Na tarde de hoxe, persoal de Montajes Eléctricos Salnés de Vilagarcía de Arousa, encargada por Portos de Galicia para o mantemento dos portos da zona sur, está a substituir as luminarias afundidas no paseo do peirao de Pontecesures e a activar as luminarias dos báculos altos (dende a curva do Telleiro ata o final do peirao na pista paralela a Nestlé). En canto ás farolas baixiñas quedaran operativas a maior parte pois hai que colocar algunha tulipa destrozada antes e o alumeado alto quedará totalmente operativo.
A ACP quere agradecer ao Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia esta actuación tan urxente que demandaba a veciñanza por razóns de seguridade, e tamén quere lamentar a falla de interese do goberno local para que se resolvan estes temas xa que nin con tres concelleiros en exclusiva se fan este tipo de xestións.
Pontecesures, 11/01/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures