En primero termo, o burro ??Facundo?
Centos de persoas volveron onte a ateigar o entorno do campo da festa de San Roque do Monte en Deiro (Vilanova) para presenciar a máis singular competición de velocidade do municipio: A tradicional carreira de burras que este ano alcanzou a edición 114 e puxo nas liñas de saída das dúas probas unha ducia de monturas.
Na categoría de xinetes masculinos, o animal ??Facundo?, dirixido por Marcos Ferro, volveu revalidar o título de campión ao que accedera merecidamente xa o ano pasado e afianzando unha nova etapa de dominio tras anos coa primera praza monopolizada pola lendaria ??Ferrari?.
Na segunda carreira, coas amazonas, obtivo o ouro ??Felipe?, coas rendas a cargo de Pati.
A carreira dos homes foi moi rápida e disputada, especialmente entre os dous primeiros ??bólidos?. O burro ??Misterio?, con Pablo Muñiz, volveu a estar na disputa polo título, quedando en segundo lugar, a pouca distancia. A terceira praza foi para ??Gitano?, con Alejandro.
Na modalidade femenina, a carreira foi bastante menos lixeira, interrumpida máis veces por algún que outro animal que, como é habitual, negouse en redondo a seguir correndo e precisou do empurre de varias persoas para saír destes ??boxes? improvisados e volver á competición, algo que non fixo máis que espertar o bo humor da multitude.
Tras o burro ??Felipe?, entrou na meta en segundo lugar ??Romina?, con Sheila ás rendas; e logo ??Carmiña?, conducida por Eva Gómez.
Ao final, entrega de premios, con representación institucional do Concello. Os gañadores fixéronse con 100 euros e os segundos e terceiros con 75 e 50 respectivamente. Todas as monturas tiveron o seu saco de penso.
Desde a comisión de festas, composta por uns quince mozos, José Benito López, valoraba con satisfacción o evento, que segue adiante pese a que a crise obriga a traballar ??por tres? para sacar adiante o programa, que lograron manter.
A cita concluía con xogos para os nenos e verbena logo con ??Palladium? e ??Marbella?.
DIARIO DE AROUSA, 03/09/13