Doble moral : Os trens de cercanías

Como tódolos sábados, á primeira hora, baixo a tomar un café e a ler a prensa local, hoxe en “El Correo de Andalucía” atopeime cunha doble páxina (20-21) na que fala da futura rede de cercanías que haberá na provincia de Sevilla, que pasará de tres rutas actuais a cinco.

Unha gran foto, cun pe de foto que di: “VISITA: La Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, en la cabina de un Cercanías”.

Mentres que en Galicia, Fomento, plantexa que parte da liña máis antiga de Galicia vai desaparecer, no sur estase a ampliar e estase a vender da seguinte forma:

El Ministerio de Fomento entiende que los trenes de Cercanías son un modo de transporte óptimo en las áreas metropolitanas al contribuir de forma activa al desarrollo en términos de sostenibilidad. Además en Sevilla hay infraestructuras para ello.

Nos temos infraestructuras tamén, pero non hai vontade, e moito menos acercamento, aqui parece que non vai vir a Ministra a facerse unha foto nun Cercanías.

Este proxecto de Fomento, para Sevilla, ten uns orzamentos de 129 millóns de Euros, 103 para infraestructuras e o resto para material rodante.

Segundo RENFE, destras tres liñas actuais con 25 estacións pasarán a ser 39 no 2009, ca ampliación. Como “Nada se crea nin se destrue, só se transforma”, irónicamente non se destruirán as nosas estacións, so se transformarán en novas liñas noutro lugar, onde entenden que fai más falla.

HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA DO BALONCESTO

Este sábado día 20 o Extrugasa Rio Ulla senior vai xogar o seu primeiro partido de liga na casa, diante do Liceo de Vilagarcía. A hora do mesmo é ás 19.45 no polideportivo cesureño.

O Extrugasa intentará resarcirse da derrota da 1ª xornada en Cambados, ante un rival do que hai poucos datos, tan só que é un equipo cunha media de edade moi xoven. Ademais, o equipo cesureño vai contar co problema de ter varias baixas de novo: Pino de viaxe; Felipe e Pedrito lesionados, e Peñaño ausente por “motivos persoais”, polo que só van ser 8 os xogadores dispoñibles. Na vindeira semana deberíamos de recuperar efectivos para empezar a ser mais competitivos. Bo partido para que os novos veteranos den a talla (eh, Pepi), e os xuvenís Juanjo e Victor xoguen minutos e aporten positivamente ó equipo.

Ademais este sábado empezan a disputar partidos amistosos de pretemporada os equipos de categorias inferiores do club. En concreto, ó sábado pola mañá as 10.30 h. o fará o equipo cadete masculino, e  a continuación o equipo alevín mixto de minibasket, sobre as 12.30 h. Ambos partidos van ser contra os integrantes do C. B. Grove, que se desprazan ata Pontecesures, tendo previsto devolverlles a visita na vindeira semana.

 As ligas das categorias inferiores empezan a principios de novembro, e o club Rio Ulla conta con 5 equipos: cadete masculino, infantil masculino, infantil femenino, alevín mixto e benxamín mixto. (Os 2 equipos infantís van xogar no polideportivo de Valga, ó estar formados por nenos e nenas dese concello xunto con nenos cesureños).

Renfe desmantela servizos.

Como usuaria, levo moitos anos aturando a nefasta política de servizos que Renfe presta e considero un grave insulto a publicidade que a empresa fai nos medios de comunicación : véndennos fume. Agora, informada dos novos horarios para a liña Vigo-A Coruña e traxectos menores, quixera expresar a miña indignación ante a evidencia do desmantelamento dos servizos ferroviarios.

(máis…)

Pontecesures solicita máis paradas do tren.

Texto do escrito dirixido no día de onte a Renfe Operadora (A Coruña):

Con data 06/10/07 solicitouse que se corrixiran as deficiencias que observamos no novo horario de trens (fundamentalmente que non se perdera a última viaxe ata Santiago que pasaba por Pontecesures sobre as 23,00 horas de luns a sábados, e que volvese a circular un tren de mañá con dirección a Pontevedra e Vigo os sábados, domingos e festivos a primeira hora da mañá).

(máis…)

Pequeño “pellizco” en la primitiva para personal del “Obradoiro de emprego”.

Las integrantes del módulo de ayuda en el hogar del “Obradoiro de emprego” de Pontecesures (nueve en total: siete alumnas-trabajadoras y dos monitoras) resultaron agraciadas en el sorteo de la lotería primitiva del sábado pasado, día 6 de octubre. Tuvieron cinco aciertos en el boleto y les corresponde un premio de 2.136,93 ? que se repartirán entre las nueve.
Enhorabuena.