¿ Quen non perdeu o tren algunha vez? Non tan só as persoas, senón que mesmo algún que outro pobo “perdeu o tren” quedando en “vía morta”, mentres outros avanzaban máis co famoso AVE.
Agora tamén por decisión de Fomento e da señora ministra dona Magdalena Álvarez queren deixar os pobos das comarcas do Sar, Baixo Ulla e parte do Salnés sen o servizo dos trens de proximidades, causando a inquietude lóxica entre a cidadanía de “a pé”.