Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Ante o perigo de caída, foron talados os abetos que quedaban fronte a gardería municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No día de hoxe, persoal municipal talou estes tres abetos. Realmente é unha mágoa verse na obriga de curtar ás árbores ornamentais. Formaban partes estes abetos bermellos da paisaxe da zona escolar e serán lembrados por todos.

Ã? moi posible que estes abetos fosen danados na súa raíz cando se pavimentou a pista e se fixeron as beirarrúas, ou cando se instalaron diversos servizos soterrados na zona (auga ou saneamento). O certo é que había seis. Un deles curtouse hai uns seis sete anos, cando se comezaba a desprender no chan e abaneaba nunha noite de forte temporal. Outro caiu de cuaxo o día 23 de xaneiro polo forte vento sen causar, afortunadamente, danos persoais ou materiais. O terceiro foi curtado o día 6 de febreiro cando estaba resquebraxado á metade, tamén polos efectos do forte vento, levándonos un gran susto polo perigo xerado.

Ante o risco considerable de caída no futuro (o asfalto sa estaba algo levantado e cuarteado preto dun tronco), tomouse a decisión de talar os tres abetos restantes. Decisión tomada con moita dor, sí, pero non podiamos esperar a que ocorrera calquera desgraza, pois podía desplomarse algunha árbore sobre a escola infantil.

Na semana que ven tamén será talado un sétimo aberto que está situado fronte as antigas vivendas dos mestres. Este está practicamente seco.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.