O luns 24 de novembro, pleno ordinario en Pontecesures.

Será ás 20:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior
2. Inclusión no inventario municipal de bens da parcela onde se atopa o Centro de Saúde de Pontecesures.
3. Convenio entre a Consellería de Sanidade (SERGAS) e o Concello de Pontecesures sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Pontecesures.
4. Moción do BNG de Pontecesures para solicitar á Consellería do Medio Rural de varias obras.
5. Moción do BNG de Pontecesures sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
6. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
7. Informes da presidencia.
8. Rogos e preguntas.

Coma sempre, desexo que veñan moitos veciños ó pleno. Vanse debater temas moi interesantes para todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

Pontecesures debatirá en el Pleno la cesión del centro médico al Servicio Galego de Saúde.

La comisión informativa de Patrimonio que se celebrará este jueves en Pontecesures debatirá, previamente al Pleno del día 24, un convenio entre el Concello y el SERGA para la cesión de propiedad del centro médico de la villa, así como la asunción por parte del organismo autónomo del coste de mantenimiento.
Según informó ayer la administración local, la FEGAMP y la Consellería de Sanidade cerraron el pasado mes de octubre un acuerdo para que el departamento de la Xunta asuma los gastos generados por los centros de salud a partir del próximo 1 de enero.
«O Concello de Pontecesures ten interese en que o custo de mantemento do seu centro de saúde sexa asumido canto antes polo Sergas», explica la propuesta del gobierno local. Así la factura municipal se ahorraría los gastos en combustible, servicio de limpieza, teléfono, electricidad, tareas de mantenimiento, etcétera.
El Concelo ha recibido el modelo de convenio, que consta de 11 cláusulas. La omisión informativa y el pleno ordinario debatirán su firma, así como facultar a la alcaldía par llevar a cabo ese trámite.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/11/08

Lingua galega: Carta de Antonio Domínguez, de Padrón.

Dende que nacín me falaron sempre en galego e eu tamén lles falei aos meus fillos en galego dende que naceron. Resulta cando menos sorprendente que ultimamente se queira impoñer dende un sector do Goberno galego a fala no noso idioma. Sobre todo como cando se te presentas a oposicións da Xunta ou o Sergas vale para as categorías máis baixas o certificado de iniciación do galego, e para outras, como no meu caso, que me presentei ao Ingacal, esíxeme para auxiliar administrativo o Celga 4 ou perfeccionamento. E me excluiron, claro. E simplemente fago unha reflexión. ¿Quen fixo máis polo galego? ¿Eu, que o falei e o falo dende pequeno e llo transmitín aos meus fillos, ou a parte da Xunta que quere impoñelo?.

Carta de Antonio Domínguez (Padrón). LA VOZ DE GALICIA, 16/10/08

Campaña de cartelería do Plan de Prevención de Drogodependencias na nosa comarca.

O Plan de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga, no que colaboran ademais dos concellos, o SERGAS, ven de distribuir nestes municipios uns carteis co seguinte texto:

«Pódencho dicir de 1.000 maneiras distintas pero o certo é que o consumo continuado de alcohol e drogas pódeche xogar unha mala pasada».