Presentouse unha única lista na asemblea celebrada esta tarde no Restaurante Casa Gómez formada por Ana María Barreiro Grela (presidenta de honra), ?scar Gerpe Rodríguez (secretario xeral), Alberto Solla Barreiro (secretario de política municipal), Roque Araújo (secretario de organización), Pilar Villanustre (secretaria de medio ambiente), J. Rey (secretario de administración) e Paula Barreiro (secretaria de igualdade).
Na votación realizada os integrantes da listas foron elixidos por 28 votos a favor, 1 en branco e 5 abstencións.
O secretario xeral reelixido solicitou a unidade e o traballo en común da militancia, para acadar os mellores resultados en Pontecesures.
Daniel Chenlo Padín foi elixido para representar á agrupación no Comité Nacional do partido, quedando coma suplente, Jesús García Lapido.
Política