MIRIAM GARCIA LESENDE DEBUTA CO EQUIPO DE LIGA FEMININA 2 DO CORTEGADA

0 roupa

A cesureña Miriam Garcia  Lesende debutou estes pasados días atrás co equipo senior da AD Cortegada, o Portomar Cortegada, que milita na 2ª máxima división do baloncesto feminino. Foi o pasado sábado 5 de outubro, nun amistoso en Pontedeume entre o seu equipo e o Universitario de Ferrol. A nosa veciña xa tuvo oportunidade de saltar á cancha e xogar uns minutos.

1 xogandoAqui a podemos ver o día do seu debut.

A crónica completa dese partido está no seguinte enlace:

CRONICA FERROL

Este pasado fin de semana repetiu, e xogou en Vilagarcía uns minutos do partido das maiores contra o potente equipo Balear do Instituto Fertilidade Air Europa.

A crónica deste outro partido está aquí:

CRONICA INSTITUTO FERTILIDADE AIR EUROPA

Hai que recalcar que esta xogadora, que se iniciou na escola e nos equipos de minibasket do CB. Rio Ulla inda é xogadora do equipo xuvenil do seu club, pois conta 17 anos (naceu en 1996). Leva xogando na AD Cortegada 6 anos. Froito do seu traballo e esforzo, chégalle agora esta oportunidade de xogar cas maiores nunha liga que é escaparate cara metas mais grandes.

¡¡¡ Parabens e non deixes de intentalo !!!

BALONCESTO: ESTE FIN DE SEMANA DISPUTANSE OS PRIMEIROS PARTIDOS OFICIAIS DA TEMPORADA 2013-14

ESCUDO OFICIAL

Os primeiros partidos oficiais das ligas da temporada 2013-14 son esta próxima fin de semana.

– O equipo xunior feminino xogará este sábado 12 ás 12 da mañá en Pontecesures diante do Pio XII de Santiago de Compostela.

– O cadete feminino que o fará o domingo 13 xogando a partir das 5 da tarde en Pontevedra contra o Arxil B.

– E o equipo xunior masculino tamén empeza xogando o domingo ás 5 no campo do Dorna de A Illa de Arousa.

– Ademais, o equipo senior xoga este sábado día 12 ás 8 da atrde un partido amistoso contra os vilagarciáns do Sigaltec BBC Liceo, da súa mesma liga, de cara a iniciar a liga de 3ª autonómica que se iniciará a vindeira semana.

Fora destes 4 equipos, temos outros 6 equipos máis esperando para empezar as suas ligas: 1 infantil feminino, 1 infantil masculino, 2 alevíns feminínos, 1 alevín masculino, e os pequenos/as do equipo de categoría benxamín mixto. 10 equipos federados (nunca antes tantos tivéramos namesma temporada), e xa 110 deportistas federados, ou tramitando nestes días as suas licencias. Caras novas en moitos dos equipos para completar planteis, sobre todo nos equipos base. De feito, está aberta a posibilidade de que calquera rapaz/rapaza que queira participar veña a anotarse e o poida facer.

Os horarios definitivos para este inverno, no polideportivo de Pontecesures, son os seguintes:

FOTO HORARIOSMais información,  polas tardes, dentro deste mesmo horario, no polideportivo de Pontecesures.

Finou Rosa Martínez Rey

Aos 84 anos de idade finou esta veciña de Redondo, víúva de José Chenlo Gómez e exconcelleira de Pontecesures. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. O sábado 28 de setembro, ás 11 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.