Mañá mércores ás 20,30 horas terá lugar no salón de sesións o pleno ordinario de decembro coa seguinte Orde do Día:
1º-Actas anteriores.
2º-Moción da ACP propoñendo que se constitúa unha comisión de sequemento do obradoiro de emprego.
3º-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
4º-Informes da Presidencia.
5º-Rogos e preguntas.
Como vedes só hai unha proposta para adoptar acordos que é a da ACP. Esta moción foi dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa de Asuntos Xerais en sesión que tivo lugar na mañá do venres 22 de decembro. A comisión estivo composta por 5 membros da corporación e houbo tres votos a favor de PP (2) e PSOE (1) e dúas abstencións do BNG.
Prégase aos veciños que asistan ao pleno para teren información de primeira man do que ocorre no concello. O alcalde debe contestar a numerosas preguntas que deixou pendentes en plenos anteriores e formularánse outras novas sobre diversos temas.