Logo de dezasete anos xogando e defendendo as cores do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures, Nacho, sen dúbida o mellor pivot que xogou no equipo de Fruki, anunciou a súa retirada definitiva o pasado domingo. Segundo manifestou, deixa o baloncesto por motivos laborais e persoais. Xa lle foi complicado xogar e entrenar con frecuncia a pasada tempada, pero sempre que podía estaba apoiando os seus compañeiros e amigos. Cando Jhon Pino anunciou o seu retorno ao C.B Pontecesures, Nacho, vendo que o posto de pivot quedaba ben cuberto por Pino e Arturo, decidiu «colga-la» camiseta.
Agora, unha vez confirmado por él mesmo a súa retirada, e logo de defender, xogar, e sentar cátedra como xogador e sobre todo, como persoa, se merecería unha sentida e emocionada homenaxe. De momento, e a pesar de que antes de ser oficial, Fruki xa o sabía persoalmente por Nacho, non se sabe nada, nin se escoita nada de homenaxes por parte da xunta directiva do clube, comandada polo eterno Fruki. Esperemos que Fruki esta vez ande rapido e se encomende a facer canto antes unha homenaxe merecidísima a un xogador que xogou en Cesures por non deixar «tirados» os seus amigos de sempre, a pesar de que tiña calidade para xogar nunha liga superior.
Dentro dun mes comeza a pretempada do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures. Esperemos que Rodriguez Fructuoso e a súa directiva preparen algún partido no que Nacho se poida despedir dos seus amigos de equipo e dos seus amigos de grada de sempre. Pero iso xa non depende de nos.
Dende aquí, *Gracias Nacho*.