Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Problemas na utilización dos locais municipais en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

NOTA DA ACP DE PONTECESURES

Na tarde de onte estivo máis dunha hora interrompida a actividade no edificio municipal coñecido como o “Club Xuvenil” (clases de pintura) e no edificio da biblioteca municipal de Pontecesures por mor dun apagón de luz. Ámbolos dous edificios se atopan moi próximos pero o cadro eléctrico principal se atopa no segundo deles. O uso das estufas no edificio do do “Club Xuvenil” provocou a interrupción do subministro coas conseguintes queixas dos usuarios.

Prégase ao goberno local que esta deficiencia sexa arranxada con urxencia para non interferir negativamente nas actividades. Pero ademais, dunha vez por todas, debe decidirse extender a calefacción con caldeira de pellets que ten o edificio da biblioteca ata o edificio do club xuvenil. Solucionaríase esta cuestión a habería un aforro importante no recibo eléctrico.

Pontecesures, 05/01/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.