Martes, 27 de abril de 2021 ás 10.00 horas na Casa do Concello.
Sin Categoria
BASES PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA CUBRIR OS POSTOS DE ENCARGADO/CAPATAZ DE BRIGADA, PEÓN CONDUTOR DE VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E PEÓN FORESTAL PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS.
Data de publicación destas bases no BOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra): 17/marzo/2021.
Acceso á publicación no BOPO:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/17/2021011072
Polo tanto, a partir desta data e segundo as bases o prazo para presentar solicitudes (ANEXO I, ANEXO II e o resto da documentación) serán 10 días hábiles dende o 18/03/2021 ata o 05/04/2021.
Sin Categoria
APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA EN 30 CATEGORIAS
AVISO: A XUNTA DE GALICIA VEN DE REALIZAR UNHA APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL EN 30 CATEGORIAS PROFESIONAIS ENTRE FUNCIONARIOS INTERINOS E PERSOAL LABORAL, DENDE O PASADO LUNS 1 DE MARZO, E ATE O 30 DE ABRIL DESTE ANO.AS CATEGORIAS LABORAIS, OS REQUISITOS NECESARIOS , E PROCEDEMENTO PARA INSCRIBIRSE PODENSE CONSULTAR NA WEB DA XUNTA DE GALICIA:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
Sin Categoria
COMUNICADO SOBRE A PARALIZACION NAS ACTIVIDADES NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS LOCAIS.
Ante o notable incremento de casos COVID rexistrados nos últimos días no concello e tendo en conta as novas restricións impostas polas autoridades sanitarias na nosa zona, o Concello de Pontecesures, logo de ter coñecemento da intención de suspender temporalmente a actividade que realizan algúns clubs deportivos e asociación culturais, e constatar que otras entidades asociativas locais xa non estaban realizando os seus adestramentos/ensaios/actividades, solicitou no día de onte facer extensivo este cese temporal ao resto de clubs e/ou asociacións deportivas e culturais locais que continúan a desenvolver a súa actividade a fin de minimizar os desprazamentos e de evitar os contactos fóra do estrictamente necesario ao máximo, atopámonos cunha pronta resposta positiva na case totalidade destas entidades locais.
A pesares de ter constancia de que o risco de contaxio é baixo, xa que tanto clubs como asociacións deportivas e culturais están a seguir os protocolos establecidos para a realización das súas actividades de xeito rigoroso, o Concello de Pontecesures considera esta medida moi positiva e aplaude a responsabilidade e compromiso que están a amosar estes colectivos para, entre todos, contribuir a frear a expansión do virus e salvagardar a saúde de toda a veciñanza. Asimesmo, agardamos que o resto do tecido asociativo e deportivo municipal se una á loita.
Sin Categoria
OFERTA DE EMPREGO EN PADRÓN
A empresa de traballo temporal EUROFIRM busca para un contrato de 2 a 4 meses a un TECNICO DE MANTENEMENTO INDUSTRIAL, para traballar en Padrón.
Imprescindible Formación de Grado Medio – Grado Superior en Electromecánica, ou outra rama relacionada co Mantenemento Industrial.
2 años de experiencia.
Horario: de 7 a 15 h.
Link á oferta:
https://secure.eurofirms.es/jobs/oferta/padron/tecnico-de-mantenimiento-industrial/170-001324