Matizacións da oposición cesureña á nota do goberno local sobre a XIX Festa da Lamprea.

Criticou a oposición que non se convidara a ninguna autoridade de fóra aos actos da festa, especialmente aos alcaldes dos concellos limítrofes. Nada se dixo da supresión de comidas oficiais. Por certo; facendo referencia ao protocolo, tamén consideramos que deixa en moi mal lugar á institución o feito de non entregar no acto da letura do pregón un agasallo de lembranza ao preogoeiro cesureño que se desprazou dende Suecia para a ocasión. ? un detalle de educación, de respecto e de agradecemento en nome de todos os veciños que o goberno municipal pasou por alto.

Fala de choivas o goberno local para rebater que houbese ??charcos? baixo a carpa. Sen sentido o comentario, porque a instalación foi colocada tres ou catro días antes da celebración da festa. Evidentemente xa había a auga antes de colocala pero nos tres ou catro días previos ao domingo 6 de abril (xa baixo a cuberta) deberónse eliminar os charcos acondicionando o solo. Ainda por enriba, hai que dicir que como se colocaron en realidade dúas carpas pequenas, con caída de augas das dúas para o centro do recinto cuberto a auga baixaba para alí. Non só non foron eliminados os charcos, senón que se formaron máis pola deficiencia apuntada.

Claro que houbo xente que se foi en hora punta sen degustar a lamprea por falla de espazo. Nós fomos testemuñas e, sen entrar en guerras de cifras, alí o número de cadeiras non era, nin de preto, o das 800 das que nos falan.

Non se fixo referencia aos actos da festa en xeral. Criticouse que non houbera animación musical baixo a carpa na degustación e iso é unha realidade incuestionable porque non a houbo.

Non di a verdade o goberno afirmando que se venderon todas as racións de lamprea cociñada para a festa do mediodía. Todos sabemos que non foi así polas olas con lampreas que quedaron sen despachar na praza de abastos xa coa carpa prácticamente valeira. Sobrou bastante lamprea, é evidente.

Non deixamos mal nós á vila coas críticas, o que a deixou mal foi o goberno local que no tempo que leva á fronte do concello devalou moitísimo o evento. Claro que outros gobernos gastaron máis cartos na Festa da Lamprea, pero tamén lograban máis recursos e os eventos tiñan outros atractivos. Que lle pregunten, como dín, aos veciños como foron as anteriores edicións e como foron as tres últimas.

Sen entrar en polémicas, reiteramos o falla de interese e de implicación deste goberno coa Festa da Lamprea. E cobrando unha exclusiva tres dos seus integrantes é moito máis criticable.

Pontecesures, 10/04/14

Juan Manuel Vidal Seage (PP)
María Isabel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

A ACP pide que se axilicen os trámites para xustificar en tempo a obra da praza de abastos.

Ao abeiro da Orde da Consellería e Industria concedeuse ao Concello de Pontecesures unha subvención de 8.712 euros para a reparación dos tirantes da cuberta do edificio da praza de abastos que estaban bastante deteriorados cun orzamenteo global de 11.621 euros.

Pois ben; hai materiais de obra dende hai días no recinto pero da a sensación de que non rematou a actuación. O goberno local debe darlle a maior celeridade posible a este asunto, pois o 18 de decembro é o derradeiro día no que se pode presentar a documentación xustificativa do investimento na administración autonómica.

Unha vez máis hai que dicir que estamos diante dun goberno pasivo que deixa as cousas para última hora. Por outra banda, hai que dicir que non é de recibo que non saibamos nesta data os datos da adxudicación da obra. Intuímos que estarán entre os acordos dalgunha sesión da Xunta de Goberno Local pero entre que recibimos as actas deste órgano colexiado as veces con retraso e que o goberno local de pouco nos informa, descoñecemos este extremo.

Só queda esperar que a obra remate con urxencia e que a reparación sexa a solución dos problemas que presenta a cuberta da instalación.

Pontecesures, 29/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Satisfacción da ACP pola subvención da Xunta para o arranxo da Praza de Abastos.

Con gran satisfacción recibeu a ACP a concesión por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dunha subvención de 8.712 euros para a obra de «Reparación do Mercado Municipal de Pontecesures» que ten un custo total de 11.6216 euros (a diferenza debe achegala o concello), segundo o documento técnico redactado polo arquitecto municipal.

Con esta obra vanse reparar os tirantes da cuberta que presentan bastantes deficiencias podéndose ocasionar, de pasar máis tempo, situacións de risco. Precisamente a oposición, a través do voceiro do PP, interesouse nun pleno ordinario polo arranxo dunha serie de deficiencias estruturais no edificio de Praza de Abastos de Pontecesures. Esperemos que agora todas as deficiencias queden solucionadas contratando a obra o goberno local coa maior celeridade.

Pontecesures, 07/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

NOTA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A CONCESI?N DE SUBVENCI?NS POR PARTE DA XUNTA E DEPUTACI?N

O grupo municipal do Partido Popular recibe con satisfacción a nova da concesión por parte da Consellería de Economía e Industria ó abeiro da orden do 30/04/2013 que destina subvencións para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos, dunha subvención para obras de reparación no mercado municipal de Pontecesures por un importe de 8.712 ?.
Este grupo municipal xa se interesara no pasado Pleno do mes de Xaneiro polas deficiencias estruturais que presentaban ditas instalacións, presentando fisuras nos apoios das cerchas do tellado, e instando ó goberno municipal á elaboración dun informe de solidez e a levar a cabo as correspondentes accións correctoras. ? sen dúbida unha boa nova para os usuarios destas instalacións da Praza de Abastos e ven a amosar de novo o compromiso do goberno autonómico co comercio de proximidade.
Destacar do mesmo xeito, que despois de varias denuncias por parte do Partido Popular do mal estado no que se encontraba o Parque Infantil Vicente Moure, o goberno municipal, a través das subvención que concede a Deputación de Pontevedra dentro do Plan de Obras e Servizos, vai a poñer en valor unha area de esparcemento e lecer para os máis cativos do noso concello cun investimento de 48.268 euros.
Dúas boas novas que van a representar investimentos por parte do goberno da Xunta e a Deputación de Pontevedra e que se traducirán nun mellor aproveitamento destas instalacións municipais.