Hoxe xoves 29 de agosto o programa PALCO DE ESTRELAS de RADIO VALGA lembrará a «Borobó» no 10 aniversario do seu pasamento.

O programa festeiro, e de todo un pouco,que dirixe e presenta Daniel Seijas Llerena fara este xoves ( o programa comeza as 19 horas ata a madrugada) unha especie de homenaxe ó ilustre xornalista cesureño Raimundo García Domínguez «Borobó» co gallo do 10 aniversario do seu pasamento. «Borobó» persoa boa e xenerosa, queria tanto esta comarca do Ullán, comprometida e que viviu unha época complicada, na que para publicar certas cousas habia que escribilas entreliñas para poder pasar a censura, ben merece que se lle adique parte de «Palco de Estrelas».Soaran audios ineditos e exclusivos.
A emisora pode escoitarse tamén en internet :
– http://www.raddios.com/4322-radio-valga.

– www.radiovalga.net.

E tamén no móbil baixando a aplicación excluiva radio valga en google play.

HOXE XOVES 4 DE XULLO, PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA CO NOVO HORARIO DE VERÁN REGRESARÁ O ANO 1925.

Hoxe xoves o programa festeiro «Palco de Estrelas», que presenta en Radio Valga 107.9 FM Daniel Seijas Llerena, ademais dos contidos habituais (concursos,chamadas en directo,axenda festeira, musica de orquestras,bandas populares, caribeña e brasileira…), fará unha «superproducción» sobre a historia das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures (1925,1926,1950 e 1954), sendo a primeira que houbo das súas caracteristicas en España.
Ademais a partires de agora, e durante os meses de xullo e agosto, tódolos xoves o programa adianta a súa hora emisión ás 19 horas, ou sexa no horario que sempre tivo ata setembro do ano pasado.
Recorden que agora radio Valga pode escoitarse por internet :

– http://www.raddios.com/4322-radio-valga,
ou na propia web : www.radiovalga.net
Tamén disponse dunha aplicación gratuita propia para escoitar nos teléfonos móbiles, en google play buscando a palabra radio valga.

Hoxe xoves 6 de xuño estará en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM, ANTONIO FERRO para falar da VII edición de FEGACLASIC.

Co gallo da celebración nesta vindeira fin de semana de FEGACLASIC en Pontecesures, o programa dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, Palco de Estrelas prestará atención a este importante evento ó entrevistar en directo a Antonio Ferro «Ferriño», presidente da asociación cultural «Mirandolle os Dentes» como un dos organizadores desta feira. Ademais das novidades musicais das orquestras galegas, axenda festeira, concursos e moito máis..en Palco de Estrelas haberá unha «superproducción» sobre o DESEMBARCO DE NORMANDIA, ó celebrase hoxe o seu 69 aniversario.
O programa comezará as 20 horas e rematará case a hora que cante o galo.
Podese escoitar tamén a través de internet a través das seguintes ligazóns :
http://www.raddios.com/4322-RADIO%20VALGA%20-%20FM%20107.9%20-%20Valga
www.radiovalga.net
E ademais agora poderás descargar unha nova app exclusiva para escoitar a radio no telefono móbil, buscando e descargando a aplicación de Radio Valga no App Store ou no google play.
Para android : https://play.google.com/store/apps/details?id=com.evelb.radiovalga&feature=more_from_developer
Para Iphone : http://appshopper.com/music/radio-valga
E tamén podese descargar a antiga app en : http://radiovalga.net/mobile_page/

A emisora RADIO VALGA 107.9 FM, estrea unha nova WEB para que se poida escoitar a emisora en todo o Mundo.

A emisora Radio Valga 107.9 FM informa que agora dispón dun novo enderezo web, para que tódolos veciños da comarca do Ullán, Caldas,Sar e A Mahia, que se atopen en calqueira parte do Mundo e queiran seguir o acontecer diario destas comarcas, poden facelo escoitando online a emisora a través do portal www.radiovalga.net ou tamén na plataforma internacional Raddios.com na ligazón http://www.raddios.com/4322-RADIO%20VALGA%20-%20FM%20107.9%20-%20Valga
Pouco a pouco haberá máis novidades.

RADIO VALGA 107.9 «INTERNACIONALIZASE MÁIS» COA EMISI?N ONLINE, E PALCO DE ESTRELAS ATRASA A PARTIRES AGORA A S?A HORA DE EMISI?N.

A emisora municipal Radio Valga 107.9, que dirixe Hector Bérmudez,dende o 31 de agosto comezou en probas a súa emisión en directo a través do seu novo portal web www.radiovalga.es . Polo tanto agora tódolos veciños das comarcas do Ullán, Caldas e A Mahía, que se encontren espallados polo Mundo adiante poderan ,simbolicamente, estar un pouco máis preto da súa terriña e enterarse das novas e do acontecer diario destas comarcas. Ademais disto nos vindeiros días Radio Valga 107.9 FM comezará as probas para poder mellorar e extender a súa cobertura a través da ondas.
Por outra banda, o programa decano das orquestras de Galicia «Palco de Estrelas», dirixido e presentado por Daniel Seijas, pasara agora a comezar as 20 horas, en vez das habituais 19 horas , mantendose a súa emisión coma sempre os xoves (salvo que sexa festivo, que se adianta á véspera) ata a madrugada.