O Concello de Pontecesures convoca un posto de conserxe subvencionado para xente nova

O Concello de Pontecesures recibiu da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención para contratar durante 9 meses a unha persoa moza para cubrir un posto de conserxe.
Quen queira participar no proceso selectivo debe cumprir estes requisitos:
- Ten entre 18 e 29 anos
- Estar en desemprego e inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Solicitar a inscrición no Servizo Galego de Colocación, na oficina de emprego, no código da ocupación ofertada (conserxe): CNO 94311020
Nos próximos días, a oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa remitirá ao concello os CVs dos aspirantes, cos que se realizará posteriormente un proceso selectivo para contratar a unha persoa polos 9 meses subvencionados.
As bases que rexen o proceso selectivo están dispoñibles na web do Concello de Pontecesures.
Fonte: Concello de Pontecesures
0 comentarios