PRESENTACIÓN DO LIBRO DE DIANA KURICH «FEITAS AO SISEL» EN VALGA

Asociación Cultural Os Penoucos colabora na presentación do libro de Diana Kurich «Feitas ao sisel», que terá lugar este sábado 14 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Cordeiro (Valga).Un poemario que acaba de levar o primeiro premio de poesía erótica das Illas Sisargas en Malpica. Vai ser un espectáculo excepcional con moito arte e diversión! Non é unha presentación calquera, senón todo o contrario… A POESÍA, A MÚSICA E O BAILE únense para formar parte deste espectáculo que non te vai deixar indiferente. Non poderás de deixar de mirar ao escenario.

Diana Kurich naceu na Aldea dos Rebeldes en Campaña,Valga, aínda que actualmente vive na Cidade de Pedra máis coñecida como Santiago de Compostela. Pertence á xeración onde para ser escrava é preciso estudar e así o fixo. Coleccionou títulos no ensino regrado ata atopar o que máis a definía e converteuse en mestra de música.Para financiar tan cara ousadía traballou de taberneira onde coñeceu a maioría da súa rede de afectos actual e da que tanto aprende. As súas publicacións até do de agora reducíronse ao que ela denomina «rexistros efímeros de rúa», só recollidos en formato emocional. Milita activamente en organizacións que comparten a interseccionalidade das loitas e sempre o fan a través da música e na rúa.En segredo colecciona palabras nun tarro de cristal, sementa afectos debaixo dos lastros, baila na punta do pé, toca algún que outro instrumento e sabe (porque así llo ensinaron) dar puntadas sen fío.

21 NOTICIAS

O sábado 8 de xullo remonte do río Ulla.



RUTA DE TRASLACIÓN XACOBEA RUTA MARÍTIMO-FLUVIAL POLO MAR DE AROUSA E O RÍO ULLA.

O sábado día 8 de xullo de 2023 celébrase o tradicional remonte conmemorativo da “TRASLATIO” A Orixe de Todos os Camiños, que deu orixe a todos os demais Camiños de Santiago e que está marcado polo único Vía Crucis marítimo fluvial de o mundo.

A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e o Río Ulla naceu en 1963 e foi declarada ben de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia en 1999. Conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago, tras o seu martirio en Xerusalén.


PROGRAMA DE ACTOS:

17:00 h. Acto institucional ofrecido polo Alcalde de Vilagarcía de Arousa D. Alberto Varela Paz no Auditorio de Vilagarcía.
18:00 h. Saída do porto deportivo de Vilagarcía
19:30 h. Chegada a Padrón. Visita ao “Pedrón” (ata esgotar as prazas do autobús)

Pontecesures celebra este domingo o Desfile Valeiro na honra da patroa: a Virxe do Carme

Este venres actúan Wöyza & The Galician Messengers e o sábado A banda da loba

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures / cedida

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar desde este venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo. A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil … pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas”.

O programa dará comezo este venres coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Poderá gozarse a partir das 21.00 horas na Plazuela. O sábado 1 de xullo, haberá unha actuación na Plazuela ás 12.00 horas, e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, chegará o gran concerto a cargo de A banda da loba.

El Correo Gallego