Anxo Rei, elixido mandatario local de Padrón.

Garantiu que mellorará a calidade de vida da veciñanza

Anxo Rei Arca co bastón de mando acompañado por membros da súa lista

Anxo Rei Arca co bastón de mando acompañado por membros da súa lista.

Anxo Rei Arca converteuse no segundo alcalde socialista do municipio dende a restauración da democracia hai case medio século e despois de que o PSdeG gañase as eleccións municipais. No pleno de constitución da Corporación da duodécima lexislatura, Anxo Arca recibiu o apoio dos seis edís do PSdeG e da representante do BNG, poñendo fin así a doce anos de goberno do Partido Popular.

O PSdeG-PSOE e BNG chegaron a un acordo de investidura e continuarán as negociacións os vindeiros días de cara a un posible pacto de goberno. Anxo Arca liderou a lista máis votada nas pasadas eleccións municipais, celebradas o 28 de maio, ao conseguir 2.002 votos, 151 máis que o Partido Popular (1.851 votos) e máis do triplo que o BNG (614), os tres partidos que obtiveron representación na Corporación, con 6, 6 e 1 edil, respectivamente. Dende as primeiras eleccións municipais celebradas en 1979, Padrón só tivo un alcalde socialista, cando Camilo Forján liderou un goberno de coalición entre 2007 e 2011.

Na súa intervención nun salón de plenos cheo de xente, Anxo Arca destacou “o meu inmenso agradecemento a toda a cidadanía padronesa que, co seu voto, posibilitou a apertura desta nova etapa” e tamén tivo palabras de recoñecemento para o goberno saínte, desexándolle o mellor ao seu predecesor, Antonio Fernández.

A nivel executivo, adiantou que «poremos en marcha un novo proxecto deseñado para mellorar a calidade de vida de todas e todos vos. Pídovos confianza e un pouco de paciencia porque lamentablemente as cousas importantes non se conseguen con rapidez”, insistiu Rei Arca. “Son moi consciente da enorme responsabilidade que acabo de asumir”, continuaba, antes de engadir: “Non pararei ata conseguir que todas e todos vos sintades aínda máis orgullosos ser parte deste fermoso pobo que é Padrón”.

El Correo Gallego

BNG e PSdeG-PSOE acordan gobernar Pontecesures en coalición.

A nacionalista Maite Tocino contará desta forma con 6 edís

Tres horas. Ese foi o tempo que lles levou aos representantes do BNG e do PSdeG-PSOE completar e asinar na tarde deste sábado o pacto d goberno co que se comprometen a xestionar xuntos o Concello de Pontecesures os vindeiros catro anos. Un acordo en liña coa histórica colaboración mantida polas dúas formacións de esquerdas ao longo do presente século na localidade do Baixo Ulla. Sen ir máis lonxe, durante os anos 2015 e 2016 coa nacionalista Cecilia Tarela como alcaldesa, ata que o seu entón terceiro socio de goberno, a TEGA de Ángel Souto Cordo, optou por cambiar de socios, virando o tripartito cara a dereita co popular Vidal Seage á fronte e Maribel Castro, de Independientes de Pontecesures, como a outra pata indispensable.

Foi a terceira xuntanza de traballo BNG-PSOE desde as eleccións do 28M. Unha reunión baixo o punto de partida do compromiso, nada máis coñecerse os resultados das municipais, dos socialistas liderados por Roque Araújo de apoiar cos seus dous concelleiros a cabeza de cartel do Bloque, Maite Tocino, como nova rexedora na súa condición de lideresa da forza progresista máis votada, con catro edís, un menos cós cinco de Seage (PP).

Cinco son os obxectivos comúns plasmados no pacto de goberno asinado por Tocino e polo responsable local do BNG cesureño, Alberto Rivas, e polos dous concelleiros do PSOE, Araújo e Conchi Gómez: mellorar a calidade de vida dos cidadáns do concello, fomentar a creación de emprego e promover políticas de desenvolvemento económico sostible, garantir a igualdade de oportunidades dos veciños, protexer e preservar o medio ambiente local e fortalecer a participación cidadá nos asuntos do municipio e da súa administración.

Reparto de áreas

Respecto á composición do goberno, despexada de antemán a titularidade da Alcaldía, o PSdeG xestionará a primeira tenencia de alcaldía e as concellerías de Promoción Económica e Emprego e Servizos Sociais, estas dúas últimas áreas, xestionadas polos socialistas no seu anterior paso polo goberno local, no que tamén levaban Deportes. A segunda tenencia de alcaldía e o resto das concellerías correrán a cargo do BNG.

A, desde o vindeiro sábado, día 17, futura alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, amosa a súa satisfacción polo acordo acadado co PSOE: «Estamos en sintonía nos proxectos. Para concretalos, hai que agardar a entrar no Concello e coñecer a súa situación real».

La Voz de Galicia

Anxo Arca, alcalde «in pectore» de Padrón: “O goberno de progreso será estable, serio e con gran capacidade de traballo”

O PSdeG consegue gañar por primeira vez no concello de Padrón

  • Anxo Rei Arca será o próximo alcalde de Padrón

Anxo Arca será o próximo alcalde de Padrón

Que lectura fai dos resultados do 28M e como valora o envorco dado no Concello de Padrón?

É cedo para realizar unha análise precisa dos resultados do pasado 28-M en Padrón. Necesitaremos coller un pouco máis de perspectiva para ser certeiros na valoración que fagamos. Non obstante, semella evidente que existen polo menos dous motivos básicos que explican este cambio tan significativo: por unha parte, o deterioro da imaxe do goberno municipal liderado por Antonio Fernández e, por outra, a composición da candidatura, a proposta programática e o grande esforzo que realizamos dende o PSdeG-PSOE para acadar esta oportunidade. Fomos quen de ofrecerlle á nosa veciñanza unha alternativa de goberno formal, capacitada e ilusionante, e isto tivo como resultado a primeira vitoria socialista nunhas eleccións municipais en Padrón. Todo o meu equipo está moi contento por ter acadado esta oportunidade. E eu tamén o estou, e sinto o enorme peso da responsabilidade que vai supoñer liderar este cambio tan necesario e esperado en Padrón.

Esperaba este apoio por parte dos padroneses?

Esperaba ter a oportunidade de gobernar, si. Os datos dos que dispoñíamos adiantaban un resultado semellante no que a número de representantes se refire. Pero é certo que viamos moi difícil ser a forza máis votada. Por tanto, acadamos o obxectivo principal, que era ter a oportunidade de gobernar e ademais acadamos tamén ese logro histórico que supón gañar por primeira vez as eleccións no noso municipio. Estou enormemente agradecido a toda a cidadanía padronesa por toda esta confianza depositada en min e no conxunto da candidatura.

Prefire gobernar con maioría simple e chegar a acordos puntuais co BNG ou, pola contra, ofreceralle á concelleira nacionalista un posto no seu goberno para garantir unha lexislatura tranquila?

En primeiro lugar debemos escoitar cales son as aspiracións de cada forza. Como xa manifestei noutras ocasións, en política a opción preferida é gobernar en solitario, pero en todo caso o próximo goberno de progreso de Padrón será froito da clara vontade de cambio manifestada pola maioría de padronesas e padroneses o pasado domingo. Será un goberno estable, serio e con gran capacidade de traballo.PUBLICIDAD

Iniciou xa as negociaciones cos nacionalistas?

Conversei en dúas ocasións coa candidata do BNG, Beatriz Rei. Acordamos darnos esta semana de marxe para pechar as cuestións pendentes da campaña electoral e tamén para procesar os resultados, determinar os equipos negociadores e reflexionar respecto do propio proceso de negociación. A próxima semana manteremos a nosa primeira reunión. Debo dicir que por ambas partes existe unha boa vontade por acadar un acordo de calidade para comezar canto antes a mellorar a situación do noso pobo.

Cales son os principais proxectos nos que centrará a xestión do seu goberno unha vez que sexa elexido alcalde?

O novo goberno de progreso de Padrón botará a andar centrado en garantir, en primeiro lugar, as necesidades máis básicas: establecendo sistemas de traballo que permitan aos distintos departamentos municipais un funcionamento eficiente; garantindo os niveis de mantemento de todas as instalacións, infraestruturas municipais e espazos públicos (limpeza viaria, desbroces, adecentamento de zonas verdes, etc.) e avanzando canto antes cara a consecución dunha infraestrutura fundamental para o noso municipio como o é a residencia para a terceira idade. Paralelamente traballaremos para acadar o cumprimento das nosas propostas programáticas a curto, medio e longo prazo.

Foi dos poucos candidatos socialistas que lle deu o pasado domingo unha alegría ao seu partido. Seguirá traballando cara os comicios xerais do 23-J ou vaise centrar únicamente na xestión municipal?

Non son cuestión incompatibles. Afortunadamente, creo que son unha persoa bastante organizada e intento repartir con eficiencia o meu tempo e o meu traballo. Teño un compromiso primario co meu municipio e farei todo o posible, xunto co equipo que me acompaña, por estar á altura das expectativas depositadas en nós. E tamén teño un deber como socialista e como cidadán deste país que pasa por facer todo canto estea na miña man por acadar unha España máis xusta, máis igualitaria, máis feminista, cunha ampla protección social, defendendo o público, a convivencia e a diversidade fronte a aqueles que se moven polo seu propio interese dende plantexamentos baseados no odio e rancor que nada bo poden aportar a unha sociedade san.

El Correo Gallego

Piden un pacto entre PSdeG y BNG en Padrón contra los eventos taurinos para el próximo mandato.

‘Galicia, Mellor Sen Touradas’ señala que el pasado año se saldó con una sanción por el acceso de personas menores de 12 años al reciento

Imagen de la Pascua de Padrón de este año

La plataforma ‘Galicia, Mellor Sen Touradas‘ ha planteado este martes la adopción de un acuerdo de investidura o de un programa común de gobierno entre PSdeG y BNG para suprimir cualquier evento taurino en el municipio de Padrón durante la vigencia del próximo mandato.

Los partidarios de la abolición de actos taurinos, que dicen haber seguido «con interés» el escrutinio de las elecciones municipales del pasado domingo en aquellas localidades que durante los últimos años han albergado festejos taurinos, entre ellos Padrón, indican en un comunicado que en el caso de esta localidad coruñesa «el cambio de tendencia es evidente: existe una mayoría en la suma de socialistas y nacionalistas para desbancar al Partido Popular».La Xunta abre diligencias por el acceso de menores a un espectáculo taurino en PadrónSuso Souto

‘Galicia, Mellor Sen Touradas’ señala que durante 2022 y 2023 el Ayuntamiento de Padrón «fomentó capeas con un pésimo resultado de aforo y denuncias administrativas».

Así, añade que esa actividades el pasado año se saldaron con una sanción por el acceso de personas menores de 12 años al reciento de esos festejos taurinos, «lo que constituye una infracción de carácter grave a la Ley de Espectáculos Públicos de Galicia», advierten; e indican que este año la plataforma ha presentado idéntico escrito.

Por ello, demanda que «las fuerzas políticas progresistas se pongan de acuerdo para garantizar que no se dedique ni un céntimo y cero centímetros de espacios públicos al maltrato animal camuflado como espectáculo».

El Correo Gallego