Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Resultados electorais en Pontecesures por mesas.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Mesa A do CPI Pontecesures: Electores 914, Votantes 723
BNG 266; IP 69; PSOE 119; PP 248 Nulos 8; Brancos 13

Mesa B do CPI Pontecesures: Electores 923, Votantes 745
BNG 289; IP 68; PSOE 149; PP 220 Nulos 10; Brancos 9

Mesa U do Club Xuvenil: Electores 934, Votantes 605
BNG 283; IP 68; PSOE 98; PP 148 Nulos 5; Brancos 3

Nesta última mesa se computaron os electores do Censo de Residentes no Estranxeiro (CERA) que son 212 e dos que votaron moi poucos. Deste xeito a abstención aparece como moitísimo maior.

Máis sobre isto

17 comentarios

  1. O Rei

    A estos do estranxeiro parece que non lles importa o pobo ;-)!! Eu non puiden votar por motivos excesivamente longos para relatar eiquí, pero a administración e o sistema de funcionariado “español” en xeral, vexo que seguen cumprindo cos obxectivos e traballando do mesmo xeito.

    Responder
  2. nos biosbardos

    dirixindomo “o rei” : votar é un dereito ,noné unha obligación.Aparte, os que están no estranxeiro “non se enteran da pataca” do que pasa en cesures, e tampouco se trata de votar por votar.O voto é o resultado dunha reflexión política.Para votar mal mellor non facelo.
    un saudo

    Responder
  3. O Rei

    Dacordo, “nos biosbardos”, que non é unha obriga, pero no meu caso por exemplo, grazas en parte a esta páxina e por outra a que falo cáseque tódolos días ca miña xente de Cesures, estou “enterado” da vida do pobo e tiña moitas gañas de votar (é a primeira vez, ademáis, dende que podo facelo, hai xa 12 anos, que non o fago). Polo tanto me sentín bastante anoxado cando a documentación para votar me chegou case sen marxe de manobra e non puiden votar. Seguro que hai de todo entre os que vivimos fora, pero deberíanse de facilitar as cousas e non, por exemplo, manda-la documentación a última hora e arrastro, co que a miña muller e eu quedamos sen poder votar. Se a documentación chegase con tempo suficiente, polo menos PODERIAMOS, e unha vez podendo a xente decidirá se quere ou non. O que non debe ser é que se dificulte a cousa dende o principio.
    Unha aperta

    Responder
  4. nos biosbardos

    Estou dacordo contigo no teu caso,pero hai moita xente que non ten acceso a internet , sobretodo ,xente maior.Ademáis hai tamén moitas persoas que residen en arxentina e noutros paises de lalinoamerica que fai 40 anos que non veñen por aquí as que hai que sumar os seus descendentes,persoas que solo saben onde queda galicia polo mapa.A polémica sobre se deben votar ou non os fillos e netos de emigrantes xa é un tema de máior escala.
    Un saudo para “o rei”.

    Responder
  5. Paspallas

    Angueira 5, necesita de Maribel.
    Maribel 1, non necesita de Angueira.
    Randulfe 3, levou un gran batacazo.
    Sabariz 2, aupou o PSOE onde nunca habia estado a pesar dos históricos en contra.
    De todolos xeitos felicidades a todos polo apoio que recibistes do pobo, a xente pon a cada un no seu sitio, solo e cuestion de interpretación.

    Responder
  6. Idomeneo

    Paspallas, está ben que te involucres e defendas a unha persoa (ou grupo político), pero deberías manter unha certa obxectividade; gústeche ou non, o vencedor destas eleccións é Angueira.

    5 concellales, lista máis votada, ascenso continuado dende fai tres lexislaturas; e todo isto pese a merda que lle botaron enriba (e que,por certo, aínda ninguén demostrou que algunha das acusacións foran certas).

    O pobo esta espectante ante a tesitura na que se atopa o teu amigo; ¡a ver que pasa agora!

    Responder
  7. Paspallas

    Sempre fun do PSOE, xa me ven de familia e sei as encrucilladas da política. Non por sacar mais votos eres o mellor, pola contra sempre ocurre o contrario
    ( en xeral estou falando, pois hai coma en todo excepcions). Perdoade que me involucre, eu non defendo a ninguén simplemente digo o que me ven a cabeza no momento, que me aproximo mais a certos persoaxes, valoradeo vos e sacade conclusions.

    Responder
  8. LULU

    Paspallas, si eres del PSOE haz lo que tienes que hacer… PACTAR. y tu puedes, también eres ganador… Demuestra que con menos votos eres el mejor.

    Responder
  9. Paspallas

    LULU, non te enteras, son do PSOE pero non gañador porque no me presentei a nada, nin carnet teño, pero son mais socialista que os que se jactan de selo.

    Responder
  10. LULU

    No está nada mal, Paspallas, coincidimos en algo vital

    Responder
  11. LULU

    Paspallas, te recuerdo que antes de decir que eres del PSOE de toda la vida, dijiste que habías ido en la lista con Angueira y que habías estado en el BNG. Tu vida ha dado para mucho…

    Responder
  12. pontencesures

    Estou seguro de q cos seus resultados o señor Randulfe como e optimista ve a botella medio chea ( si, vai con mala intencion…) Non desesperes q si maribel pide a alcaldia ti podes pedir o ceo. Angueira a ver como resolves esto… a hora dos valentes.

    Responder
  13. Paspallas

    Atento Angueira quke che vai a alcaldía o carallo, tes qaue mandar a Baliñas a pactar con Randulfe, con algún copazo pode haber moitas coincidencias e encontros, as alcaldías sempre se pactan de noite, o quer pasa e que noites alegres, mañás tristes,…

    Responder
  14. lupita

    Paspallas, ¿y si fueras tu a pactar con Angueira?. Sería mas productiva esta reunión que la que tú propones…. ¿no te parece?

    Responder
  15. Paspallas

    Non me levo con él, esta labor do mediación dixeron no Pontellón que lle corresponde o Parracho ou o pinto de Herbón, tamén Etelvina convence…Jo..Jo…Jo

    Responder
  16. lupita

    Tu solito te pones en evidencia. Tu y personajes como tú habeis logrado los resultados de Angueira, simpático.

    Responder
  17. Paspallas

    Desexades un pacto Angueira-Psoe, pero non hai mediador, quén pode ser bó? Isabel a de Chaves e Maite Tocino que fora de Sabariz, o interese e grande porque as dúas non poden ver a Maribel “a da escola”. Haber si as manda Angueira para falar………

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.