Contestación ao BNG de Pontecesures sobre o uso da pick-up de emerxencias.

Critican os nacionalistas cesureños o uso do vehículo municipal para tarefas de obras, e que se lle priva o uso ao servizo de protección civil, engadindo que van dar conta disto á Xunta de Galicia.

Temos que dicir, que nestes días estase a utilizar dito vehículo por persoal municipal para baldear as pistas que van ser pavimentadas con maquinaria da Deputación Provincial que chegou a Pontecesures para botar novos firmes nunha pista variante do Camiño de Regadio de Condide, noutra que une Condide con Carreiras polo Couto, nunha terceira na rúa Cantillo de San Xulián e tamén noutra zona do Souto, en Porto.

O convenio asinado no seu día por eeste concello para a adquisición do vehículo municipal (A Xunta fíxose cargo do 75% do custo, mentres o concello achegou o restante 25%) para nada impide estes usos de baldeo, por suposto dándolle preferencia en caso de coincidencia horario a un sinistro, de producirse.

Naturalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso, e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder.

Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, (non habendo sinistros ou risco de producirse), e en lugar de utilizado, alugar maquinaria prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos.

Hai ben pouco o BNG criticaba precisamente que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido, tampouco lles convence. En fin xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move.

En fin; fuximos de polémicas, pois o verdaderamente importante son dúas cousas:

1. Este goberno local foi o que xestionou a subvención, e conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures.

2. Tamén este goberno xestionou que a Deputación Provincial acometa, coa colaboración de persoal municipal, que se pavimenten pistas que estaban deficientes. Haberá máis seguridade para vehículos e peóns. Se ademais participa, aínda que minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, pois mellor que mellor.

O concelleiro de relacións institucionais
Luis Ángel Sabariz Rolán

O desgoberno municipal non quere un Centro de Día para Pontecesures.

O pasado 22 de novembro apareceu nos medios unha nota do governo municipal, na cal informa da construcción dun albergue para os peregrinos nas antigas vivendas dos mestres na rúa Pousa Antelo. Ao respecto, o BNG quere manifestar o seguinte:

Os terrenos e edificacións da que estamos a falar, foron cedidos ao concello de Cesures na anterior lexislatura cando governaba o BNG tanto no concello coma na Xunta de Galiza. Tras anos de xestións o anterior governo logrou que a Conselleria de Educación traspasase a titularidade dos mesmos para o concello. A intención do BNG era, e segue sendo, a de construir un Centro de Día para os nosos maiores, idea nal cal coicidíamos todos. A nosa desagradable sorpresa ao enterarnos polos medios que o goberno municipal pretende facer un albergue cedendo os terrenos e edificacións ao Xacobeo.

O BNG considera que este emprazamento, ao carón da escola infantil e do colexio, é idoneo para a consrucción dun Centro de Día e non para un albergue. Para nós un albergue non é prioritario hoxe por hoxe en Pontecesures e con iste investimento poderíase empregar para recuperar o camiño de Santiago en zonas totalmente abandonadas coma Condide, o Couto, Carreiras ou Infesta como xa fixo o anterior governo do BNG no tramo de San Xulián.

Ademais consideramos que levar o albergue lonxe do centro urbán, onde se atopa a maior parte da hostelaría, fará que o mesmo teña unha repercusión case nula na economía local.

Este desgoverno local carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo, esquecendo totalmente aos nosos maiores que continuarán indo aos centros de día doutros concellos limítrofes. O BNG pídelle á alcaldesa Maribel Castro e aos seus socios (o tránsfuga Sabariz e o concelleiro do PP Rafael Randulfe) que recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras, primeiro, para disfrute e servizo dos nosos veciños.

Para nós a construcción dun Centro de Día non só beneficiará aos nosos maiores senón que tamén creará, na súa medida, postos de traballo, tan necesarios nestes tempos. O BNG non se opón a construcción dun albergue, pero consideramos que o lugar escollido polo governo municipal non é o axeitado e o investimento no mesmo por parte do Xacobeo (400000 euros) deberíase empregar na súa totalidade na mellora do rural por onde transcurre o camiño Xacobeo Portugués continuando co traballo comenzado en San Xulián.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Falleció Celina Freire Parrado.

A los 79 años de edad, falleció hoy la vecina de la calle Ullán nº 12 Celina Freire Parrado, que estaba casada con Ángel Limeres Gago.
Celina era la madre de la funcionaria del Ayuntamiento de Pontecesures, Cruz Limeres Freire.
El velatorio está instalado en la sala 3 del tanatorio Iria Flavia de Padrón. Desde allí saldrá, mañana martes 19 de noviembre a las 16:30 horas, la comitiva fúnebre para la Iglesia Parroquial de Pontecesures, donde a las 17:00 horas, se celebrará la misa funeral.
Terminada la misa se dará sepultura al cadáver en el cementerio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

El Concello de Pontecesures pide ayuda a la Diputación para asfaltar cuatro pistas de la localidad.

La pasada semana, el Concello de Pontecesures se dirigió a la Diputación de Pontevedra para «solicitar a concesión de axuda coa maquinaria provincial para proceder ao asfaltado de varias pistas».
En concreto, se ha pedido ayuda para «botar unha capa de rodadura á pista que saíndo da rúa do Ensanche vai polo interior do Couto». También se reclamó ayuda para mejorar el camino variante de la pista de O Regadío, también en Condide. «Parte deste camiño do tramo do canal do regadío está actualmente inutilizado». La tercera actuación que quiere desarrollar el Concello es en la calle Cantillo de San Xulián. «Vaise reparar o firme desta pista que conduce a Cortiñas (Padrón) desde o paso a nivel do ferrocarril, que está moi deteriorado». Por último, se quiere actuar en la Praza do Souto de Porto, donde se va a echar una capa de rodadura en una zona de la plaza que tiene el firme muy deteriorado.
Tras trasladar esas peticiones, el gobierno cesureño aguarda que la maquinaria de la Diputación llegue pronto al municipio.

LA VOZ DE GALILCIA, 17/11/09

Asinados os convenios do PEIM e do PIR entre Medio Rural e o Concello e Pontecesures.

O PEIM 2009 asinouse pola alcaldesa de Pontecesures e o conselleiro Samuel Suárez o pasado día 6 de Novembro en Pontevedra. Vanse investir 60.644,97 euros en Pontecesures, afrontado este custo na súa totalidade a Xunta de Galicia. As tres obras incluídas son as seguintes: 1)Saneamento na zona dos Martingos en Carreiras, 2)Rexeneración do entorno ambiental do regato da Chancela en Infesta e 3)Ancheamento nun tramo da rúa Carlos Maside, nas proximidades da praza dos Valeiros de Porto.

Tamén asume o custo de 41.164,44 euros a Xunta de Galicia en base ao Plan de Infraestrutura Rural (PIR) da Conselleria do Medio Rural. O convenio entre o concello e a consellería foi asinado no día de hoxe en Santiago. As dúas obras incluídas son: 1)Rebaixe e pavimentación dunha pista no Outeiro da Toxa e 2)Acondicionamento de praza de subida a Requeixo en San Xulián.

O goberno local quere mostrar a súa satisfacción pola sinatura destes convenios, xa que estas actuacións son moi necesarias para estes lugares de Pontecesures. ? posible que sexan adxudicadas dentro deste ano.

Xa son 163 os inscritos no Concello de Pontecesures para o obradoiro de emprego.

A os 131 que houbo nos tres días da semana pasada, hai que engadir 21 solicitudes de onte, e 11 de hoxe. Lémbrase que mañá, día 11 de novembro, ás 14 horas remata o prazo para entregar a ficha ao ténico de emprego do concello.
Nos vindeiros días a Oficina de Emprego, tras realizar a comprobación dos datos dos inscritos, comezará a citar mediante carta certificada aos preseleccionados.
A primeira proba, escrita, consistirá en cubrir un cuestionario e entregar a documentación que se lle solicite no escrito de citación.
Esta primeira proba será o VENRES 20 DE NOVEMBRO no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián, nº 4, baixo) e haberá tres quendas (ás 9:30 horas, ás 11:00 e ás 12:30).