O Concello de Pontecesures convoca un posto de conserxe subvencionado para xente nova

Anuncio da convocatoria para cubrir un posto de conserxe no Concello de Pontecesures

O Concello de Pontecesures recibiu da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención para contratar durante 9 meses a unha persoa moza para cubrir un posto de conserxe.

Quen queira participar no proceso selectivo debe cumprir estes requisitos:

  • Ten entre 18 e 29 anos
  • Estar en desemprego e inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Solicitar a inscrición no Servizo Galego de Colocación, na oficina de emprego, no código da ocupación ofertada (conserxe): CNO 94311020

Nos próximos días, a oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa remitirá ao concello os CVs dos aspirantes, cos que se realizará posteriormente un proceso selectivo para contratar a unha persoa polos 9 meses subvencionados.

As bases que rexen o proceso selectivo están dispoñibles na web do Concello de Pontecesures.

Fonte: Concello de Pontecesures