Nova polémica no fútbol base pola insultante celebración do Ulla Pontecesures xuvenil tras vencer 2-1 ao Rois.

Segundo consta na acta do partido, ao remate do encontro os xogadores do Ulla Pontecesures cantaron en repetidas ocasións desde o vestiario «se tes un fillo subnormal, se tes un fillo subnormal, non o dubides máis, faino no Rois xogar».

Unha nova polémica volve salpicar ao deporte base debido aos desafortunados e insultantes cánticos que os xogadores do Ulla Pontecesures, equipo que milita na Segunda Autonómica Xuvenil (Grupo 6º de Santiago), proferiron na tarde do sábado desde o seu vestiario tras vencer por 2-1 ao equipo veciño do C.D. Rois.

Segundo consta no acta do partido, que arbitrou o colexiado Arturo Díaz Álvarez, ??unha vez rematado o encontro e cando o plantel [do Ulla Pontecesures] se atopaba ao completo no vestiario comezaron a cantar a viva voz: se tes un fillo subnormal, se tes un fillo subnormal, non o dubides máis, faino no Rois xogar en repetidas ocasións?.

Parte da acta do partido divulgada a través das redes sociais para denunciar publicamente a insultante celebración dos xuvenís do Ulla Pontecesures.

Estes cánticos incendiaron hoxe as redes sociais na Comarca do Sar, onde algúns usuarios cargaban con dureza contra o Ulla Pontecesures e solicitaban algún tipo de castigo exemplarizante para evitar que actitudes de desprezo semellantes volvan repetirse:

??Triste que un club tan serio permita estas accións de menosprezo?.
O mais penoso de todo esto e que o entrenador estuvese con eles no vestuario e o permitise. Con eso xa o di todo. Eu estou moi orgullosa de que o meu fillo xogue no rois.
??Se o adestrador ou o delegado estaban no vestiario nese momento, son tan culpables como os xogadores, que non son alevíns nin biberóns. Xa teñen unha idade?.
??O máis penoso de todo esto é que o adestrador estivese con eles no vestiario e o permitise. Con eso xa o di todo. Eu estou moi orgullosa de que o meu fillo xogue no Rois?, aseguraba outra nai nas redes sociais.
??Unha pena. Un partido moi ameno, calquera dous dous puido gañar. Estivo a cousa igualada ata o final. O colexiado, chapó, e o publico nas gradas, de maravilla, tanto por un lado como polo outro. Unha mágoa que os xogadores do Ulla sintan ese desprezo polos de Rois, cando moitos se coñecen. Amigos así, mellor lonxe. En Rois estamos orgullosos dos nosos nenos. Non somos un equipo, somos unha familia?, afirmaba unha nai dun xogador do C.D. Rois.

Galicia Centro

Sólo tres camiones recogen la basura en nueve concellos, entre ellos Pontecesures.

La basura se volvió a acumular en las calles de Serra do Barbanza por averías en los vehículos // FCC advierte que habrá nuevas incidencias durante todo el año mientras la mancomunidad no proceda a renovar la flota.

Nuevas averías en los camiones han vuelto a causar desde el fin de semana retrasos e incidencias en la recogida de basuras de los nueve concellos a los que presta servicio la Mancomunidade Serra do Barbanza. La empresa concesionaria, FCC, advirtió ayer que si la entidad supramunicipal no cumple con urgencia su obligación de renovar la flota de vehículos, habrá nuevas incidencias durante todo este año 2018 en la recogida de residuos en esta área geográfica. FCC considera que los camiones disponibles no dan mucho más de sí y recuerda que está pendiente la renovación de la práctica totalidad de la flota desde el año 2013.

La empresa aseguró que de los 10 vehículos disponibles sólo 3 se encuentran operativos para prestar el servicio en los nueve concellos: Carnota, Muros, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames y Pontecesures. No obstante, reconoció que poco a poco se van arreglando las averías, por lo que espera que en los próximos días se recupere la normalidad en el servicio.

La empresa señaló que la situación es responsabilidad en exclusiva de la mancomunidad, que, según explicó, es la titular de los vehículos y del resto de medios necesarios para la prestación del servicio de recogida de basura.

El Correo Gallego

Augas de Galicia insta aos concellos que se abastecen dos ríos Ulla e Tambre a establecer medidas que fomenten o aforro no consumo.

O Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, instou esta mañá aos concellos que se abastecen dos ríos Ulla e Tambre a establecer medidas que permitan acadar porcentaxes de aforro nos seus consumos. O director de Augas de Galicia presidiu esta mañá a primeira reunión de coordinación tras a declaración de alerta por seca nos sistemas 5 e 6, da Zona Centro -ao final da nota indícanse os concellos convocados-, para trasladarlles a situación concreta dos recursos hídricos e solicitar información sobre os usos e consumos de cada un dos concello, co fin de identificar e coordinar medidas necesarias para responder a posibles incidencias derivadas desta situación.

Recordou que o Plan da Seca, aprobado en 2013, é a folla de ruta que se está a seguir para paliar os efectos desta situación e sinalou que as recomendacións trasladadas en maio, sobre o fomento do consumo responsable, deben concretarse agora e deben avanzar no obxectivo de garantir o subministro actual. Rodríguez Martínez indicou que se ben é certo que moitos concellos xa adoptaron parte das medidas, é preciso que todos os municipios realicen o esforzo para sumar no obxectivo de reducir os consumos non prioritarios e aumentar os días de garantía dos recursos actuais. Tamén aclarou que existen medidas que son comúns a todos, como evitar o baldeo de rúas, o rego de xardíns…, e outras que serán obxecto de valoración, como as específicas, fixadas en función do consumo dos distintos usos non prioritarios de cada concello.

O director de Augas de Galicia aclarou que os concellos dos sistemas do Centro non presentan problemas de abastecemento, pero a realidade é que se padece unha seca hidrolóxica, isto quere dicir que os ríos destes sistemas levan menos caudal do que deberían levar nesta época -un 80%-. Neste sentido, indicou que é necesario traballar para estar preparados por se as predicións a longo prazo non se cumpren e ,ao igual que pasou co mes de outubro, caracterizado por precipitacións e que o de 2017 acabou sendo o cuarto máis seco da serie histórica- nos vindeiros meses non se rexistra a choiva suficiente que precisan os ríos.

Mantense a alerta

O director de Augas de Galicia salientou que se mantén a situación de alerta e afirmou que ??hai que ter en conta a que a esta situación se chega despois de rexistrar cinco estacións moi secas?; polo tanto ??cómpre ser prudentes e sería un erro pensar que polo paso dunha borrasca a situación mudou?.

Rodríguez Martínez salientou que será a Oficina Técnica da Seca, na súa reunión do vindeiro luns, a que analizará a situación con toda a información relativa ás últimas xornadas (estado dos encoros e comportamento da rede de aforos) e ás previsións máis inmediatas, para determinar as novas medidas e pasos necesarios; xa que se ben é certo que estas choivas tan intensas, a nivel de almacenamento de auga nos encoros, si que teñen unha repercusión inmediata, o importante é analizar como incide na recarga dos acuíferos e dos ríos, para que se recupere o sistema pouco a pouco.

Indicou que a Xunta mantén a situación de alerta por seca ata que se comprobe a consolidación da suba dos caudais base dos ríos da Conca Hidrográfica Galicia-Costa, é dicir, ata que se acaden valores de normalidade propios desta época do ano. Explicou que os ríos galegos son o que se denominan ??pouco inerciais?, é dicir responden moi rapidamente a un pico de choiva, pero aos poucos días baixan; polo que hai que esperar a que se estabilicen para ver canto ascendeu o caudal medio dos ríos e canto ten mellorado a recarga do sistema. Precisou que mudar a seca hidrolóxica que padece toda a Comunidade requirirá de máis tempo, máis recarga e de manter o consumo responsable.

Sistema 5: concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Rois, Ames, Santiago, O Pino, Touro, Arzúa, Melide, Toques, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Rodeiro, Dozón, Lalín, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga, Catoira, Padrón, Teo, Vedra, Boqueixón, Viladecruces, Santiso e A Golada.

Sistema 6: concellos de Muros, Outes, Negreira, A Baña, Val do Dubra, Tordoia, Trazo, Cerceda, Ordes, Oroso, Frades, Mesía, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Noia, Lousame, Ames, Brión, Porto do Son e Santiago de Compostela.

Página oficial de Augas de Galicia

El director de Augas reunió los datos de 33 municipios de la comarca que bañan el Tambre y Ulla.

El lunes se decidirá si, según caudales y pronóstico, sigue la alerta

El director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, pide que los municipios que se abastecen de los ríos Ulla y Tambre establezcan medidas para aumentar el porcentaje de ahorro en sus consumos de traída, tras la primera reunión de coordinación por la alerta por sequía en los sistemas 5 y 6, de la Zona Centro (52 concellos, de los cuales 33 son de Área). Por lo de pronto, Rodríguez confirmó que la situación de sequía sigue ??los caudales deberían rondar el 80%??, y no será hasta el lunes cuando la Oficina Técnica da Seca determine nuevas medidas en función de las lluvias que propició la tormenta Ana y el pronóstico para próximas jornadas.

Así, los municipios aludidos de la comarca son Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Rois, Ames, O Pino, Touro, Arzúa, Melide, Lalín, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Padrón, Teo, Vedra y Boqueixón (sistema 5), así como Muros, Outes, Negreira, A Baña, Val do Dubra, Tordoia, Trazo, Ordes, Oroso, Frades, Noia, Lousame, Ames, Brión y Porto do Son (6). Los responsables de Augas les trasladaron la situación concreta de los recursos hídricos y solicitaron información sobre los usos y consumos de cada ayuntamiento, con el fin de identificar y coordinar medidas necesarias para responder la posibles incidentes derivados de esta situación.

El Correo Gallego

El objetivo de Fruqui dispara al Obra.

Saca una media de mil fotos por partido y tiene ya más de 150.000.

Como José Rodríguez Fructuoso pasa más inadvertido, como Fruqui, no tanto. Sus fotos del Obradoiro lo preceden. Una media de mil en cada partido. Más de 150.000 guardadas en tres discos duros. Alguna se le escapa, pero son excepciones las canastas que no tienen su correspondiente instantánea. Ve los partidos a través del objetivo de su cámara, cada encuentro dibuja una fotocrónica, la fórmula que ha escogido para fusionar sus dos pasiones, el baloncesto y la fotografía.

De joven practicó el deporte de la canasta. «Fun xogador tardío -comenta- que empezou con 16 anos no equipo do seu pobo, Pontecesures». Recuerda uno de sus primeros partidos, «no vello pavillón de Sar, fronte aos xuvenís do Obradoiro».

Esa etapa de corto y a pie de pista no tuvo mucho recorrido y no tardó en adentrarse en los cursos de entrenador. «O primeiro fíxeno en Rois, no 89. Estaba subvencionado pola Deputación -apunta- e entre os que o impartían había xente do Obradoiro como Pepe Casal e o preparador físico, José Andrés». Se quedó en el nivel autonómico y reconoce que la titulación superior es una asignatura pendiente que no da por perdida.

De principios de los noventa datan también sus inicios como espectador de un Obradoiro «no que estaban Javier Lorenzo, Tonecho, Chete, que era júnior… Daquela ía sen cámara».

El cambio digital

Y a finales de esa década comenzó con la fotografía. «As primeiras foron co equipo de meu pobo». La revolución digital abrió una nueva etapa: «Un ano antes de que o clube debutase na ACB estreei a primeira cámara reflex dixital». Y cuando el Obradoiro regresó a la élite, Fruqui se abonó con varios amigos. Iba con su objetivo. Mantiene ese asiento y ese carné, aunque ahora vive y retrata los partidos a pie de pista.

Al principio, sin embargo, solo tenía un encuadre, desde su butaca. Y, curiosamente, su estreno en un parqué no fue en el de Sar sino en el de Illunbe, ante el Gipuzkoa Basket. «Ao terminar -rememora- cruceime con Alberto Blanco (entonces director deportivo del Obradoiro), a quen coñecía. Sorprendeuse ao verme alí e ao comentarlle o que fixera. Animoume a que probara en Sar». Dicho y hecho. No pudo escoger mejor debut en casa que el célebre partido ante el Joventut entonces entrenado por Sito Alonso. El Obradoiro se fue más allá de los cien puntos en uno de los días de éxtasis en Sar.

Fue una campaña «de moitas fotos, bastante desastrosas». También fue un curso de reafirmación: «Tiña claro que, aínda na LEB, ía renovar o abono».

Antes de que comenzase esa temporada, en una conversación con Tonecho Lorenzo, leyenda viva del club, surgió la idea de poner en marcha el blog obradoirobasketfoto-fru. «Arranquei coa LEB empezada, un 30 de setembro de 2010, cun chimpo de Deron Washington», precisa.

Ya no hubo marcha atrás. Todo lo contrario. Empezó con 500-600 fotos por partido. Después repartió cada contienda en mitades. Ahora la media está en el entorno de las mil fotos por encuentro y cada cuarto tiene su despiece. Son excepciones los días que no se le ve a pie de pista: «Fallei a dous partidos e outros dous collinos empezados».

En ocasiones, sortea entre los seguidores del blog fotos firmadas por los protagonistas o cosas que le ceden los jugadores o el cuadro técnico. Entre otras, «a mítica xeonlleira de Oriol, un silbato de Moncho, a camiseta de La Onza de Oro coa que Chete celebrou o ascenso en Raxoi, zapatillas de deporte… A complicidade que amosan e moi de agradecer». Desde aquel 10 de octubre de 2010 van allá unos cuantos sorteos, 1.351 entradas publicadas y más de 150.000 fotos.

La Voz de Galicia

«Cando eu empecei na policía patrullábamos a pé e sen arma».

O inspector xefe da Policía Local de Padrón sinala que «é un privilexio» vivir en el municipio.

ç

Patrullar a pé e sen arma. Así era hai 32 anos o servizo da entón policía municipal de Padrón. E ese é o tempo que leva no corpo de seguridade o seu inspector xefe, Francisco Javier Abeijón Brea (Rois, 1958). Máis de 30 anos nos que Abeijón acumulou experiencia e anécdotas, como aquela vez que un veciño lle pediu que fose con el a controlar á muller para que levantara acta dunha posible infidelidade.

-Que destacaría destes anos de traballo na Policía Local?

-Destacaría a convivencia pacífica e tranquila dun pobo coma Padrón, a pesar dos momentos de convulsión social coma as manifestacións e tensións derivadas do peche da Picusa ou do conflito entre os partidarios e os detractores da desviación da N-550. Sen esquecernos das inundacións dos anos 1986 e 1989, que provocaron a desesperación dos veciños. Pero, en todas estas situacións, os padroneses souberon esquecer as tensións e diferenzas para que non afectasen á súa vida cotiá, dando exemplo do que debe ser a convivencia.

-Como era o labor policial cando comezou?

-Era moi diferente en canto a medios e competencias. Cando eu empecei, patrullabamos a pé, incluso polas noites. Non tiñamos armas nin roupa de augas, e a única máquina de escribir tíñaa o xefe no seu despacho. Ao pouco tempo, xa nos dotaron de arma regulamentaria a catro dos axentes e tamén dun coche patrulla. Tanta modernidade espertou incluso a alarma entre algúns concelleiros da oposición, que chegaron a afirmar que non tardarían en aparecer os primeiros mortos. Afortunadamente, non aconteceu nada semellante, senón que a Policía Local foi asumindo as súas funcións de xeito natural e adaptándose aos tempos.

-Ten medios suficientes?

-Imaxino que a calquera mando policial que se lle preguntase diría que os medios son insuficientes. Os materiais non son os máis problemáticos. O máis difícil, en todos os corpos que coñezo, son os medios humanos. Case todos teñen déficit de axentes e o noso caso non é unha excepción. O persoal está tan axustado que, cando todos estamos en activo, é suficiente, pero cando hai baixas ou se dan situacións administrativas ás que teñen dereito os funcionarios, o corpo queda minguado e reséntense as quendas de servizo. Ultimamente sufrimos unha mala época nese sentido, que afecta gravemente á calidade do noso traballo e nos impide estar á altura das circunstancias.

-No concello tamén hai posto da Garda Civil. ¿Como é a relación coa outra forza de seguridade?

-Coa Garda Civil compartimos o mesmo interese, que é o servizo á sociedade, polo que a nosa relación ten que ser a mellor posible. Houbo un tempo en que era excepcional, tanto a nivel profesional coma persoal. Podería dicirse que eramos unha parella de feito. Pero agora convertémonos máis ben nun matrimonio de conveniencia.

-¿Padrón é un lugar tranquilo?

-Si, é moi tranquilo para vivir. Se o comparamos con outras poboacións similares, eu diría que é un privilexio residir aquí.

La Voz de Galicia