Rematou o operativo do Concello e, afortunadamente, non hobo intervención algunha. De todos os xeitos hai que agradecer aos voluntarios de Protección Civil a disposición que tiveron para colaborar con todos.
Ata o de agora o temporal vai pasando por Pontecesures sen novidade.
Arestora, 17:45 h., o temporal está a pasar por Pontecesures sen novidade. Houbo bastante choiva e algúns refachos de vento fortes de cando en vez, pero sen danos ou avisos de emerxencia. Protección Civil segue a percorrer o municipio en tarefas de prevención de riscos.
Preparado o operativo do Concello de Pontecesures para o temporal desta tarde.
O grupo de voluntarios de Protección Civil de Pontecesures xa está operativo cos dous vehículos de emerxencias.
Tamén permanecerá de guardia localizada un retén de obreiros municipais e unha patrulla da Policía Local.
Como medida de precaución, xa foi cortado arestora o paso do Telleiro vaise a víoa férrea, que comunica o peirao coa rua Carlos Maside, ante o risco de asolagamento
Substituídas as luminarias dos semáforos afundidas por mor dos temporais.
Na tarde de hoxe quedaron substituídas estas luminarias cun camión grúa e de xeito urxente, co fin de evitar calquera risco para automobilistas ou peóns.
Maña está previsto colocar as luminarias na rotonda da Praza de Pontevedra que quedaron afundidas nestes días de temporal. Tamén se colocará na farola central, como todos os anos a árbore do Nadal.
O temporal obriga a suspender o magosto do CPI Pontecesures.
Celebrarase así o vindeiro venres día 20 de novembro. Lémbrase que este magosto ten coma fin primordial recadar fondos para excursión de 4º da ESO.
O Concello de Pontecesures recibe unha subvención para sufragar os danos do último temporal.
A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ven de comunicar ao Concello de Pontecesures, logo da solicitude tramitada por esta institución, a concesión dunha subvención de 1.416,17 euros, ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2009 que regulou as axudas por danos provocados polo temporal en infraestruturas eléctricas de titularidade municipal.
Deste xeito, a administración autonómica concede unha subvención pola totalidade dos danos causados na noite do 23 de xaneiro de 2009. Houbo liñas e cadros danados na rúa Ullán, en Carreiras, na rúa Mimosas na pista do Regadio e outras. Incluso un eucalipto derrubou unha liña en Grobas ao caer por mor dos fortísimos ventos daquela noite. As reparacións xa foron realizadas no seu día e agora recibese con satisfacción a nova da concesión da subvención.