O sábado día 17 tivo lugar unha xuntanza dos membros que van integrar a candidatura do PSdeG-PSOE de Pontecesures para fixar os postos concretos na lista e para tratar varios temas relativos ás eleccións locais do 27 de maio.
A candidatura que se vai presentar ao partido para a súa aprobación pola Comisión de Listas é a seguinte:
1. Luis Angel Sabariz Rolán
2. Alfonso Diz Villar
3. Concepción Gómez Figueira
4. Raquel Lafuente Lafuente
5. Mª Teresa Gil García
6. Mª José Cajaraville González
7. Antonio Lorenzo Miguez
8. Mónica Calvo Moreno
9. Angel Manuel Fernández Lafuente
10. Lidia Andrade Domínguez
11. Marina Buceta Balado
Suplente 1º José Manuel Crego Carrillo
Suplente 2º Rosana González Penedo
Suplente 3º Manuela Senín Iglesias
Suplente 4º Rosa Iglesias Campos
Suplente 5º José Alfonso Iglesias Puente.
Quérese salientar a gran presenza de mulleres nesta ampla lista (10 de 16). Isto é moi importante para incorporar a cada vez máis mulleres de Pontecesures á vida pública municipal.
Este candidato quere agradecer aos integrantes da candidatura o seu interese por este proxecto que vai presentar o PSdeG-PSOE e quere comunicar á cidadanía de Pontecesures que o noso grupo vai traballar con ilusión e seriedade para defender á nosa vila e aos seus veciños.
A presentación oficial da lista será realizada nos vindeiros días.
Pontecesures, 19 de marzo de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Candidato á alcaldía