licitación, e contempla tamén a ampliación do pantalán da escola de vela da vila.
Portos de Galicia construirá un novo pantalán de pasaxe no porto de Pontecesures. O ente autonómico destinará preto de 100 mil euros a esta intervención, que suporá tamén a ampliación do actual pantalán da escola de vela.
O pantalán terá acceso na rampla de descarga fronte á praza de abastos, e contará cunha porta metálica, a pasarela de 16 metros e dous metros de paso. Dende Portos destacaron a importancia deste equipamento; máis aínda ás portas do Xacobeo 2021.
Hai tempo que o concello demanda esta intervención, que mellorará o servizo que ofrece o porto cesureño ao tráfico de pasaxeiros.
Na actualidade, a obra atópase na fase de tramitación ambiental. Trátase do paso previo á súa saída a licitación. A intención dende Portos é axilizar os prazos o máximo posible.
Canal 7 Rías Baixas
Se o venres foi o turno da asitencia a 20ª edición da feira internacional de turismo gastronómico Xantares Ourense, onde o Alcalde Juan Manuel Vidal e o Tenente Alcalde Angel Souto foron convidados pola Consellería do Mar da Xunta para a celebración do día do Mar en Expourense, o sábado novamente tanto o Manuel Vidal como Angel Souto recibiron no peirao de Pontecesures a chegada polo Ulla unha veintena de representantes de tour operadores procedentes de Brasil, México, así como representantes de prensa especializada no sector turístico tanto nacionais coma extranxeiros, a fin de coñecer as potencialidades que a Variante Espiritual ata Pontecesures polo Ulla ofrece para o turismo relixioso e gastronómico.
Estes profesionais foron convidados no Hotel Casa do Rio a un briefing informal onde se intercambiaron agasallos e se informou das melloras previstas encamiñadas a dotar Pontecesures de infraestructuras axeitadas para acometer con éxito novos retos turísticos.
Non deixaron pasar a ocasión de interesarse pola tan afamada lamprea do Ulla, e tanto anfitrións coma convidados visitaron as instalacións da Casa da Lamprea e a remodelada Praza de Abastos onde gracias a Carmen Batalla e Tatiana puderon coñecer ,moitos por primeira vez, as nosas lampreas, as súas cualidades culinarias, a súa historia, arte de pesca e as celebracións gastronómicas que en Pontecesures xiran entorno á nosa Dama do Ulla.
Hoxe tivemos pleno extraordinario e urxente para aprobar o expediente de contratación dunhas obras que van a supoñer un cambio importante na zona portuaria e arredores da praza de abastos.
Un proxecto que se denomina”Recuperación do espazo público de Pontecesures cara á Ría” con un orzamento de 450.000 ? e no que leva traballando desde o mes de maio o equipo de goberno, os técnicos do Concello,un gabinete xurídico especializado en contratos do sector público e un estudio de arquitectura que elaborou o proxecto dedicándolle moito tempo para conseguir sacalo adiante a tempo.
Sen entrar en cuestións de arquitectura, unha das melloras que máis se vai agradecer é a construción de dous parques infantís na zona do muelle que tanto demandan as nais e os pais do pobo, un deles para nenos ata 4 anos e outro para nenos entre 4 e 14 anos.
Levarán un total de 10 xogos adaptados ás diversas idades, desde balancíns individuais ata conxuntos de torres e tobogáns.
Pois este inxente traballo por parte de un montón de xente para buscar e acadar financiamento para este tipo de proxectos, deseñar, elaborar os pregos de condicións, tramitar toda esta documentación por persoal administrativo do concello etc, foi tildada no Pleno de esta mañá polo portavoz do Psoe, o Sr. Araujo como “incompetencia a todos os niveis dos que interviñeron neste proxecto”.
Confeso certa incomodidade polo adxectivo… facía tempo que non me tildaban de incompetente, tendo como teño moito fallos, considero que todos os que dun xeito ou doutro aportamos horas para conseguir este e outros proxectos que iran xurdindo este ano non nos merecemos tales cualificativos.
Estou seguro que @s veciñ@s de Pontecesures non lle terán en conta este exabrupto do Sr Concelleiro Araujo, supoño que se deberá mais á unha falta de información que a outra cousa…aínda que tivo desde o venres pasado para consultar o proxecto e agora que o recordo nin el nin ningún membro da oposición se acercou a velo para ter un criterio formado á hora de votar nun Pleno…..
Juan Manuel vidal Seage
Resulta doado tratar de confundir á veciñanza? Sempre estaremos A FAVOR de facer obras que melloren a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas; sempre estaremos A FAVOR de afrontar inversións na nosa vila? o que criticamos é que asuntos tan importantes como éstes (ainda recoñecendo a dificultade da súa tramitación), sexan levados sempre a plenos urxentes e extraordinarios, apurando prazos, limitando o tempo para que os concelleiros e concelleiras da oposición poidan revisar os proxectos, poñendo en perigo acadar as subvencións e engadindo un gasto extra ao Concello pola convocatoria a ditos plenos.
Polo tanto, non falamos do obxecto da obras, senón da lentitude e inoperancia do equipo de goberno. Este proxecto foi presentado á Deputación de Pontevedra o pasado 18 de setembro (fai nove meses!), tempo dabondo para presentar o proxecto á aprobación do pleno? Sempre pode haber quen pense mal, e estes retrasos sexan só unha estratexia para acometer os traballos en vésperas dunha convocatoria electoral, pero en fin, son opinións.
Por certo, este proxecto, ao igual, que o aprobado fai dez días (tamén en pleno extraordinario e urxente, para a mellora da mobilidade e a seguranza viaria nas rúas do Castro e Infesta), son financiadas pola Deputación de Pontevedra? sí, ese organismo que o agora alcalde Pontecesures (xunto con outros correlixionarios), ??okupou? en novembro de 2016 para protestar polo reparto de fondos de dito organismo aos concellos.
Socialistas de Pontecesures
O Sr Araujo semella que non oímos o que se dí dende a outra punta da mesa?. O feito de que ningunha concelleira do BNG se sentase onte no pleno facilita moito as cousas á hora de que non haxa obstáculos físicos entre vostede e eu cando intervimos no Pleno?.
i) Non resulta fácil confundir á viciñanza? eso é o que pensa vostede?. A viciñanza é mais intelixente do que vostede cree..
ii) O proxecto foi presentado fai 9 meses?. Pero concedido en Maio?..¡¡¡
iii) Falou vostede de incompetencia a todos os niveis?. Pregunteille no Pleno dúas veces que aclarase a quén se refería co de incompetente?.e non soubo desenvolverse da tremenda falta de respeto que acababa de cometer..
iv) Xa que vamos de salva patrias e un xa vai sabendo a que xogan vostedes voulle a proponer un reto?
Probe a preguntar a algún dos que se sentaban daquela con vostede cando gobernaban a ver se andou pola, para vostede tan querida Deputación,facendo todo o posible para que este proxecto non fose adxudicado a Pontecesures??
E mo conta no próximo Pleno Extraordinario e Urxente?..
Juan Manuel Vidal Seage
O vindeiro mércores 14 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, procederáse á apertura das urnas para o reconto dos folletos correspondentes ao TAPEALAMPREA 2018. Deste reconto sairán os establecementos hostaleiros que recibiron máis votos (1º, 2º e 3º).
Así mesmo, tamén se procederá ao sorteo, entre os folletos, dos 3 premios en metálico (50, 30 e 20 ?).
Este será un acto público aberto para tódolos veciños/as.
Posteriormente informaráse, a través deste medio, dos 3 establecementos gañadores e dos 3 agraciados cos premios en metálico.
O venres 16 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Plenos, entregaránse os premios en metálico.
O domingo 18 de marzo -FESTA DA LAMPREA- entregaránse os diplomas aos 3 establecementos hostaleiros que recibiran máis votos. Esta entrega será no peirao de Pontecesures – a carón da Praza de Abastos- despois do pregón da Festa da Lamprea (o pregón comeza ás 12.00 horas).